Seguindo o abecedario percorreremos un camiño, cheo de compromiso e defensa do país. Dende a pintura, a literatura e a política achegarémonos ao universo Castelao.No 2025 conmemoramos o cabodano da morte de quen foi un dos fundadores da Galicia na que noxe vivimos. Non é doado sintetizar a obra inmensa dun home que foi novelista, dramaturgo, ensaísta, entógrafo, debuxante, pintor, teórico da arte e político.Por iso a función artéllase dende o abecedario onde cada letra agocha contos, anacos de textos teatrais e artigos.O "Alfabeto Castelao" procura achegar á rapazada e tamén a mozos e adultos, o legado do gran intelectual galego que defendeu sempre a necesidade de construir unha arte e cultura propia na lingua do seu país.Os textos están adaptados a diferentes idades, e acompáñanse de proxeccións da obra pictórica e gráfica de Castelao.
CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN: Información sobre lectura, servizos, actividades e novas tecnoloxías
mércores, 16 de abril de 2025
"ALFABETO CASTELAO" de SOLEDAD FELLOZA para conmemorar o "ANO CASTELAO" e o "DÍA MUNDIAL DO LIBRO"
mércores, 24 de abril de 2024
Seguimos conmemorando o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITOS DE AUTOR con Raquel Queizás e o seu espectáculo "RAPOSADAS"
Continuamos coas actividades do Programa de Animación á Lectura e Dinamización da Lingua Galega de 2024 na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén para conmemorar o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR que se celebra en todo o mundo o día 23 de abril de cada ano desde que tivo a sua orixe o 15 de Novembro de 1995 como unha maneira de render unha homenaxe a grandes escritores universais como Miguel de Cervantes, Garcilaso de la Vega, William Shakespeare, Vladimir Nabokov, Josep Pla e Manuel Mejías Vallejo, entro moitos outros. Foi a través da UNESCO que se decretou este día co obxectivo de fomentar a lectura entre todos os públicos, a cultura e as letras no mundo, ademais de protexer a propiedade do dereito de autor, a iniciativa da Unión Internacional de Editores.
E é que ler axúdanos a coñecer culturas, a viaxar no tempo e a cultivar a nosa mente.
Vide escoitar "Raposadas" para coñecer a nosa tradición oral, para que perdure e non se perda. Contos, ditos, adiviñas que xa moitos de nós coñecemos da nosa nenez e agora as nosas crianzas escoitan pela primeira vez. Unha maneira divertida de estreitar lazos para levar a cabo a transmisión interxeracional da lingua galega. A lingua de cada pobo é un tesouro que hai que sementar e coidar.A raposa é moi lista, é moi curiosa. Gústalle vivir libre no monte mais tamén achegarse á aldea para ver xogar ás nenas e aos nenos e escoitar os contos que lles contan na lareira.Canta o galo, sae o sol. A raposa feliz achégase a aldea cantaruxando unha melodía. Vai visitar á galiña para que lle ensine adiviñas, vai escoitar os contos da señora Lela que vive preto da escola. Agarda polas nenas e nenos para xogar con carozos de millo, con paus e con pedras. Vaille botar unha carreira ao sapo e aprender con el traballos do campo.Xa se pon o sol, a raposa ten que marchar para despedirse dela todos póñense a danzar.Colleita de contos populares de animais de tradición oral da nosa terra, que alimentaron, alimentan e alimentarán a moitas nenas e a moitos nenos galegos.Os contos de tradición oral seleccionados están protagonizados por animais personificados que se debaten entre o uso da forza bruta e o uso da intelixencia para a resolución de conflitos. Moitos destes contos, ademais de mostrarnos as características que definen a cada animal, buscan describir e explicar unha forma de vida fomentando o respecto pola natureza. Axudan a coñecer a contorna natural e familiar que nos fai pobo a través da nosa lingua, os nosos contos, as nosas adiviñas, os nosos xogos e as nosas cancións.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.
domingo, 21 de abril de 2024
“A NENA QUE SE COMÍA TODOS OS CONTOS” de “TRÉMOLA TEATRO” para conmemorar o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR
Elisa, unha nena que quería ser a máis lista do mundo, e sabía que a resposta estaba nos libros!
Pero... en vez de lelos, comíaos.A ver se coa vosa axuda conseguimos que Elisa convértase na persoa máis lista do mundo.
domingo, 31 de marzo de 2024
ACTIVIDADES EDUCATIVO-CULTURAIS E DE ANIMACIÓN Á LECTURA DO MES DE ABRIL DE 2024

A partir dunha colección de contacontos aprenderemos un montón de cousas con Leo, o león máis curioso de toda a selva.Un día, unha choiva de pompas quítalle ao Elefante Ante e a Tartaruga Uga as súas cores. Será capaz Leo, coa vosa axuda de devolverlle as cores aos seus amiguiños?
Sabías que nos corredores de Ikea acontecen cousas marabillosas e máxicas? Que si atopas un cadro, unha cadeira, unha boneca de trapo ou un adhesivo... poden cobrar vida? Iso foi o que lle pasou a Daniela. Unha nena que atopou a alguén especial neses corredores có que compartirá unha gran aventura...Daniela é unha nena de cinco anos e medio con cancro que pasa longas tempadas no hospital, pero que cando pode irse a casa de vacacións unha das cousas que mais gústalle é ir a Ikea. E será precisamente nese centro comercial onde lle atope a el, a Klad, un papagaio adhesivo que moi pronto deixará de selo...
Elisa, unha nena que quería ser a máis lista do mundo, e sabía que a resposta estaba nos libros!
Pero... en vez de lelos, comíaos.A ver se coa vosa axuda conseguimos que Elisa convértase na persoa máis lista do mundo.
Vide escoitar "Raposadas" para coñecer a nosa tradición oral, para que perdure e non se perda. Contos, ditos, adiviñas que xa moitos de nós coñecemos da nosa nenez e agora as nosas crianzas escoitan pela primeira vez. Unha maneira divertida de estreitar lazos para levar a cabo a transmisión interxeracional da lingua galega. A lingua de cada pobo é un tesouro que hai que sementar e coidar.A raposa é moi lista, é moi curiosa. Gústalle vivir libre no monte mais tamén achegarse á aldea para ver xogar ás nenas e aos nenos e escoitar os contos que lles contan na lareira.Canta o galo, sae o sol. A raposa feliz achégase a aldea cantaruxando unha melodía. Vai visitar á galiña para que lle ensine adiviñas, vai escoitar os contos da señora Lela que vive preto da escola. Agarda polas nenas e nenos para xogar con carozos de millo, con paus e con pedras. Vaille botar unha carreira ao sapo e aprender con el traballos do campo.Xa se pon o sol, a raposa ten que marchar para despedirse dela todos póñense a danzar.Colleita de contos populares de animais de tradición oral da nosa terra, que alimentaron, alimentan e alimentarán a moitas nenas e a moitos nenos galegos.Os contos de tradición oral seleccionados están protagonizados por animais personificados que se debaten entre o uso da forza bruta e o uso da intelixencia para a resolución de conflitos. Moitos destes contos, ademais de mostrarnos as características que definen a cada animal, buscan describir e explicar unha forma de vida fomentando o respecto pola natureza. Axudan a coñecer a contorna natural e familiar que nos fai pobo a través da nosa lingua, os nosos contos, as nosas adiviñas, os nosos xogos e as nosas cancións.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.
luns, 11 de abril de 2022
DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITO DE AUTOR 2022
- A Biblia, foi o libro máis universal e vendido en todo o mundo. A súa influencia foi incuestionable e hoxe segue sendo un dos máis importantes e influentes no planeta enteiro.
- A Iliada, de Homero é considerada unha das grandes obras literarias de todos os tempos, onde se mestura toda a historia cultural e social da antiga Grecia, con personaxes mitolóxicos envoltos nunha fascinante historia de amor.
- Obras completas, de William Shakespeare. Toda a súa obra literaria é universal. Traducida a case todos os idiomas e representadas nos mellores escenarios e teatros de todo o mundo.
- Don Quixote da Mancha, de Miguel de Cervantes. Esta maxistral obra da literatura española foi traducida a moitos idiomas. Chea dunha gran xenialidade logrou cativar ao público lector de todas as idades.
- Harry Potter, de J. K. Rowling. Este libro foi toda unha revolución; con case 400 millóns de copias vendidas, está entre os máis buscados e aceptados por grandes e pequenos.
- O Diario de Ana Frank. Un dos relatos máis conmovedores e alecionadores, contado por unha nena durante o exterminio nazi. Foi traducido a moitos idiomas ao redor do mundo.
- Cen Anos de Soidade, de Gabriel García Márquez. É considerada unha verdadeira obra mestra da literatura hispanoamericana e universal.
Fonte: https://www.diadellibro.eu/dia-del-libro-2022; UNESCO World Book Capital e diainternacionalde.com
venres, 16 de abril de 2021
"CANTOS, CONTOS E OUTRAS ANIMALADAS" con Ana Facchini - Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor
A cuarta actividade coa que damos por rematadas as conmemoracións do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL e do DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR neste mes de abril consiste nun contacontos que terá lugar o
Venres 23 de Abril ás 12:30 horas
na
EEI Infantil "A Galeriña" de Nespereira
na que participarán todos os seus alumnos e alumnas.
Desta vez a contadora ANA FACCHINI levaralle aos
rapaces e rapazas o seu espectáculo "CANTOS, CONTOS E OUTRAS
ANIMALADAS"; unha actividade na que os contos de animais da nosa infancia reinvéntase
en historias actuais cheas de amor, humor e tenrura.
Pequenas historias contadas e cantadas por
animais nunha viaxe por montes, ríos, alamedas, fragas e camiños.
Peludos, tenros, comellóns, medorentos,
curiosos, teimudos e sempre adorables! Un lobo famento, unha granxa ruidosa, un
gato en apuros, unha ovella preguntona... Ovo, rato ou toupa? Atrévete a
descubrir que se agocha entre tanta animalada!!
mércores, 14 de abril de 2021
"CONTOS DIVERSOS" con Miguel A. Alonso Diz para conmemorar o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor
A segunda actividade prevista para a conmemoración durante este mes de abril do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL e do DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR, terá lugar o próximo
xoves, 23 de abril de 2020
DIA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR - 23 DE ABRIL
A UNESCO, decidiu na súa Conferencia Xeral celebrada en París en 1995, render unha homenaxe universal aos libros e autores nesta sinalada data, alentando a todos, e en particular aos mozos, a descubrir o pracer da lectura e a valorar as insubstituíbles contribucións daqueles quen impulsou o progreso social e cultural da humanidade. Por este motivo, a UNESCO creou o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, así como o Premio UNESCO de literatura infantil e xuvenil en prol da tolerancia.
OS LIBROS SON A XANELA AO MUNDO DURANTE O Covid-19
Agora máis que nunca, cando a maioría das escolas de todo o mundo mantéñense pechadas e as persoas vense obrigadas a limitar o tempo que pasan fóra dos seus fogares, debemos aproveitar o poder dos libros para combater o illamento, reforzar os lazos entre as persoas e ampliar os nosos horizontes, ao mesmo tempo que estimulamos as nosas mentes e creatividade.
Durante o mes de abril e durante todo o ano, é fundamental dedicar tempo para ler só ou cos seus fillos. É un momento crucial para celebrar a importancia da lectura, fomentar que os nenos e nenas convértanse en lectores e promover un amor para sempre pola literatura e a integración da lectura no mundo do traballo.
CELEBREMOS O DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR
Do 1 ao 23 de abril, a UNESCO comparte citas, poemas e mensaxes que simbolizan o poder dos libros e fomentan ao mesmo a lectura, para crear sentido de comunidade a través desas lecturas compartidas. Desta maneira, os lectores de todo o mundo poden conectarse e sentirse menos sós ou soas.
---------------------------------------------------------------------------------------------
Neste período de incerteza, son moitas as persoas que recorren aos libros para vencer o confinamento e a preocupación.
De feito, os libros teñen esa capacidade única de entreternos, de instruírnos, de ser á vez o instrumento que serve para saír de si mesmo e para atoparse cun autor, unha autora, un universo ou unha cultura, e de ofrecer un tempo para mergullarse máis profundamente en si mesmo. Dese modo, os libros trazan, páxina tras páxina, os camiños para deambular na intimidade do pensamento humano de todos os tempos e todos os lugares, o que tamén se denomina liberdade.
Necesitamos toda a maxia de os libros en un momento en que lembramos colectivamente o esenciais que son para nós a literatura e todas as demais artes.
Ao celebrar os libros, tamén celebramos ás súas autoras e autores que nos ofrecen eses fragmentos de vida, eses universos, unha xanela e unha mirada sobre o mundo. Por iso, esta celebración ten lugar o 23 de abril, data do aniversario da morte de William Shakespeare, Miguel de Cervantes e Inca Garcilaso de la Vega, que alimentaron os nosos imaxinarios desde fai catro séculos.
Con eles, tamén rendemos homenaxe a todas as profesións do libro, a edición, a publicación e a tradución, que garanten a difusión do noso patrimonio literario e permiten que as novas creacións atopen un lugar para expresarse e que as ideas circulen.
Estas profesións deben ser protexidas e valoradas. Iso é aínda máis certo neste período de COVID-19, que expón un perigo profundo e duradeiro para esta economía do encontro que é a cultura.
Por ese motivo, a UNESCO valora o labor dos editores, en particular mediante as alianzas que estableceu coa Federación Internacional de Asociacións de Bibliotecarios e Bibliotecas e a Unión Internacional de Editores.
Para que o poder da lectura exérzase plenamente, e para que todas e todos atopen refuxio, soños, coñecemento e reflexión nela, é importante ter acceso aos libros. Este é o significado do compromiso de Kuala Lumpur, que este 23 de abril convértese na Capital Mundial do Libro 2020, en particular grazas á súa determinación de promover a alfabetización e o desenvolvemento dunha cultura do libro inclusiva.
Nestes tempos nos que a lectura é tan valiosa, o noso compromiso común en favor da integración na lectura e a través dela cobra todo o seu valor.
Para este Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, convido a todas e a todos a empezar libros, a pasar as súas páxinas e a atopar neles un sopro de aire fresco para o presente e o futuro.




















