"É o memento non de cambiar as regras, senón de cambiar o xogo. é o momento de mudar o mundo, de introducir transformacións profundas e estruturais,pero tamén conceptuais; é o momento do feminismo, é dicir, da xustiza, da igualdade, da liberdade, da dignidade e tamén, porque non?, da felicidade".
CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN: Información sobre lectura, servizos, actividades e novas tecnoloxías
xoves, 21 de maio de 2026
"AS LETRAS DE BEGOÑA" Contacontos ilustrado e musicado do Colectivo XURELO para conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS
luns, 13 de abril de 2026
Conmemoramos o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL co contacontos "AS AVENTURAS DE JOE e FONTE. Joe e Fonte múdanse a Mondariz Balneario" aus nos trae a autora Aurora Corbacho e o ilustrador Chimay
Nesta actividade a
autora AURORA CORBACHO e o ilustrador CHIMAY interactuarán coa cativada comentando o contido das páxinas,
cantarán con eles un rap composto por Chimay e finalizarán cuns recortes dos
deseños para que os asistentes o leven de lembranza para as súas casas.
“O contacontos é unha historia baseada nas vivencias reais da autora por mor da súa mudanza a Mondariz Balneario dende unha grande cidade xunto aos seus gatiños Joe e Fonte. Como consecuencia desta vivencia e de todo o que ven vivindo dende entón nese lugar marabilloso, xurdiu o texto e, grazas a Chimay, as preciosas imaxes que ilustran o libro. Neste pequeno conto os elementos que lle dan sentido son, co marco máxico da vila de Mondariz Balneario, a natureza que conforman os ríos, a vexetación e a fauna do val, o patrimonio arquitectónico e o coidado e respecto aos animais, co obxectivo final e de fondo de divulgar e tomar coñecemento da importancia do seu coidado e protección pola cativada, que será a que collerá o relevo das persoas adultas nun futuro”.
Para calquera información sobre a programación podedes
contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou
por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.gal no noso horario
habitual de apertura.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA
EDUCACIÓN E A CULTURA.
mércores, 14 de xaneiro de 2026
ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DO VII CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN (II)
Iniciado o acto o Sr. Alcalde deulle a benvida aos asistentes felicitándoos por participar neste certame e polos traballos presentados, unha vez rematada a súa intervención, procedeuse á lectura da relación dos galardoados nas categorías seguintes para facerlles entrega dos premios aos seleccionados polo xurado:
CATEGORÍA A: PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL:
![]() |
| Participantes da Categoría A: Persoas con Diversidade Funcional cos monitores, xurado e autoridades |
O PRIMEIRO premio outorgouse ao traballo titulado “UN BARCO CHAMADO ESPERANZA” e o pseudónimo de “SAGITARIO” presentado por JOSÉ MANUEL BOULLOSA GARCÍA da Asociación ASPAVI.
![]() |
| O 1º Premio da Categoría A outorgado a José Manuel Boullosa García recolleuno a súa compañeira Mª Rita Ribeiro Durán |
O SEGUNDO premio corrspondeu ao traballo titulado “O MELLOR AMIGO DE XOSÉ” e o pseudónimo de “ANDALUZ” presentado por FRANCISCO MARTÍN MUÑOZ da Asociación ASPAVI.
![]() |
| Francisco Martín Muñoz recolle o 2º Premio que lle entregou a escritora Andrea Barreira Freije |
O xurado considerou premiar con accésit nesta categoría ao traballo titulado “A GRANXA PARLANTE” e o pseudónimo de “TIGRE” presentado por RAMÓN ÁNGEL FREAZA FARO da Asociación ASPAVI.
CATEGORÍA E: ALUMNADO DE 5º E 6º DE PRIMARIA:
![]() |
| Participantes da categoría E: 5º/6º Primaria co xurado, profesorado e autoridades |
O PRIMEIRO premio correspondeu ao traballo presentado baixo o título “A FORZA DOS MUÍÑOS” e o pseudónimo de “PANTUFLAS 73” que presentou MARTÍN BAO GARRIDO, estudante de 6º de Educación Primaria.
![]() |
| A concelleira Mª Victoria Couñago Corujeira entrega o 1º PREMIO a Martín Bao Garrido |
O SEGUNDO premio concedeuse ao traballo titulado “O IMPORTANTE É SER FELIZ” e o pseudónimo de “BERNY ARAUJO” presentado por ROSA VEIGA ARAÚJO, estudante de 5º de Educación Primaria.
![]() |
| Rosa Veiga Araújo recibe o 2º PREMIO que lle entrega o escritor Miguel Angel Alonso Diz |
O xurado considerou premiar con accésit nesta categoría aos traballos seguintes:
Traballo titulado “O SILENCIO DA HACHE” e o pseudónimo de “MANGANTE” presetnado por JOEL GIL RODRÍGUEZ, estudante de 5º de Educación Primaria.
Traballo titulado “A FORMIGA SOLITARIA” e o pseudónimo de “PANTASMA” que presentou XOÁN QUINTANA FERNÁNDEZ, estudante de 5º de Educación Primaria.
Traballo titulado “OS SEGREDOS DE VILAVERZA” e o pseudónimo de “ABIÑO” que presentou ABEL FERREIRA MARTÍNEZ, estudante de 6º de Educación Primaria.
Traballo titulado “A AVENTURA DA MEDUSA MARUXA” e o pseudónimo de “EL PEPE” que presentou XOÁN PINTOS MERINO, estudante de 6º de Educación Primaria.
![]() |
| Entrega accésits da categoría E: Alumnado de 5º/6º de Primaria |
Finalizada a lectura dos premiados chamouse ao resto de participantes para facerlles entrega dos seus diplomas e libros de agasallo; e entregáronse uns lotes de libros para as aulas que recolleron as súas respectiva mestras.
![]() |
| Entrega lotes libros para as aulas de 5º e 6º de Primaria |
CATEGORÍA F: ALUMNADO DE 1º E 2º DE ESO:
![]() |
| Participantes da categoría F: 1º e 2º ESO co profesorado, autoridades e xurado |
O PRIMEIRO premio otorgouse ao traballo titulado “O SOLDADIÑO DE CHUMBO” e o pseudónimo de “NOSE” presentado por XIÁN BOUBETA COMESAÑA, estudante de 1º de ESO.
![]() |
| Xián Boubeta Comesaña recolle o 1º PREMIO que lle entrega a mestra do CPI Mª Eugenia Porritt Lueiro |
O SEGUNDO premio correspondeu ao traballo titulado “RECORDOS DE GUERRA” e o pseudónimo de “RENATA” presentado por DANIELA COUÑAGO RODRÍGUEZ, estudante de 1º de ESO.
![]() |
| Daniela Couñago Rodríguez recolle o 2º PREMIO que lle entrega a escritora Andrea Barreira Freije |
O xurado considerou premiar con accésit nesta categoría aos traballos seguintes:
Traballo titulado “A GAITA MALDITA” e o pseudónimo de “ELVISTEK” que presentou ROI RIVAS RODRÍGUEZ, estudante de 2º de ESO.
Traballo titulado “LUNA” e o pseudónimo de “MOKA” que presentou ANTÍA FREIRE FERNÁNDEZ, estudante de 2º de ESO.
Traballo titulado “CHAMADA PERDIDA” e o pseudónimo de “MIMI” presentado por MIREIA LAGO OTERO, estudante de 1º de ESO.
Traballo titulado “O SANTO APARECIDO” e o pseudónimo de “GABRSTE” presentado por GABRIEL CASTRO GARRIDO, estudante de 2º de ESO.
Traballo titulado “A DESAPARICIÓN DE NORA” e o pseudónimo de “CELTIÑA12” que presentou DANIELA COUÑAGO AMOEDO, estudante de 2º de ESO.
![]() |
| Entrega accésits da categoría F: 1º/2º de ESO |
Posteriormente entregáronse ao resto de participantes non premiados os seus correspondentes diplomas e agasallos e un lote de libros para as aulas.
![]() |
| Entrega lote libros para as aulas de 1º/2º de ESO |
CATEGORÍA G: ALUMNADO DE 3º E 4º DE ESO:
![]() |
| Participantes da categoría G: Alumnado de 3º/4º de ESO co profesorado, xurado e autoridades. |
O PRIMEIRO premio foi para o traballo titulado “A PEDRA DA MULLER” e o pseudónimo de “XELA” que presentou ÁNXELA DOMÍNGUEZ ÁLVAREZ, estudante de 4º de ESO.
![]() |
| Ánxela Domínguez Álvares recibe o 1º PREMIO de mans do Alcalde Xosé Luciano Otero Camiña |
O SEGUNDO premio correspondeu ao traballo titulado “CARTA ÁS AMÉRICAS” e o pseudónimo de “BAHÍA BRANCA” presentado por IRIS GONZÁLEZ RODRÍGUEZ, estudante de 4º de ESO.
![]() |
| Iris González Rodríguez recibe o 2º PREMIO que lle entrega a concelleira Mª Victoria Couñago Corujeira |
O xurado considerou premiar con accésit nesta categoría ao traballo titulado “AS PASAXES PROHIBIDAS DO XADREZ” e o pseudónimo de “INDEFINIDA” que foi presentado por MAIA OTERO GONZÁLEZ, estudante de 4º de ESO.
![]() |
| Maia Otero González recibe o seu accésit entregado pola escritora Andrea Barreira Freije |
Deseguido chamouse un por un ao resto de participantes non premiados para entregarlles o diploma acreditativo da súa participación no certame e un libro de agasallo; así como un lote de libros para as aulas.
![]() |
| O Alcalde Xosé Luciano Otero Camiña entrega un lote de libros para as aulas de 3º/4º de ESO que recibe o mestre José Penedo |
Rematada a entrega de premios o Sr. Alcalde tomou a palabra para agradecer ao responsable da biblioteca o seu traballo para levar adiante esta nova edición do Certame e a todos os presentes pola súa asistencia a este acto e pola participación no certame desexándolles que gozaran das vacacións escolares e felicitándolles o Nadal e un vindeiro ano 2026 cheo de ledicia, paz, amor e moitas lecturas.
Este evento enmárcase no programa de actividades de dinamización da Lingua Galega do ano 2025 "OBRADOIROS DE CREACIÓN LITERARIA E CERTAME DE RELATO CURTO" organizado pola Biblioteca Pública Municipal e que conta coa financiación do Concello de Pazos de Borbén e do Servizo de Normalización Lingüística e Servizos Lingüísticos da Deputación Provincial de Pontevedra.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA
martes, 13 de xaneiro de 2026
ACTO DE ENTREGA DE PREMIOS DO VII CERTAME DE RELATO CURTO DE PAZOS DE BORBÉN (I)
O acto estivo presidido polo Alcalde-Presidente do Concello Xosé Luciano Otero Camiña e nel contouse coa presenza da concelleira de Cultura Mª Victoria Couñago Corujeira e dos membros do xurado Mª Eugenia Porritt Lueiro, Manuel González Pastoriza, Andrea Barreira Freije, Miguel Angel Alonso Diz e José Manuel Soto Virulegio.
Iniciouse a gala ás 11:15 horas coa intervención da mestra do CPI "Curros Enríquez" de membro do xurado Mª Eugenia Porritt Lueiro quen lles deu a benvida aos asistentes agrandecéndolles a súa participación nesta 7ª edición do certame comentándolles ademais que o xurado gozou moitísimo vendo os debuxos e lendo os relatos presentados ao concurso.
![]() |
| Mª Eugenia Porritt Lueiro mestra do CPI "Curros Enríquez" durante a súa intervención |
Finalizada esta intervención iniciouse a lectura polo Secretario do Xurado á lectura da relación de galardoados nesta VII edición do Certame:
CATEGORÍA B: EDUCACIÓN INFANTIL(Para ver os traballos premiados facer CLIC nos títulos)
![]() |
| Participantes da categoría de Educación Infantil co xurado, profesorado e autoridades |
O PRIMEIRO premio foi outorgado ao traballo titulado “AS VOCES DAS PEDRAS” presentado baixo o pseudónimo de “O
LOBIÑO” por RAÚL AMOEDO MARTÍNEZ, estudante de 6º de Educación Infantil.
![]() |
| 1º Premio categoría Infantil entregado a Raúl Amoedo Martínez pola escritora Andrea Barreira Freije |
O SEGUNDO premio correspondeu ao traballo titulado “MORCEGO DAS HISTORIAS DE MEDO” e o pseudónimo “MOMIA” presentado por ENZO GÓMEZ BOUZÓN, estudante de 6º de Educación Infantil.
![]() |
| A mestra do CPI Mª Eugenia Porritt Lueiro entrega o 2º Premio a Enzo Gómez Bouzón |
O xurado considerou premiar con accésit nesta categoría aos traballos seguintes:
Traballo titulado “FRANKESTEIN E A PANTASMA SE SAÚDAN” e o pseudónimo de “FANTA” presentado por ABEL GIL RODRÍGUEZ, estudante de 6º de Educación Infantil.
Traballo titulado “NON Á VIOLENCIA” e o pseudónimo de “TINTIÑO” presentado por MARTÍN BARRAL MELIO, estudante de 4º de Educación Infantil.
![]() |
| Entrega de premios aos galardoaos con accésits na Categoría de Educación Infantil |
Unha vez finalizada a entrega aos premiados chamouse un por un ao resto dos participantes para entregarlles a cada un deles un Diploma acreditativo da súa participación no Certame e un libro de agasallo e tamén varios lotes de libros para as aulas do alumnado participante.
![]() |
| Entrega de lotes de libros ás aulas de Educación Infantil |
![]() |
| Participantes da categoría de 1º/2º de Primaria co xurado, profesorado e autoridades |
O PRIMEIRO premio foi outorgado ao traballo titulado “O GATO ESPECIAL” e o pseudónimo de “LUNA” presentado por CINTHIA DOPAZO PÉREZ, estudante de 2º de Educación Primaria.
![]() |
| O Alcalde entrega o 1º Premio da categoría C: 1º/2º de Primariaa Cinthia Dopazo Pérez |
O SEGUNDO premio correspondeu ao traballo titulado “A FOLLA VOADORA” e o pseudónimo de “SUPERPOLIÑO” presentado por ANA RODRÍGUEZ IGLESIAS, estudante de 1º de Educación Primaria.
![]() |
| Ana Rodríguez Iglesias recibe o 2º Premio que lle entrega o mestre Manuel Gonzalez Pastoriza |
Traballo presentado baixo o título “O OURIZO DE ALGODÓN” e o pseudónimo de “SPIDERMAN” da autoría de ENZO FREAZA GONZÁLEZ, estudante de 1º de Educación Primaria.
Traballo presentado baixo o título “A TORMENTA E O LEOPARDO” e o pseudónimo de “CHARMANDER” da autoría de ROI ÁLVAREZ CASTRO, estudante de 1º de Educación Primaria.
Traballo presentado baixo o título “UNHA XOANIÑA E UN PAXARO” e o pseudónimo de “LARA” da autoría de MELANIA RODRÍGUEZ OLARTE, estudante de 2º de Educación Primaria.
Traballo presentado baixo o título “O NENO QUE SALVOU O MAR” e o pseudónimo de “LEÓN” da autoría de ALEJANDRA CASTRO LUSQUIÑOS, estudante de 2º de Educación Primaria.
Traballo presentado baixo o título “O PORQUIÑO BAIXIÑO” e o pseudónimo de “ROSI” da autoría de EMMA GONZÁLEZ RODRÍGUEZ, estudante de 2º de Educación Primaria.
![]() |
| Entrega accésits Categoría C: 1º/2º Primaria |
Ao final da lectura dos premiados chamouse un por un ao resto de participantes non premiados na categoría para facerlles entrega dos seus diplomas e libros de agasallo; e entregouse tamén uns lotes de libros para as aulas correspondentes.
![]() |
| Entrega lotes de libros as aulas de 1º/2º Primaria |
CATEGORÍA D: 3º E 4º DE PRIMARIA
(Para ver os traballos premiados facer CLIC nos títulos)
![]() |
| Participantes da categoría D: 3º/4º de Primaria co profesorado, xurado e autoridades |
O PRIMEIRO premio correspondeu ao traballo presentado baixo o título “O MISTERIO DA FONTE DE DÚAS CARAS” e o pseudónimo de “RIFO” presentado por LUCAS RIVAS FONTÁN, estudante de 4º de Educación Primaria.
![]() |
| O Alcalde entrega o 1º Premio a Lucas Rivas Fontán |
O SEGUNDO premio foi para o traballo presentado baixo o título "A BRUXA E O ESQUELETO" e o pseudónimo de “BRUXA” presentado por ARIADNA RAMÍREZ PÉREZ, estudante de 4º de Educación Primaria.
![]() |
| Entrega do 2º Premio a Ariadna Ramírez Pérez polo escritor Miguel Anxo Alonso Diz |
O xurado premiou con accésit nesta categoría aos traballos seguintes:
Traballo titulado “OS CHICOS PODEN TER FALDA” e o pseudónimo de “GARNACHO” presentado por LUCA DA SILVA JUAN, estudante de 3º de Educación Primaria.
Traballo titulado “A BRUXA BOA” e o pseudónimo de “MARGARITA” presentado por ELENA RODRÍGUEZ MARTÍNEZ, estudante de 4º de Educación Primaria.
Traballo titulado “O TESOURO DO MONTE DE SEQUEIROS” e o pseudónimo de “O GALEGO 18” presentado por RAÚL CARRERO MARTÍN, estudante de 4º de Educación Primaria.
Traballo titulado “O MOUCHO QUE CREÍASE UN CORVO” e o pseudónimo de “CAROL” presentado por CAROLINA LAGO CAMIÑA, estudante de 4º de Educación Primaria.
Traballo titulado “A CUCARACHA PASTELEIRA” e o pseudónimo de “IAGO ASPAS” presentado por ANXO FRAGUEIRO OTERO, estudante de 4º de Educación Primaria.
![]() |
| Entrega de premios aos galardoados con accesits da categoría D: 3º e 4º de Primaria |
Unha vez entregados os premios nesta categoría procedeuse a chamar ao resto de participantes non premiados para entregarlles os seus diplomas e agasallos. Entregáronse tamén uns lotes de libros para as aulas.














































