domingo, 10 de decembro de 2017

O ALFAIATE PORTUGUÉS


O ALFAIATE PORTUGUÉS
Autor: Xavier Senín
Limiar: Víctor F. Freixanes
Editorial Galaxia S.A.
Colección: Literaria

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

Unha realidade próxima, afincada nas paisaxes, anécdotas e tipos humanos da cultura tradicional. Un universo popular que alenta na memoria e na xeografía dos afectos. Un mundo vizoso, próximo e así e todo distante. Case descoñecido.

Lobeira é o espazo narrativo de Xavier Senín, territorio máxico onde se desenvolve a meirande parte destas historias. A do alfaiate que vén das terras tramontanas de Portugal rodeado de misterio e que co mesmo misterio desaparece.

A do cobrador da luz que percorre de a cabalo as parroquias e a do sancristán que dá concertos de campás e arroutadas de sineta no momento da consagración. A do organista que toca "Yesterday" na misa do Corpus. Un territorio no que fumega a cunca de chocolate das señoritas da vila. Onde perdura o recendo inesquecible do pan quente no forno e a onde seguen a chegar as cartas dos emigrados.

Un mundo que está próximo, moito máis do que parece, e que asemade foxe de nós coma unha presada de auga entre os dedos.

ISBN: 978-84-9865-732-6
Nº de páxinas: 200
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 21 cm


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger