sábado, 16 de maio de 2015

LA VUELTA AL MUNDO EN 80 DÍAS

LA VUELTA AL MUNDO EN 80 DÍAS
Autor: Julio Verne
Ilustraciones: Silvina Socolovsky
Editorial:  Susaeta Ediciones, S.A, 2012
Colección: Leer con Susaeta

Género: Narrativa infantil

Edad recomendada: + 10 años.

El escritor francés Julio Verne es el padre de la literatura de ciencia ficción. En sus novelas siempre incluía los avances científicos de su tiempo y, gracias a su intuición, se anticipó al submarino o a los viajes espaciales.

En 1872 publicó por entregas "La vuelta al mundo en 80 días" y fue tal su éxito que se cruzaron a puestas reales.

Con la lectura de este libro, además de animar a leer a los que están empezando,  se despertará la imaginación de los pequeños lectores, motivándoles para que disfruten leyendo y dándoles confianza en su progresiva capacidad lectora. 

Ofrece en sus 72 páginas una versión adaptada de este clásico de la literatura que atrae a niñas y niños de 10 a 11 años por la cercanía con sus personajes y aventuras; y con unas ilustraciones muy atractivas, con escenas ricas en contenido y detalle, que alternan con algunas páginas enteras de texto, que va en un tipo de letra de menor tamaño.

Puedes descargar las actividades de este libro haciendo clic AQUÍ.
 
ISBN: 978-84-677-2184-3
Encadernación: Tapa dura.
Formato: 20 x 14 cm
Nº de páginas: 72

MILLO VERDE

MILLO VERDE
Autor: Xosé Fernández Ferreiro
Editorial: Edicións Xerais de Galicia, S.A
Ano de edición: 2002

Xénero: Narrativa

Unha mañá os periódicos de Vilagrande do Sur publican nas súas primeiras páxinas a noticia de que un profesor dun coñecido instituto de ensino medio da cidade foi detido pola suposta violación dunha alumna menor de idade.

Todo o mundo queda conmocionado ante a noticia, dada a popularidade e o prestixio do acusado, o que dá orixe a todo tipo de comentarios e especulacións. ¿Cómo era posible semellante cousa? ¿Non sería víctima dunha calumnia? Mais, ¿por que?, ¿por quen? Esta é a cuestión que a todos perturba e escandaliza. O profesor convértese nun proscrito a quen ameazan, insultan e ata agreden. Mentres a rapaza pasa por outro inferno.

"Millo verde" ten un sorprendente e inesperado desenlace, mais isto non mitiga o drama social que na novela se presenta con toda a crueldade e que marca a fogo e para sempre a vida dos personaxes.

ISBN: 84-8302-824-7
Encadernación: Tapa branda
Formato: 22 x 15 cm
Nº de páxinas: 175

venres, 15 de maio de 2015

Festa do DIA DAS LETRAS GALEGAS en Pazos de Borbén

Hoxe venres no Concello de Pazos de Borbén celébrase por todo o alto o DÍA DAS LETRAS GALEGAS cun gran concerto
musical a cargo de diversos grupos musicais da localidade que interpretarán temas populares galegos.

O acto será esta tarde a partir das 20:30 horas, no Salón de Actos da Casa do Concello que será o escenario deste gran concerto.



Os grupos participantes son: 

  • Coral Polifónica da Asociación de Pensionistas de Pazos de Borbén. 
  • Coral Santa María de Pazos. 
  • Grupo de Pandereteiras "Novas Amizades" de Nespereira.

Evento organizado pola Concellaría de Cultura e Deportes do Concello de Pazos de Borbén coa colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra.

ESPERÁMOSVOS A TODOS
PARA CELEBRAR O

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

NON FALTEDES!

Obradoiro "IMOS XOGAR CON XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE" con Patricia Martínez de Eduvía

Venres 15 de Maio 
na Sala de Lectura de BiblioPazos
ás 11:00 horas
conmemoraremos
o

homenaxeando ao
historiador, escritor, político e etnógrafo

Xosé Fernando Filgueira Valverde

co obradoiro

"Imos xogar con Xosé Filgueira Valverde!"

a cargo de
Patricia Martínez de EDUVIA.

Esta actividade está dirixida á mocidade,  nenos e nenas de entre 4 e 12 anos e colectivos con necesidades especiais.

Por medio dun dirvertido xogo por equipos, os participantes descubrirán a orixe e significado do Día das letras Galegas achegándose á obra do autor homenaxeado neste ano 2015.

Organizado pola Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén (BiblioPazos) no Programa de actividades de Animación á Lectura 2015 en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través do programa LER CONTA MOITO.

VEN A BIBLIOPAZOS E PARTICIPA!

TONECHO DE REBORDECHAO

TONECHO DE REBORDECHAO
Autor: Breogán Riveiro
Ilustracións: Evaristo Pereira
Editorial: Galaxia, S.A
Ano de edición: 2012

Xénero: Narrativa
Idade recomendada: + 12 anos.

Rebordechao é unha aldea que queda alá por...chegando á... O certo é que non é doado atopar Rebordechao, nen sequera aínda que a busques.

Neste lugar perdido vive Tonecho, o neno máis bo e máis guapo, o mellor de todos, porque en Rebordechao... non quedan máis nenos ca el.

Premio Raíña Lupa 2004 da Deputación da Coruña.

ISBN: 978-84-8288-864-4
Encadernación: Tapa branda
Serie: Árbore
Nº de páxinas: 160

xoves, 14 de maio de 2015

UNA MALA MUJER. La prostitución al descubierto


UNA MALA MUJER 
La prostitución al descubierto 
Autor: Montse Neira
Plataforma Editorial 2012
Colección: Testimonio 

La autora presenta un testimonio excepcional: el de una mujer que ejerce la prostitución y defiende, por encima de todo, la dignidad de las personas.

¿Qué realidades esconde la prostitución? ¿Es violencia de género? ¿Es trata de seres humanos? ¿Debe vincularse con drogas, con proxenetas? ¿Puede una persona, hombre o mujer, ejercer la prostitución y desarrollar todo su potencial como persona? ¿O es una víctima que necesita ayuda para insertarse socialmente?

La prostitución es una realidad social sobre la que se suele opinar con prejuicios, aunque sean muy pocos los que la conocen de primera mano. Por su parte, los medios de comunicación, con sus titulares y noticias sensacionalistas, nos la muestran como un ejemplo de miseria humana. Tampoco los partidos políticos han sabido enfocarla adecuadamente, con valentía y sin hipocresías.

En Una mala mujer, Montse Neira ofrece su propio testimonio como prostituta con el fin de romper con muchos tópicos que iimperan en este desconocido mundo. 

Su historia defiende la dignidad de las personas, a la vez que nos muestra los entresijos de una realidad social que en buena medida permanece oculta.

ISBN: 978-84-15115-71-7
Encuadernación: Rústica con solapas
Formato: 22 x 14 cm
Páginas: 144

mércores, 13 de maio de 2015

GALLEIRA PASSPORT

GALLEIRA PASSPORT
Crónicas Viaxeiras do século XXI
Autor: Luis Menéndez
Editorial: Alvarellos Editora
Ano de edición: 2014

Xénero: Narrativa

"Galleira" é Galicia na xerga gremial dos afiadores, o irónico e mundial barallete. O termo serviulle de alicerce a Luís Menéndez, xornalista ambulante, para ganduxar relatos de tres inesquecibles travesías polas realidades multiculturais de vinte e seis países.

Desde Irlanda a Bretaña, de Estonia a Chipre, de Brasil e Timor-Leste ata Mozambique...

Como sinala Manuel Rivas no Limiar, "Galleira Passport" é unha descuberta que supón unha revolución óptica sobre a galeguidade e un agasallo conmovedor e sutil que xa pertence para sempre a esa arca onde atesouramos o imprescindíbel.

ISBN: 978-84-89323-57-5
Encadernación: Tapa branda
Formato: 23 x 13 cm
Nº de páxinas: 240

martes, 12 de maio de 2015

ÉRASE UNHA VEZ UNS ZAPATOS... con Fátima Fernández

 O Martes 12 de Maio
na
Sala de Lectura de BiblioPazos
ás 13:00 horas
nova sesión de CONTACONTOS con

FÁTIMA FERNÁNDEZ

e o seu espectáculo


dirixido a nenos e nenas de 4 a 12 anos e a colectivos con necesidades especiais: físicas e psíquicas.

"Que sería do gato con botas sen as botas, de Cincenta sen o zapato de cristal, se os trasnos non lle fixesen zapatos ao zapateiro... Sería posible o mundo dos contos que todos coñecemos se non houbese zapatos?"

Organizado pola Biblioteca Pública Municipal de Pazos de Borbén (BiblioPazos) no Programa de actividades de Animación á Lectura 2015 en colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a través do programa LER CONTA MOITO.

VEN A BIBLIOPAZOS E PARTICIPA!

O TÚNEL DO BARROSO - Novidade de lectura


O túnel do Barroso
Autor: Xoan Xosé Pérez Labaca
Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE), 2013

Neste libro cóntase a historia de Xosé Labaca, facedor de túneles na Compañía Ferroviaria del Noroeste de Vigo a Orense y Monforte, íntimamente ligada á de Pedro Floriani, enxeñeiro que fixo o viaduto de Redondela. A este, a devandita compañía non lle pagou a ponte, polo que desesperado se tirou dela, morrendo aos poucos días. Labaca tampouco recibiu o pago do túnel do Barroso, co desgusto morreu dun ataque ao corazón.

Durante máis de cen anos, tanto o túnel coma a ponte resistiron o paso de combois ducias de veces máis pesados que os primeiros trens para os que foron feitos sen que as pretendidas anomalías saíran a relucir.

Esta historia novelada, baseada nunha serie de cartas que lle dan credibilidade, retrotrae ao lector ás moitas vicisitudes dun tendido que rematou para sempre co illamento de Galicia.

Xoán Xosé Pérez Labaca, profesor xubilado. Investigador nos campos da etnografía, a historia e a gastronimía, con especial atención á zona sur de Galicia. Colaborador en distintos medios de comunicación como nos períodicos Faro de Vigo, Atlántico Diario, A Peneira, Hermes Atenea, etc., e nas revistas Pregón, Aunios, La REvista Peregrina, Espertares, Guía Gastronómica da Cadena SER, Soberosum, etc. TIvo un programa diario persoal na Cadena Si Radio de Galicia titulado "Crenzas de Galicia" e está en posesión de varios premiso periodísticos e literarios.

Formou parte de AGAXET (Asociación Galega de Xornalistas e Escritores de Turismo e Gastronomía), da Irmandade dos Vinhos Galegos, da Asociación Galega da Cultura e a Ecoloxía, do Centro de Estudos da Paradanta e do Condado, das Ordes de San Miguel de Ponteareas e de Xan Carallás de Redondela e da Asociación Cultural Gastronómica Pineiróns.

Outros libros publicados do autor:
  • Xentes destas partes. Editorial Roucalla, 1986.
  • Lendas, contos e outros relatos de Mondariz e do Balneario. Deputación Provincial de Pontevedra, 2006.
  • Anacos de cousas celtas. Editorial Alénmiño, 2008.
  • Ponteareas da ialma. Deputación Provincial de Pontevedra, 2011.
  • Aqueles oficios de preto da raia. Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía, 2012.
  • Mondariz contado a trozos (en castelá). Punto Rojo Libros, 2013.
  • Os nove tesouros do Condado e Paradanta. Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía, 2014.
  • Cazolas e Pucheiros (100 receitas do Faro de Vigo - Suplemento Condado Paradanta).
ISBN: 978-84-92867-13-4
Encuadernación: Cartoné
Formato: 23,5 x 16 cm.
Nº de páginas: 166

luns, 11 de maio de 2015

LETRAS DE XEO

LETRAS DE XEO
Autores: Pereledi (Pere Tobaruela e Ledicia Costas)
Ilustración: Andrés Meixide
Editorial: Everest Galicia, S.L
Ano de edición: 2012

Xénero: Narrativa
Idade recomendada: + 10 anos.

Unha noite de tronos e lóstregos, Lois, o fillo do conserxe do CEIP do Piñeiro, atopa cinco letras que semellan de xeo e coas que só se pode formar unha palabra con sentido:"Crime".

Velaquí o principio dun asunto que, co paso dos días, acadará dimensións insospeitadas e certamente incribles, ás que Lois se terá que enfrontar coa axuda de Xela, unha compañeira de escola; e mais a señora Matilde, unha policía nada común que a Lois lle lembra a súa avoa.
 
ISBN: 978-84-403-1215-0
Encadernación: Tapa branda
Serie: Ler é vivir
Nº de páxinas: 115

domingo, 10 de maio de 2015

LA LLAVE MAESTRA

LA LLAVE MAESTRA
Autor: Agustín Sánchez Vidal
Editorial: Punto de Lectura, S.L
Año de edición: 2007

Género: Narrativa

“La llave maestra”, susurra Felipe II en su lecho de muerte, aferrándose a un fragmento de pergamino cubierto de misteriosas inscripciones. El pergamino esconde un secreto que se remonta al origen de los tiempos, y el fragmento ha sido descubierto por Raimundo Randa, un singular agente de la temible red de espías del rey. Pero sólo es uno de los doce que componen el mensaje completo. ¿Quién posee los otros once? ¿Qué enigma encierran esos signos incomprensibles? Randa intentará responder a tales preguntas, en una apasionante odisea entre cristianos, judíos y musulmanes.

Cinco siglos después, el inquietante pergamino vuelve a estar en el centro de la historia del mundo. Quien se enfrenta ahora al misterio es un joven criptógrafo, David Calderón, experto en lenguas y claves. El reto desborda todo lo previsible, pues ha de vérselas con un código sin precedentes. Y también él tendrá que desafiar los poderosos intereses de quienes se oponen a que la llave maestra gire, finalmente, en su cerradura, y nos entregue su secreto: la herencia de Babel, el lenguaje del que procede el Universo.

"Libro muy recomendado para recuperar la fascinación lectora, de viejos tempos, tal vez perdida."
 
ISBN: 978-84-663-2046-7
Encuadernación: Tapa blanda
Formato: 19 x 12 cm.
Nº de páginas: 713

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger