sábado, 11 de abril de 2015

LAS VOCES DEL DESIERTO

Las voces del desierto
Autora: Marlo Morgan
Traducción: Gemma Moral Bartolomé
Editorial: RBA Coleccionables, S.A
Año de edición: 2006

Género: Narrativa

Marlo Morgan no tenía edad ni talante de aventurera, pero la realidad se le impuso con la fuerza y el poder que suelen trasmitirnos las grandes experiencias.

Así fue como vivió una odisea fascinante: un viaje a pie por el desierto australiano en compañía de una tribu de aborígenes cuyas leyes de convivencia nada tienen en común con las nuestras.

El aprendizaje fue duro, pues a lo largo de esa extraña peregrinación tuvo que desprenderse de sus antiguos hábitos y aprender distintas formas de comer, de caminar y de comunicarse con la naturaleza y con esa parte de su cuerpo y su mente que ella misma desconocía.

Al coraje que demostró afrontando las penalidades del viaje, se sumó luego el esfuerzo de resumir sus vivencias en esta obra que al principio tuvo que editar por su cuenta y riesgo.

Ahora, trancurridos pocos meses desde su aparición, Voces del desierto se ha convertido en un auténtico best-seller, y la voz de Marlo Morgan sirve de guía a miles de personas en busca de un nuevo camino hacia la espiritualidad.

ISBN: 84-473-4701-X
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 20 x 13 cm
Nº de páginas: 202

xoves, 9 de abril de 2015

OBRADOIRO "Coñece e defende os teus dereitos como consumidor" con ADICAE GALICIA

https://www.dropbox.com/s/wkrrryaizs6gkcc/Cartel-Derechos-Consumidor-VIGO-abr-2015.jpg?dl=0

Este ano BIBLIOPAZOS, en colaboración coa Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concelo (OMIX), inicia unha serie de actividades novedosas co obxecto de amplialas a outros ámbitos da información aos cidadáns que non sexan exclusivamente as propias da biblioteca (Animación á lectura, información sobre lectura, servizos, actividades e novas tecnoloxías).

Comezamos cun interesantísimo OBRADOIRO SOBRE CONSUMO denominado "COÑECE E DEFENDE OS TEUS DEREITOS COMO CONSUMIDOR" que terá lugar o próximo venres 10 de abril, ás 20:00 horas, no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén.

O obradoiro o levará a cabo IRIA AGUETE -coordinadora de ADICAE GALICIA- que nos expoñerá sobre como reclamar cando temos un problema de consumo, en especial nos sectores máis reclamados -banca, electricidade, telefonía e seguros-.

http://galicia.adicae.net/

Despois da exposición dará a coñecer algunhas das reclamacións mais comúns co CADERNO DE RECLAMACIÓNS DE ADICAE, e nos levará polo mundo do consumo para ensinarnos a coñecer os nosos dereitos e a defendernos de todos os abusos que se cometen día a día en contra dos intereses dos cidadáns como consumidores.

ADICAE é unha Asociación de Consumidores e Usuarios de ámbito estatal cunha traxectoria de máis de 17 anos ó servizo da defensa dos intereses e dereitos dos consumidores que conta cunha base social formada por milleiros de soci@s e persoas consumidoras simpatizantes que lle véñen dando o seu apoio. 

ADICAE está presente en Galicia dende o ano 2004 constituída como ADICAE GALICIA, desenrolando as súas actividades en defensa dos consumidores e usuarios.

Se queres saber máis de ADICAE GALICIA fai clic AQUÍ, ou en calquera dos enlaces clicando no seu nome.

ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO


 VEN E PARTICIPA!

 


 

"COMECHÍNS" contacontos con Alba Bermúdez de Triatreros Teatro

https://www.dropbox.com/s/roqdfr44ue857dn/2015-04-10%20triateros%20-%20comechins1.jpg?dl=0

Continuamos en BIBLIOPAZOS coas actividades de Animación á Lectura dentro da programación de Ler Conta Moito de 2015.

O venres 10 de Abril, ás 11:00 horas na Sala de Lectura terá lugar a actuación da contacontos Alba Bermúdez de Triatreros Grupo Teatro que nos traerá o espectáculo de narración oral dirixido a nenos e nenas de 4 a 10 anos "Comechíns" no que os cativos e os non tan cativos coñecerán eses inconvintes relacionados cos alimentos, tan habituais hoxe en día...

Este espectáculo está incluído no programa LER CONTA MOITO 2015.


VEN A BIBLIOPAZOS E PARTICIPA DAS ACTIVIDADES!

 

martes, 7 de abril de 2015

"CONTOS LITERARIOS" con Avelino González

https://www.dropbox.com/s/sfar2w5dqsvat3k/2015-04-08%20avelino%20gonzalez%20-%20contos%20literarios1.jpg?dl=0

Seguindo coa programación de Animación á Lectura 2015 de BIBLIOPAZOS, o próximo mércores 8 de Abril, ás 13:00 horas na Sala de Lectura, contaremos co actor e monologuista (entre outras cousas) AVELINO GONZÁLEZ.

Avelino González deleitaranos cos seus "Contos literarios", un espectáculo dirixido á mocidade que fará que os asistentes disfruten dunha sesión moi divertida a través das súas narracións orais dramatizadas nas que muda a palabra escrita pola palabra falada.

Actividade incluída no programa

VEN A BIBLIOPAZOS
E 
PARTICIPA DAS ACTIVIDADES!

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger