Continuamos co Programa de Animación á
Lectura e de Dinamización do uso da Lingua Galega da Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén “BiblioPazos” neste mes de maio cun interesantísimo obradoiro
de divulgación co que conmemoraremos o DÍA MUNDIAL DO LUPUS e co que queremos aportar o noso gran de area
para dar visibilidade e concienciar á cidadanía sobre a esta enfermidade que
afecta a moitas persoas en Galicia.
O obradoiro “LUPUS
DESDE O PUPITRE - LÚA FALA DO LUPUS” terá lugar o próximo Mércores 20 de Maio de 2026 a
partir das 10:20 horas na Biblioteca do CPI “Curros
Enríquez” de Pazos e está dirixido ao alumnado de 6º de Educación
Infantil e de 1º de Primaria deste centro educativo.
O
día 10 de Maio de 2026 (Domingo) é a
data de conmemoración do DÍA MUNDIAL DO LUPUS; una data establecida en 2004 durante o VII Congreso Internacional de Lupus
Eritematoso Sistémico. Impulsada pola
Federación Mundial do Lupus (World Lupus Federation), esta xornada ten como
obxectivo sensibilizar á poboación sobre esta enfermidade autoinmunitaria
crónica, promover a investigación e mellorar a atención médica para quen a
padece.
Un obradoiro arredor
do conto “LÚA FALA DO LUPUS” da colección Os Bolechas Guías editado
por Bolanda Edicións e Marketing,
pensado para achegar ao alumnado unha realidade pouco coñecida dun xeito
próximo e adaptado á infancia. A través dun caderno de actividades, invítase
á infancia a reflexionar sobre a diversidade, a empatía e o respecto ás persoas
que conviven cunha enfermidade.
A proposta favorece a
comprensión
lectora e a educación en valores, ao tempo que promove o uso da lingua
galega nunha xornada distendida e lúdica. Desde a Asociación Galega de Lupus
(AGAL) quérese contribuír a crear aulas máis inclusivas e sensibles ás
distintas realidades das persoas.
A Asociación galega de Lupus (AGAL) naceu
en 1997 na provincia da Coruña. É unha entidade sen ánimo de lucro, declarada
de utilidade pública, que desempeña un papel fundamental na mellora das
condicións de vida das persoas con Lupus e a súa contorna en Galicia.
O Lupus é unha enfermidade sistémica,
autoinmune, crónica e inflamatoria, cunha gran variedade de expresión clínica e
caracterizada pola posible afectación de múltiples órganos e sistemas, para a
cal non existe cura e que se estima
que afecta a máis de 5.500 persoas en Galicia.
Por certo, todas aquelas persoas que queiran
colaborar coa Asociación Galega de Lupus (AGAL) poden facelo a
través de Bizum ou Transferencia Bancaria facendo clic no seguinte enlace:
Indicar tamén que a
Asociación Galega de Lupus (AGAL) está considerada de utilidade pública, e regulada pola Lei 49/2002, do 23 de decembro, do réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos
incentivos fiscais ao mecenado.
Polo cal parte do importe da doazón que realices para axudar ao lupus poderase deducir na declaración da Renda nas seguintes cantidades (Exemplos):
- Opcional 1: Dedución do 40% se a achega é igual ou superior á dos dous exercicios anteriores.
- Opcional 2: Dedución do 35% da achega. Ademais, os primeiros 150 euros no exercicio xeran un dereito á dedución do 80% co límite de 120 euros.
Desde Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén - BiblioPazos facemos un chamamento para que os que poidades contribuír o fagades para poder axudar aos fins desta asociación.
Para saber máis sobre a Asociación Galega de Lupus (AGAL) accede ao seguinte enlace:
Para calquera información sobre a programación podedes
contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou
por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.gal no noso horario
habitual de apertura.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA
EDUCACIÓN E A CULTURA