venres, 6 de maio de 2016

OLO-IEPU-IEPU

OLO-IEPU-IEPU
Ilustracións: Noemí López
Editorial Galaxia S.A., 1999
Colección: Árbore

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa

Idade recomendada: + 6 anos

Esta historia trata sobre unha tribo de África, chamada Mangala.

Os homes e as mulleres de Mangala son os mellores contacontos do mundo enteiro. E non é fácil. Deben adestrarse arreo.

Así, cada serán xúntanse na praza redonda da aldea, saudándose cun forte "¡Olo!". E alí empezan a contar historias dun rei que quere un cabalo branco, dun rapaz que embotellou a morte, contos de porcos e de monos e de como naceron algúns animais...

En fin, non paran de contar cousas e pásano moi ben.

ISBN: 978-84-8288-277-5
Nº de páxinas: 80
Encadernación:Rústica



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger