E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

domingo, 21 de abril de 2024

“A NENA QUE SE COMÍA TODOS OS CONTOS” de “TRÉMOLA TEATRO” para conmemorar o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR

Despois de celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil coas eventos realizados os días 2 e 5 de abril, na Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén continuamos coas actividades do noso Programa de Animación á Lectura e Dinamización da Lingua Galega de 2024 nesta ocasión para conmemorar o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR.

O DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR celébrase en todo o mundo o día 23 de abril de cada ano desde o 15 de novembro de 1995 en que tivo a sua orixe como unha maneira de render unha homenaxe a grandes escritores universais como Miguel de Cervantes, Garcilaso de la Vega, William Shakespeare, Vladimir Nabokov, Josep Pla e Manuel Mejías Vallejo, entro moitos outros; e foi a través da UNESCO que se decretou ese día co obxectivo de fomentar a lectura entre todos os públicos, a cultura e as letras no mundo, ademais de protexer a propiedade do dereito de autor, a iniciativa da Unión Internacional de Editores. E é que ler axúdanos a coñecer culturas, a viaxar no tempo e a cultivar a nosa mente.

E empezamos as conmemoracións deste importante día coa seguinte actividade:


O Martes 23 de Abril en dúas sesións ás 11:15 e 13:00 horas que terán lugar no Auditorio do Concello teremos o espectáculo “A NENA QUE SE COMÍA TODOS OS CONTOS” que nos traerá a actriz REBECA SOLLA de “TRÉMOLA TEATRO”.

Na primeira sesión ás 11:15 horas están convidados a asistir o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; e o alumnado da EEI “A Galeriña” de Nespereira.

Na segunda sesión ás 13:00 horas convidamos ao alumnado de 3º a 6º de Primaira do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; a os usuarios da Asociación ASPAVI; e a todos aqueles veciños e veciñas que queiran asistir se ben teñen que inscribirse previamente chamando ao teléfono da Biblioteca (986 497 273).

“A NENA QUE SE COMÍA TODOS OS CONTOS” é un contacontos teatralizado da compañía Trémola Teatro que conta o seguinte...
Elisa, unha nena que quería ser a máis lista do mundo, e sabía que a resposta estaba nos libros!
Pero... en vez de lelos, comíaos.

A ver se coa vosa axuda conseguimos que Elisa convértase na persoa máis lista do mundo.

Animádevos a conmemorar o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR participando en calquera das actividades que se realizan en bibliotecas, escolas e outras institucións do país e, sobre todo, animando a todo o mundo (nenos/as, mozos/as e adultos) a que lean polo menos 20 minutos cada día.

Para calquera información sobre a programación podedes contactar coa Biblioteca por Teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por correo electrónico a biblioteca@pazosdeborben.org no noso horario habitual de apertura.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger