Autor: Santiago Lopo
Ilustracións: Manuel Vigo
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección Narrativa
Género: Literatura Galega - Narrativa
Premio Xerais de Novela 2017
No século XIII, unha "troupe" de artistas itinerantes procedentes de
Galicia percorre os reinos do Camiño de Santiago. É un momento de cambio
político, cultural e lingüístico nunha Europa inmersa en cruentas
loitas de poder. As persecucións relixiosas e as ansias expansionistas
coinciden co auxe das cantigas galego-portuguesas e co declive da lírica
provenzal.
Un códice oculto, a Inquisición, a herexía cátara e os segredos da alquimia uniranse ás cantigas medievais para conformar unha engaiolante trama nunha novela con grandes doses de intriga.
A arte de trobar é unha novela luminosa escrita con felicidade e coñecemento, que non renuncia ao humor. Configurada a partir de capítulos curtos, é capaz de integrar unha trama implacable coa tradición máis notable de versos en galego en galego e occitano.
Documentada con rigor, e dotada dun ritmo moi áxil, A arte de trobar constitúe un vibrante fresco desta nosa historia, que se escribiu en folla de pergamiño e con pluma de ave, á beira do mar.

Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.