sábado, 7 de maio de 2016

A TRIBO TEN CATRO RÍOS

A TRIBO TEN CATRO RIOS 
Autor: Manuel María
Ilustración da cuberta: Fran Jaraba
Ediciones SM, 1991 
Colección "Barco de Vapor" Serie vermella

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa

Idade recomendada: + 12 anos 

Manuel de Paderna é barbeiro e alguacil do concello. E, tamén, poeta. El coñece os versos que fan nacer regatos e erguer quioscos de música. Enténdenlle a súa fala as fontes e o río é amigo seu. E teu, se o queres soñar.

Aínda que a don Capitón, o alcalde, non é que lle chisten moito esas andrómenas...

MANUEL MARÍA, un dos autores fundamentais da literatura galega contemporánea, recupera nesta "crónica" a outra Historia, lúdica e entrañable, do seu Outeiro de Rei natal.

ISBN: 978-84-348-3441-3
Nº de páxinas: 92 
Encadernación: Tapa branda


venres, 6 de maio de 2016

OLO-IEPU-IEPU

OLO-IEPU-IEPU
Ilustracións: Noemí López
Editorial Galaxia S.A., 1999
Colección: Árbore

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa

Idade recomendada: + 6 anos

Esta historia trata sobre unha tribo de África, chamada Mangala.

Os homes e as mulleres de Mangala son os mellores contacontos do mundo enteiro. E non é fácil. Deben adestrarse arreo.

Así, cada serán xúntanse na praza redonda da aldea, saudándose cun forte "¡Olo!". E alí empezan a contar historias dun rei que quere un cabalo branco, dun rapaz que embotellou a morte, contos de porcos e de monos e de como naceron algúns animais...

En fin, non paran de contar cousas e pásano moi ben.

ISBN: 978-84-8288-277-5
Nº de páxinas: 80
Encadernación:Rústica



xoves, 5 de maio de 2016

¡VAICHE BOA!

 
¡VAICHE BOA!
Autor: Paul Jennings
Traducción: Dolores Martínez Torres
Ilustracións: Kiko da Silva
Editorial Galaxia S.A., 1999
Colección: Sete Mares, nº 4

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: + 9 anos 

Unha barra de labios que volve tolas as rapazas.

Uns calzóns que proporcionan calidades prodixiosas a quen os pon.

O esterco dun xardiñeiro afeccionado que produce unha praga de moscas.

Unha cola milagrosa que, despois de catro horas, deixa de funcionar.

Un esqulete no retrete e osos que camiñan pola praia...

Vaiche boa!

Prepárate, le e verás: estas alucinantes historias hai que gozalas con cautela: producen adicción á lectura...

ISBN: 84-8288-302-X
Nº de páginas: 162
Encadernación: Tapa blanda



mércores, 4 de maio de 2016

O SORRISO DE ROSALÍA

O SORRISO DE ROSALIA
Autora: Cristina Sáez Cazallas
Ilustracións: Noemí López
Everest Galicia S.L.
Colección: Ler e Vivir - Serie Verde

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: + 8 anos

Rosalía ten o sorriso máis grande do mundo, pero o seu tesouro máis prezado é a súa imaxinación, que a levará a coñecer lugares que só podemos visitar na compaña dos libros.

Non esquece levar na súa mochila sorrisos de xenerosidade e de solidariedade, a memoria dos contos e unha caixa baleira para gardar as cores da amizade que lle irán regalando os seres de ficción que atopará polo camiño.

ISBN: 978-84-403-0517-6
Nº de páxinas: 84
Encuadernación: Tapa blanda



martes, 3 de maio de 2016

CORREO URXENTE

CORREO URXENTE
Autora: Paula Carballeira
Ilustracións: Xan López Domínguez
Rodeira, 2002
Colección Tucán - Serie Azul, nº 33 

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa

Idade recomendada: + 6 anos 

Milio é un bo cociñeiro. E coñece moitas historias divertidas, historias que lles conta á súa irmá e aos nenos e ás nenas. Porque Milio é o cociñeiro dun colexio.

ISBN: 978-84-8116-871-8
Nº de páxinas: 126
Encadernación: Tapa blanda

luns, 2 de maio de 2016

MANUEL MARÍA. ANTOLOXÍA POÉTICA

MANUEL MARÍA. ANTOLOXÍA POÉTICA
Autor: Manuel María
Selección e Edición: Miguel A. Mato Fondo e
Miguel Anxo Fernán-Vello
Edicións Espiral Maior, 1993
Colección: Espiral Maior Poesía

Xénero: Poesía Galega

A presente antoloxía recolle a producción poética do autor desde 1950 até a data de publicación do libro, sendo polo tanto a máis completa das que se ocuparon da súa obra e unha aportación esencial para achegarnos ao universo dun dos máis importantes poetas das nosas letras contemporáneas.

Manuel María naceu en Outeiro de Rei (Terra Chá) en 1929. Autor dunha extensa obra poética traducida a varios idiomas, inicia a súa vida cultural en Lugo, nas tertulias de postguerra animadas por autores como Luis Pimentel e Anxel Fole, entre outros.
 
ISBN: 84-88137-12-5
Nº de páxinas: 149
Encadernación: Tapa branda
Formato: 21 x 14,5 cm


domingo, 1 de maio de 2016

A PRINCESA DURMIDA

A PRINCESA DURMIDA
Tradución e adaptación: Ramón Álvarez Losada
Ilustracións: Julian Jordán e Eva López
Edicións Sálvora
Colección: Os meus contos clasicos favoritos 

Xénero: Contos infantís

Idade recomendada: + 5 anos 

Hai moitísimo tempo vivían nun país moi lonxe un rei e unha fermosa raíña que devecían por teren un fillo. Pero os anos pasaban e o seu desexo non se cumpría.

Un día, cando a raíña se bañaba nun tranquilo río, apereceu unha ra e anuncioulle que antes dun ano había ter unha nena.

A ra non mentiu e ó cabo dun ano a raíña tivo unha fermosa meniña... 
 
ISBN: 84-88724-16-0
Nº de páxinas: 44
Encadernación: Tapa dura
Formato: 21 x 31 cm


BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger