martes, 12 de maio de 2015

O TÚNEL DO BARROSO - Novidade de lectura


O túnel do Barroso
Autor: Xoan Xosé Pérez Labaca
Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE), 2013

Neste libro cóntase a historia de Xosé Labaca, facedor de túneles na Compañía Ferroviaria del Noroeste de Vigo a Orense y Monforte, íntimamente ligada á de Pedro Floriani, enxeñeiro que fixo o viaduto de Redondela. A este, a devandita compañía non lle pagou a ponte, polo que desesperado se tirou dela, morrendo aos poucos días. Labaca tampouco recibiu o pago do túnel do Barroso, co desgusto morreu dun ataque ao corazón.

Durante máis de cen anos, tanto o túnel coma a ponte resistiron o paso de combois ducias de veces máis pesados que os primeiros trens para os que foron feitos sen que as pretendidas anomalías saíran a relucir.

Esta historia novelada, baseada nunha serie de cartas que lle dan credibilidade, retrotrae ao lector ás moitas vicisitudes dun tendido que rematou para sempre co illamento de Galicia.

Xoán Xosé Pérez Labaca, profesor xubilado. Investigador nos campos da etnografía, a historia e a gastronimía, con especial atención á zona sur de Galicia. Colaborador en distintos medios de comunicación como nos períodicos Faro de Vigo, Atlántico Diario, A Peneira, Hermes Atenea, etc., e nas revistas Pregón, Aunios, La REvista Peregrina, Espertares, Guía Gastronómica da Cadena SER, Soberosum, etc. TIvo un programa diario persoal na Cadena Si Radio de Galicia titulado "Crenzas de Galicia" e está en posesión de varios premiso periodísticos e literarios.

Formou parte de AGAXET (Asociación Galega de Xornalistas e Escritores de Turismo e Gastronomía), da Irmandade dos Vinhos Galegos, da Asociación Galega da Cultura e a Ecoloxía, do Centro de Estudos da Paradanta e do Condado, das Ordes de San Miguel de Ponteareas e de Xan Carallás de Redondela e da Asociación Cultural Gastronómica Pineiróns.

Outros libros publicados do autor:
  • Xentes destas partes. Editorial Roucalla, 1986.
  • Lendas, contos e outros relatos de Mondariz e do Balneario. Deputación Provincial de Pontevedra, 2006.
  • Anacos de cousas celtas. Editorial Alénmiño, 2008.
  • Ponteareas da ialma. Deputación Provincial de Pontevedra, 2011.
  • Aqueles oficios de preto da raia. Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía, 2012.
  • Mondariz contado a trozos (en castelá). Punto Rojo Libros, 2013.
  • Os nove tesouros do Condado e Paradanta. Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía, 2014.
  • Cazolas e Pucheiros (100 receitas do Faro de Vigo - Suplemento Condado Paradanta).
ISBN: 978-84-92867-13-4
Encuadernación: Cartoné
Formato: 23,5 x 16 cm.
Nº de páginas: 166

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger