CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN: Información sobre lectura, servizos, actividades e novas tecnoloxías
E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa
NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES
NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS
sábado, 27 de marzo de 2021
SUS MEJORES CUENTOS
venres, 26 de marzo de 2021
PASANDO A BÓLA


xoves, 25 de marzo de 2021
OS BOLECHAS: CASTELAO


mércores, 24 de marzo de 2021
¡NATA Y CHOCOLATE INVENCIBLES!


martes, 23 de marzo de 2021
NATA Y CHOCOLATE


luns, 22 de marzo de 2021
"CONTOS POR TELÉFONO" con Ana Facchini para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil
A primeira delas, que terá lugar o xoves e venres 8
e 9 de abril de 17:00 a 21:00 horas, virá da man da contadora viguesa ANA FACCHINI, que nos traerá o
seu espectáculo "CONTOS POR TELÉFONO".
Contos por teléfono! Última chamada!
Aínda non reservaches a túa praza!
A que esperas?
Só tedes que facer a reserva, xa que as PRAZAS SON LIMITADAS, e teredes unha historia especialmente pensada para vós, ao outro lado do fío.
Esta actividade recolle a idea da coñecida
obra de Gianni Rodari e nace a partir da participación da
contadora nun proxecto de voluntariado, dirixido aos maiores e diversos
colectivos en risco de exclusión social, para acompañalos nos duros momentos de
soidade e confinamento vividos pola COVID-19.
Na tradición máis antiga as comunidades escoitaban contos e lendas arredor dunha lareira. Os tempos mudaron e hoxe o encontro prodúcese a través de pantallas e teléfonos, pero a maxia das historias compartidas, esa, permanece e sempre, sempre será a mesma.
A sesión iníciase cun xogo introdutorio, que procura a complicidade co oínte, seguido da narración propiamente dita e unha fórmula de despedida que convida a descubrir novos mundos e aventuras a través dos libros.
As persoas interesadas deberán achegarse á biblioteca entre o 26 de marzo e o 7 de abril, ou chamar ao teléfono 986 497 273, en horario de 09:00 a 14:00 horas, para inscribirse na actividade e escoller a hora aproximada á que queren recibir o seu conto.
Ana Facchini levaravos a un tempo e a un espazo máxicos, os da infancia e os soños, nos que con cada historia se nos propón unha viaxe diferente.
E hai historias e viaxes para todas e todos, GRANDES, Medianos e pequenos, porque esta é unha proposta dirixida ao público de calquera idade, desde os 5 aos 150 anos.
ANÍMATE!!!
PARTICIPA NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!!
ESPERÁMOSTE!!!
A QUE CHEIRAN AS CORES?

domingo, 21 de marzo de 2021
RIMALETRAS



12 POEMAS DE FEDERICO GARCÍA LORCA





