E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

luns, 22 de marzo de 2021

"CONTOS POR TELÉFONO" con Ana Facchini para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil


No próximo mes de Abril conmemoraremos con tres interesantes actividades, dúas importantes datas relacionadas co libro e as bibliotecas: o Día Internacional doLibro Infantil e Xuvenil, o 2 de abril, e o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, que se celebra o día 23 dese mesmo mes.

A primeira delas, que terá lugar o xoves e venres 8 e 9 de abril de 17:00 a 21:00 horas, virá da man da contadora viguesa ANA FACCHINI, que nos traerá o seu espectáculo "CONTOS POR TELÉFONO".


Contos por teléfono! Última chamada!

Aínda non reservaches a túa praza!

A que esperas?


Só tedes que facer a reserva, xa que as PRAZAS SON LIMITADAS, e teredes unha historia especialmente pensada para vós, ao outro lado do fío.

Esta actividade recolle a idea da coñecida obra de Gianni Rodari e nace a partir da participación da contadora nun proxecto de voluntariado, dirixido aos maiores e diversos colectivos en risco de exclusión social, para acompañalos nos duros momentos de soidade e confinamento vividos pola COVID-19.

Na tradición máis antiga as comunidades escoitaban contos e lendas arredor dunha lareira. Os tempos mudaron e hoxe o encontro prodúcese a través de pantallas e teléfonos, pero a maxia das historias compartidas, esa, permanece e sempre, sempre será a mesma.

A sesión iníciase cun xogo introdutorio, que procura a complicidade co oínte, seguido da narración propiamente dita e unha fórmula de despedida que convida a descubrir novos mundos e aventuras a través dos libros.

As persoas interesadas deberán achegarse á biblioteca entre o 26 de marzo e o 7 de abril, ou chamar ao teléfono 986 497 273, en horario de 09:00 a 14:00 horas, para inscribirse na actividade e escoller a hora aproximada á que queren recibir o seu conto.

Ana Facchini levaravos a un tempo e a un espazo máxicos, os da infancia e os soños, nos que con cada historia se nos propón unha viaxe diferente.

E hai historias e viaxes para todas e todos, GRANDES, Medianos e pequenos, porque esta é unha proposta dirixida ao público de calquera idade, desde os 5 aos 150 anos.

ANÍMATE!!!

PARTICIPA NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!!

ESPERÁMOSTE!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger