domingo, 21 de abril de 2024

DIA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR 2024


A UNESCO convídanos a celebrar o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR o 23 de abril de cdada ano en todo o mundo. Así promove a creatividade, a diversidade e a igualdade de acceso ao coñecemento.

Esta efeméride entronca con outras iniciativas relacionadas, como a Rede de Cidades Creativas da UNESCO, e os programas que apoia de fomento da alfabetización e aprendizaxe móbil, con compromisos claros como o incremento de propostas que promulgan o acceso libre ao coñecemento científico e aos recursos educativos.

Grazas á participación activa de autores, editores, docentes, bibliotecarios, institucións públicas e privadas, Ong humanitarias e medios de comunicación, así como de todos aquelas persoas e entidades motivadas para colaborar nesta celebración do libro e os autores, o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor converteuse nun evento que reúne a millóns de persoas en todo o planeta. 

En España, o Ministerio de Cultura, a través da Dirección Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura, encarga a unha artista a realización dun cartel conmemorativo que, neste caso, foi obra da ilustradora Luci Gutiérrez (Barcelona, 1977), que foi Premio Nacional de Ilustración 2023 “pola súa excepcional traxectoria e por ser unha das artistas máis sobresalientes no panorama actual, referente da ilustración española dentro e fóra das nosas fronteiras”.

Este cartel vai acompañada dunha frase do último autor galardoado co Premio de Literatura en Lingua Castelá ‘Miguel de Cervantes’. En 2023 foi Luis Mateo Díez, de cuxa obra se escolleu, para inspirar o deseño, a frase "vivo contando e conto vivindo, a ficción é unha parte imprescindible da existencia".

Produciuse nas distintas linguas do Estado e está dispoñible, en libre descarga, para o seu uso en bibliotecas, aulas ou de forma particular a través da web que a Direción Xeral do Libro, do Cómic e da Lectura creou para albergar todas as actividades relacionadas con esta celebración.

O Ministerio de Cultura ofrece unha ampla axenda conmemorativa de actividades que se estenderán ao longo da denominada Semana cervantina desde o 15 de abril, cando se inaugura co tendido de bandeirolas na fachada da súa sede en Madrid. O programa estenderase durante dúas semanas, incluíndo a entrega do Premio Literatura en Lingua Castelá Miguel de Cervantes a Luis Mateo Díez.

A razón pola que se celebra nesta data, como todo o mundo sabe, é porque trátase dun día simbólico na literatura universal xa que coincidiu, un 23 de abril de 1616, o falecemento de grandes autores como Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. Tamén nun 23 de abril naceron –ou morreron– outros escritores eminentes como Vladimir Nabokov, Josep Pla ou Manuel Mejía Vallejo. A Conferencia Xeral da UNESCO escolleu este día, en 1995, como unha forma de fomentar a lectura, recoñecer a figura do autor e procurar o fortalecemento da industria editorial de cada país.

Desde a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén animámosvos a conmemorar o DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR participando en calquera das actividades que se realizan en bibliotecas, escolas e outras institucións do país e, sobre todo, animando a todo o mundo (nenos/as, mozos/as e adultos) a que lean polo menos 20 minutos cada día.

Fonte: Canal Lector, UNESCO e Ministerio de Cultura

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger