Amosando publicacións coa etiqueta Narrativa Galega. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Narrativa Galega. Amosar todas as publicacións

martes, 13 de setembro de 2022

RETRINCOS. UN OLLO DE VIDRO

RETRINCOS.
UN OLLO DE VIDRO: Memorias dun esquelete
Autor: Alfonso Daniel R. Castelao
Ilustracións: Un ollo de vidro (Castelao)
Ilustracións: Retrincos (Carlos Maside)
Editorial Galaxia S.A.
Colección: Biblioteca Castelao

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

Prosa estilizada e sensible nalgunhas das pezas máis significativas da narrativa galega.

Castelao (Rianxo, 1886 - Bos Aires, 1950) escritiu "Retrincos" co coidado e agarimo dun mestre artesán. Contos nados de vivencias que deixaron pegada no autor, o seu carácter autobiográfico fainos máis próximos e verdadeiros. Anacos de vida feitos literatura, contados coa sensibilidade requintada da tradición popular.

Ao seu carón, "Un ollo de vidro" representa o humorismo e a sátira, a crítica dunha realidade social e política ante a que Castelao nunca transisiu.

ISBN: 978-84-8288-742-4
Nº de páxinas: 84
Formato: 13,5 x 21 cm
Encadernación: Rústica con lapelas

domingo, 15 de setembro de 2019

UNHA POUCA DE CINZA


UNHA POUCA DE CINZA
Autor: Suso de Toro
Edita: El Correo Gallego

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Nas páxinas de Unha Pouca de Cinza está Santiago na súa historia pasada e no seu presente, na súa dimensión de capital política, cidade universitaria e espazo cotián de xentes anónimas. Rúas, prazas, lugares diversos: escenografía urbá, santiaguesa, poboada de figuras habita nestas páxinas. De entre elas, "Aquí somos así, positivamente", semella contar entre o mellor que ofrece o narrador. Un narrador de hoxe, cada vez con mais oficio no seu labor, dotado dunha intensa forza expresiva, dunha prosa viva, ateigada de coloquialidade. Un escritor que está a acadar a súa madurez, que está a anovar espacios, temas e linguaxe na narrativa galega. Un escritor con proxección de futuro desde un presente no que é unha interesante realidade. Pero podemos agardar moito maís del. É agardámolo.

ISBN:84.85553.112
Nº de páxinas: 92
Encadernación: Tapa branda

Formato: 21 x 15 cm


martes, 13 de marzo de 2018

CON AROA, O ÚLTIMO VERÁN

 
 
CON AROA, O ÚLTIMO VERÁN 
Autor: Xurxo Chapela 
Sotelo Blanco Edicións S.L.
Colección: Docexvintedous

Xénero: Literatura Xuvenil - Narrativa

Cando Alberte decidiu marchar para o Courel cura-la tise (ou a neura), quen ía a pensar que ó volvelo  a ver tería eu moito que contarlle. Porque, ¿podes imaxinar que a rapaza dos teus soños entre de repente pola porta do teu pub favorito? E, ademais, ¿a quen se lle vai ocorrer que, aínda por riba, haxa posibilidades de que che faga caso?

Si, ho, si que mire para ti e escoite o que dis. Que te murmure na orella... !e che aloumiñe a caluga! Incrible, ¿non che parece? ¿Quen me ía dicir a min que no tempo dun verán a miña eterna mala sorte se ía derreter coma o xeo nunha copa de xenebra, lenta pero definitivamente?

A verdade é que non o dou entendido. Pero ¿quen pode saber por que as cousas acaban saíndo redondas? Así que, se mo preguntas algún día, só che vou poder contestar como din na miña terra: ¿Eu seino?

ISBN: 84-27824-344-5
Nº de páxinas: 101
Encadernación: Tapa branda

Formato: 13 x 21,5 cm

martes, 27 de febreiro de 2018

OS VIADUCTOS XVII CERTAME LITERARIO DE RELATOS CURTOS


XVII Certamen Literario de Relatos Curtos "OS VIADUTOS"
Autores: Daniel Martínez Mariño, Antía Yáñez Rodríguez, Beatriz López Dorado, Roi Vilar Ponte.
Edita: Concello de Redondela
Colección: Certame Literario de Relatos Curtos 

Xénero: Literatura  Galega - Narrativa 

Neste certame recollense os gañadores literarios de relatos curtos: 

  • Daniel Martínez Mariño: O profesor de piano 
  • Antía Yáñez Rodríguez: Pobonovo 
  • Beatriz López Dorado: As vacas non usan stilettos 
  • Roi Vilar Ponte: As tres mortes (por asfixia) de Ester V. Lavandeira. 

ISBN: 978-84-697-4140-5 
Nº de páxinas: 122 
Encadernación: Tapa branda 
Formato: 13,5 x 21 cm

martes, 19 de decembro de 2017

MURIEL


MURIEL
Autor: María Canosa
Ilustración: Lucía Cobo
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección Merlín

Género: Literatura Infantíl Galega -Narrativa

Idade Recomendada: A partir de 9 anos

Premio Merlín de Literatura Infantil 2017

"Unha historia sedutora, onde conta cada palabra; un canto á imperiosa necesidade da cor; unha aventura entrañable, cálida e misteriosa"

A Muriel custáballe prender no sono, botaba de menos as conversas coa avoa e o tempo que pasaban xuntos.

 E os seus contos e os seus pasteis. E as súas limoadas. E os seus bicos máxicos que curaban calquer dor. E as súas bufandas. E a dose exacta de mel que había que votar na cunca de leite polas noites. E o seu olor e a calor dos seu corpo.


Coa avoa todo era sinxelo e todo era posible. A vida de Muriel  volveu mudar cando coñeceu un raposo de sorriso enigmático e a Fígaro. 

ISBN: 978-84-9121-274-4
Nº de páxinas: 184
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 19 cm

domingo, 17 de decembro de 2017

A ARTE DE TROBAR


A ARTE DE TROBAR
Autor: Santiago Lopo
Ilustracións: Manuel Vigo
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección Narrativa

Género: Literatura  Galega - Narrativa

Premio Xerais de Novela 2017

No século XIII, unha "troupe" de artistas itinerantes procedentes de Galicia percorre os reinos do Camiño de Santiago. É un momento de cambio político, cultural e lingüístico nunha Europa inmersa en cruentas loitas de poder. As persecucións relixiosas e as ansias expansionistas coinciden co auxe das cantigas galego-portuguesas e co declive da lírica provenzal.

Un códice oculto, a Inquisición, a herexía cátara e os segredos da alquimia uniranse ás cantigas medievais para conformar unha engaiolante trama nunha novela con grandes doses de intriga. 

A arte de trobar é unha novela luminosa escrita con felicidade e coñecemento, que non renuncia ao humor. Configurada a partir de capítulos curtos, é capaz de integrar unha trama implacable coa tradición máis notable de versos en galego en galego e occitano. 

Documentada con rigor, e dotada dun ritmo moi áxil, A arte de trobar constitúe un vibrante fresco desta nosa historia, que se escribiu en folla de pergamiño e con pluma de ave, á beira do mar.


ISBN: 978-84-9121-274-4
Nº de páxinas: 184
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5x 19 cm

martes, 12 de decembro de 2017

FORMIG4S. MISIÓN TOKYO


FORMIG4S. MISIÓN TOKYO
Autor: Pere Tobaruela
Ilustracións: Andrés Meixide
Edicións Xerais de Galicia
Colección: Formig4s
 
Xénero: Literatura Xuvenil - Narrativa

Formos4, Forx4n, Fornel4 e Form4il son os catro integrantes dos Formig4s, unha brigada especial que vai ata calquera recuncho do mundo para esclarecer os casos máis enigmáticos e complicados.

Misión Tokyo leva os Formig4s á capital do Xapón. O caso empeza co Doutor Paumao nun barco de deseño futurista, liberando centos e centos de bolboretas que tinxen de cores o ceo da cidade.

Que tramará desta vez o científico? 

ISBN: 978-84-9121-209-6
Nº de páxinas: 105
Encadernación: Cartoné
Formato: 14,5 x 21,5 cm

domingo, 10 de decembro de 2017

O ALFAIATE PORTUGUÉS


O ALFAIATE PORTUGUÉS
Autor: Xavier Senín
Limiar: Víctor F. Freixanes
Editorial Galaxia S.A.
Colección: Literaria

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

Unha realidade próxima, afincada nas paisaxes, anécdotas e tipos humanos da cultura tradicional. Un universo popular que alenta na memoria e na xeografía dos afectos. Un mundo vizoso, próximo e así e todo distante. Case descoñecido.

Lobeira é o espazo narrativo de Xavier Senín, territorio máxico onde se desenvolve a meirande parte destas historias. A do alfaiate que vén das terras tramontanas de Portugal rodeado de misterio e que co mesmo misterio desaparece.

A do cobrador da luz que percorre de a cabalo as parroquias e a do sancristán que dá concertos de campás e arroutadas de sineta no momento da consagración. A do organista que toca "Yesterday" na misa do Corpus. Un territorio no que fumega a cunca de chocolate das señoritas da vila. Onde perdura o recendo inesquecible do pan quente no forno e a onde seguen a chegar as cartas dos emigrados.

Un mundo que está próximo, moito máis do que parece, e que asemade foxe de nós coma unha presada de auga entre os dedos.

ISBN: 978-84-9865-732-6
Nº de páxinas: 200
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 21 cm


sábado, 9 de decembro de 2017

MISS OURENSE


MISS OURENSE
Autor: Bieito Iglesias
Editorial Galaxia S.A. 

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

Este libro conten catro relatos policíacos ambientados en Ourense e protagonizados polo inspector Gumersindo Nespereira, un home que non está disposto a consentir que ninguén lle tome o pelo. 

Son narracións áxiles e ben tramadas que, máis alá dos sucesos que as orixinan, nos deixan enxergar o tecido interno dun tempo de ocultacións e de silencios. O Ourense recreado neste libro esconde no seu interior, baixo a aparencia dunha cidade tranquila e provincial, ambicións de poder e pecados de cobiza ante as cales unha sociedade cómplice intenta pechar os ollos e aproveitar o que se poida, sen reparar demasiado nas inevitables vítimas.

 O inspector Nespereira, que é dono dun Dauphine e dun peculiar sentido do humor, sabe que as cousas sempre foron así e non vai intentar cambialas. Pero tampouco vai deixar que ninguén o tome por parvo.

ISBN: 978-84-9865-491-2
Nº de páxinas:210
Encadernación:Tapa Branda
Formato: 13,5 x 21 cm

martes, 5 de decembro de 2017

A FERIDA DO VENTO


A FERIDA DO VENTO
Autor: Ánton Riveiro Coello
Ilustracións: Rodrigo Chao
Editorial Galaxia S.A.
Colección: Literaria

Xénero:  Literatura Galega -Narrativa

En 1978, Antón ten quince anos e, logo de tres meses de internado, volve a Xinzo de Limia coa emoción de ver a súa primeria moza.

O avó Mauro, unha persoa peculiar que leva un rexistro dos tolos da vila, agarda por el no cuarto para lle dar unha nova que o deixará abraiado. A partir deste momento, Antón sentirá o peso do mundo e buscará nos personaxes extravagantes unha alianza para as feridas do amor e da vida.

Novela de formación, escrita cunha ollada lírica e sensible, onde o autor limiao non só nos ofrece un fresco humano da súa vila, poboada de personaxes memorables, entre os que figura o escritor Carlos Casares, senón tamén a representación exquisita do paso da infancia á adolescencia.

ISBN:978-84-9865-735-7
Nº de páxinas: 140
Encadernación:Tapa branda
Formato: 13,5 x 21 cm


mércores, 22 de novembro de 2017

A IRA DOS MANSOS

 
A IRA DOS MANSOS
Autor: Manuel Esteban
Ilustracións: Ana Costas
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección Narrativa 

Xénero: Literatura en Galego -Narrativa 

O cadáver dunha nena con síndrome de down aparece nos terreos do edificio Bandeira en Vigo. Para resolver o crime, o inspector Carlos Manso ten que percorrer os intestinos da delincuencia viguesa e internacional. O inspector móvese habilmente polos diversos escenarios da cidade e vive, ao tempo , un proceso que derruba as súas barreiras emocionais.

A ira dos mansos é unha magnífica novela policial e negra, cun acusado enfoque social, que propón unha viaxe de superación de moitos prexuízos, cuestionando a normalidade e a perfección e obrigando á reflexión sobre a dignidade, a inclusión e o respecto.

ISBN:978-84-9121-101-3
Nº de páxinas:189
Encadernación:Cartoné
Formato:14,5 x 22 cm


luns, 20 de novembro de 2017

SEIS FERROLÁNS


SEIS FERROLÁNS 
Autor: Xavier Alcalá, Rosa Aneiros, Vicente Araguas, Henrique Dacosta, Anxo Franco e Ramón Loureiro.
Ilustración da portada: Alberto Toval
Edicións Embora 

Xénero: Literatura en galego -Narrativa

Ferrol e a comarca son o nexo de unión dos seis relatos que conforman este libro singular.

Seis relatos, seis voces, seis estilos e Ferrolterra ao fondo, presente dalgún xeito a través da maxia das palabras, recreando realidades e ficción.

Os autores á literatura galega con este volume o pouso do lugar propio.

ISBN: 84-95460-27-0
Nº de páxinas: 137
Encadernación:Cartoné
Formato: 13 x 21 cm

martes, 14 de novembro de 2017

VICUS. Un lugar do común


VICUS. Un lugar do común
Autor: Beto Luaces
Edicións Bolanda S.L.
1ª edición, 2017

Xénero: Literatura Galega - Novela  negra

Cunha narración trepidante e unha historia a cabalo entre a realidade e a ficción, esta novela negra engaiola desde a primeira páxina.

O protagonista é un arquitecto vigués que nun momento transcendental da súa vida vese na obriga de resolver un problema derivado do pasado dos seus pais como emigrantes en Caracas.

Alí Senén Barreiro baterá co mundo da emigración galega e cun libro de sona e ben polémico na nosa literatura.

De regreso a Vigo, a trama acelérase e xorde a poderosa e descoñecida Serra do Suído.

Senén Barreiro, un arquitecto que vén de cumprir cincuenta anos, está a observar a paisaxe nocturna desde a galería da casa paterna de Candeán, un arrabalde rural elevado de Vigo. Ás súas costas, está a se conformar a xuntanza familiar: é Noiteboa e el quere darlle á súa familia unha noticia importante.

 Sen embargo, nesa mesma noite, acontece algo que vai mudar para sempre a historia da familia Barreiro e, por suposto, a súa. Daquela, Senén recibe un encargo, que o vai levar a indagar no pasado familiar e a descubrir que o mundo da emigración galega, cando menos unha parte dela, non é como decote se contou de manera oficial.

Un libro polémico rexorde e forma parte da trama durante aquela viaxe, se cadra, innecesaria. 

ISBN: 978-84-697-6073-4
Nº páxinas: 438 
Dimensións: 17 x 25 cm 
Encadernación: Rústica

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger