sábado, 13 de febreiro de 2016

SÓ UN RELOXO

SÓ UN RELOXO
Autor: Roberto Aliaga
Editorial: Edicións La Fragatina - 2015

Xénero: Literatura Infantil - Contos
Idade recomendada: +4 anos

Marmota recibe como regalo de aniversario un reloxo. Pode parecer un obxecto sen importancia, polo menos para Pega. Pero Marmota demostrará con grande intelixencia que o seu reloxo non é só un reloxo.

Con esta preciosa fábula, narrada por Roberto Aliaga e magnificamente ilustrada por Amrei Fiedler, aprenderemos a identificar o verdadeiro valor das cousas e darémonos de conta de que, a maioría das veces, menos é máis.

Coleción: Lo Mullarero
ISBN: 978-84-16226-72-6
Encadernación: Tapa dura
Formato: 24 x 24 cm


LOS HOMBRES QUE NO AMBABAN A LAS MUJERES

LOS HOMBRES QUE NO AMABAN A LAS MUJERES
Autor: Stieg Larsson
Editorial: Ediciones Destino, S.A - 2015
Colección: Saga Millenium - Nº 1

Género: Novela negra

Harriet Vanger desapareció hace treinta y seis años en una isla sueca propiedad de su poderosa familia. A pesar del despliegue policial, n o se encontró ni rastro de la muchacha. ¿Se escapó? ¿Fue secuestrada? ¿Asesinada? El caso está cerrado y los detalles olvidados. Pero su tío Henrik Vanger, un empresario retirado, vive obsesionado con resolver el misterio antes de morir.

Mikael Blomkvist acepta el extraño encargo de Vanger de retomar la búsqueda de su sobrina. Periodista de investigación y alma de la revista Millennium, dedicada a sacar a la luz los trapos sucios de la política y las finanzas, Blomkvist está vigilado y encausado por una querella por difamación y calumnia presentada por un gran grupo industrial que amenaza con arruinar su carrera y su reputación.

Contará con la colaboración inesperada de Lisbeth Salander, una peculiar investigadora privada, socialmente inadaptada, tatuada y llena de piercings, y con extraordinarias e insólitas cualidades.

ISBN: 978-84-233-4955-5
Encuadernación: Tapa blanda
Formato: 23 x 14 cm
Nº de páginas: 677


venres, 12 de febreiro de 2016

CARLIÑOS SÚPER M

CARLIÑOS SÚPER M
Autora: Margarita del Mazo
Editorial: Edicións La Fragatina - 2014

Xénero: Literatura Infantil - Contos
Idade recomendada: +4 anos

O segundo libro da historia de Carliños. Tras descubrir o amor coas súas novas lentes de ver, o Carliños, tan fervello e observador coma sempre, tráenos unha aventura nova na que, inspirado polo voo dunha mosca, decide converterse nun superheroe moi especial.

Como é o seu traxe? Cales serán os seus superpoderes? Só tes que abrir este libro ideado por Margarita del Mazo e Guridi, e deixar que o Carliños cho conte.

Coleción: Lo Mullarero
ISBN: 978-84-16226-40-5
Encadernación: Tapa dura
Nº de páxinas: 34


AS LENTES DE VER

AS LENTES DE VER
Autora: Margarita del Mazo
Editorial: Edicións La Fragatina - 2014

Xénero: Literatura Infantil - Contos
Idade recomendada: +4 anos

O Carliños é un neno pequerrecho e baixiño que só ten ollos para a Inés. Non obstante, ela, unha rapariga alta e guapa que atrae todas as olladas, nunca o ve.

El fai todo o que está ao seu alcance para facerse notar, pero non hai maneira: para a Inés é coma se el non existise. A esperanza chégalle o día en que a Inés anuncia na escola que lle van pór “lentes de ver” e o Carliños convéncese de que as súas olladas por fin se van cruzar...

Podes seguir a historia de Carliños no seguinte libro, "Carliños súper M". 

Coleción: Lo Mullarero
ISBN: 978-84-942019-8-1
Encadernación: Tapa dura
Nº de páxinas: 30


xoves, 11 de febreiro de 2016

OS CAMIÑOS DAS ÁRBORES

OS CAMIÑOS DAS ÁRBORES
Autor: Pep Bruno
Editorial: Ediciones La fragatina - 2014

Xénero: Literatura Infantil
Idade recomendada: +3 anos

Un cativo e mais o avó pasan a tarde xuntos. O neto quere gabear a unha ameixeira e pensa que non vai dar feito, pero logo descobre que non hai que ser especialmente forte ou grande para subir á copa dunha árbore: as formigas soben, as lagartas soben... Cada árbore ten un camiño de seu e ás veces só é necesario saber mirar e agardar con paciencia a que nos sexa desvelado.

Coleción: Lo Mullarero
ISBN: 978-84-942502-0-0
Encadernación: Tapa dura
Formato: 24 x 26 cm


MORENA, PERIGOSA E ROMÁNICA

MORENA, PERIGOSA E ROMÁNICA
Autor: Pedro Feijoo
Editorial: Edicións Xerais de Galicia, S.A - 2015

Xénero: Novela de humor

Co seu permiso vou introducir un argumento: cando a señora Chismes, a veciña do segundo, chamou á miña porta, eu pensei que o que viña buscando era o meu amor. Ou un pouco sal... Pero polo visto o asunto non ía por aí. En lugar do desexo ardente de verme en roupa interior, o que aquela muller traía na cabeza eran dúas cousas ben distintas: demasiada colonia barata, e a intención de enlearme no maior roubo do século.

O que estou a piques de compartir con vostedes é a historia dun grupo de xente decidida a todo, convencida de que o mellor que poden facer para saír do desastre en que a crise converteu as súas vidas é dar o golpe definitivo, sacar adiante a empresa.

Velaquí a disparatada aventura dunha serie de superviventes deste tempo cruel, personaxes sen oficio nin beneficio coñecido, desesperados e, para maior complicación, incapaces de sumar entre todos eles unha única neurona útil... Por certo, díxenlles xa que son vostedes un público marabilloso?

ISBN: 978-84-9914-919-6
Encadernación: Tapa blanda
Nº de páginas: 431


mércores, 10 de febreiro de 2016

O VALENTE COELLO QUE QUIXO SOÑAR


O VALENTE COELLO QUE QUIXO SOÑAR
Autor: Miguel Ángel Alonso Diz
Ilustradora: Luz Beloso
Editorial: Nova Galicia Edicións - 2015

Xénero: Literatura Infantil

Idade recomendada: +4 anos

"O valente coello que quixo soñar" é unha fermosa metáfora sobre quen somos e quen podemos ser. Unha historia na que o valor, a fe nun mesmo son os verdadeiros protagonistas. O futuro é o noso con só imaxinalo e camiñar.

ISBN: 978-84-943881-1-8
Encadernación: Tapa dura
Formato: 24 x 26 cm


A NENA Á QUE NON DEIXABAN SER FELIZ

A NENA Á QUE NON DEIXABAN SER FELIZ
Autor: Miguel Ángel Alonso Diz
Ilustradora: Luz Beloso
Editorial: Nova Galicia Edicións - 2014

Xénero: Literatura Infantil
Idade recomendada: +4 anos

Sabela é unha nena que ten a valentía de declararse feliz nun mundo onde as clases privilexiadas prohibiron aos demais vivir felices. Sabela representa valores positivos como a solidaridade e xenerosidade, opostas ao abuso de tecnoloxías, á gula e á falta de liberdade.

Esta composición de fermosas ilustracións trata da felicidade, da autoestima, do pracer da vida, a arte e a creatividade; do rexeitamento do capitalismo estricto e o autoritarismo. Defende a liberdade de pensar, a amizade profunda e o recoñecemento da pluralidade, o amor universal como único camiño para acadar a felicidade individual e colectiva.

ISBN: 978-84-15164-88-3
Encadernación: Tapa dura
Formato: 24 x 19 cm


martes, 9 de febreiro de 2016

EL REGRESO DEL CATÓN

EL REGRESO DEL CATÓN
Autora: Matilde Asensi
Editorial: Planeta, S.A - 2015

Género: Novela histórica

¿Qué pueden tener en común la Ruta de la Seda, las alcantarillas de Estambul, Marco Polo, Mongolia y Tierra Santa? Eso es lo que los protagonistas de El último Catón, Ottavia Salina y Farag Boswell, tendrán que averiguar poniendo de nuevo sus vidas en peligro para resolver un misterio que arranca en el siglo I de nuestra era.

Escrita con rigor, con un ritmo que mantiene en vilo a los lectores página a página y capítulo a capítulo hasta el final, El regreso del Catón es una combinación magistral de aventura e historia con la que Matilde Asensi nos atrapa de nuevo para no dejarnos escapar hasta la última palabra.

Colección: Autores españoles e iberoamericanos
ISBN: 978-84-08-14582-0
Encuadernación: Tapa dura con sobrecubierta
Nº de páginas: 600


MARÍA FUMAÇA: CANTAR E BAILAR PARA SER MÁIS FELIZ!!!

MARÍA FUMAÇA: CANTAR E BAILAR PARA SER MÁIS FELIZ!!!
Autora: María Fumaça
Editorial: Galaxia, S.A - 2012

Coleción: Sonárbore

"María Fumaça" é un proxecto musical de celebración da vida. Ducias de artistas cantando a alegría de vivir. Uxía, Sérgio Tannus, Magín Blanco, Isaac Palacín, Tanxarina, Carlos Blanco, o noso Ruí, Familia Domínguez Senlle e moitas amigas e amigos... viaxan nun libro-disco, con CD e DVD, no tren máis festeiro que nunca houbo nin haberá.


ISBN: 978-84-9865-449-3
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22 x 26 cm


luns, 8 de febreiro de 2016

EL ÚLTIMO CATÓN

EL ÚLTIMO CATÓN
Autora: Matilde Asensi
Editorial: Planeta, S.A - 2015

Género: Novela histórica

Una novela que ha hecho Historia. Desde el archivo secreto de la ciudad del Vaticano, la hermana Ottavia Salina, paleógrafa de prestigio internacional, se enfrenta a un extraño enigma: descifrar los tatuajes aparecidos en el cadáver de un etíope.

Con la ayuda de un capitán de la guardia suiza y un arqueólogo de Alejandría, Ottavia tendrá que descubrir quién está detrás del robo en las iglesias de todo el mundo de las reliquias de la Vera Cruz, la cruz de Cristo. Siete pruebas basadas en el purgatorio de la Divina Comedia de Dante Alighieri tienen las llaves para abrir las puertas.

"El último catón" con más de tres millones de ejemplares vendidos, se ha convertido en una obra de referencia de la narrativa española actual.

ISBN: 978-84-08-14371-0
Encuadernación: Tapa blanda
Nº de páginas: 652


XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ

XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ
Autora: María Fumaça
Editorial: Galaxia, S.A - 2015

Género: Literatura Infantil

Apetéceche subir con Ruí, con Uxía e con toda a familia Fumaça para cantar e Bailar? O tren está a piques de saír!!! "Xiqui xoque, fiú fiú!" é como fai a locomotora máis famosa do mundo, a máis marchosa, a máis chea de vida e alegría que nunca se viu: a locomotora de María Fumaça.



ISBN: 978-84-9865-521-6
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22 x 26 cm


domingo, 7 de febreiro de 2016

II CERTAME DE RELATO CURTO da Federación Provincial de ANPA de Pontevedra

II CERTAME DE RELATO CURTO
Varios Autores
Deseño e produción: Kalandraka Editora S.L.

Xénero: Narrativa galega

Contar historias que nunca ocorreron,
narrar accións de ficción,
vidas de personaxes que non existiron...
axudaranos a desfrutar un pouco máis
desta humilde escola que é a literatura.

A obra que hoxe presentamos no blog de BiblioPazos está composta de 100 Relatos Curtos escritos polos gañadores e Finalistas do II CERTAME DE RELATO CURTO organizado pola Federación Provincial de ANPA de Pontevedra no ano 2014. Unha chea de páxinas con novas historias deste certame cuxos obxectivos de fomentar a creatividade dos rapaces, potenciar a expresión e comprensión escrita e estimular o uso do galego nas familias foron cumpridos coa edición desta obra.

O número de participantes na II edición deste certame foi de 445. As categorías con maior participación foron a de primaria, seguida da categoría de secundaria e con menos participación a de adultos seguida da categoría de bacharelato:
  • – Primaria: 226
  • – Secundaria: 116
  • – Bacharelato: 30
  • – Adultos: 62
  • – Excluídos: 11
As autoras e autores finalistas, 100 en total (45 de Primaria, 25 de Secundaria, 11 de Bacharelato e 19 da modalidade de Adultos), recibíron ademais do libro coa publicación dos seus relatos, un vale de 200 euros, un lote de libros de Kalandraka e unha lámina autenticada polo ilustrador Pablo Otero.

Os gañadores de cada categoría fóron:
  • -Primaria: "Un duro día no salvaxe Oeste", de Miguel Bouzas Rodríguez, do CEIP Cabanas.
  • -Secundaria: "Quen dí adeus non verá o mañá", de Eugenia García Magaña, do IES Alobre de Vilagarcía
  • -Bacharelato: "Memorias de guerra", de Ricardo Rodiño Balboa, do IES Vilalonga de Sanxenxo.
  • -Adultos: "Agás El", de Roberto Antón Santiago, do CEIP Álvarez Limeses de Pontevedra.

D.L.: PO 249-2014
Encadernación: Cartoné
Nº de páxinas: 128


BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger