domingo, 7 de febreiro de 2016

II CERTAME DE RELATO CURTO da Federación Provincial de ANPA de Pontevedra

II CERTAME DE RELATO CURTO
Varios Autores
Deseño e produción: Kalandraka Editora S.L.

Xénero: Narrativa galega

Contar historias que nunca ocorreron,
narrar accións de ficción,
vidas de personaxes que non existiron...
axudaranos a desfrutar un pouco máis
desta humilde escola que é a literatura.

A obra que hoxe presentamos no blog de BiblioPazos está composta de 100 Relatos Curtos escritos polos gañadores e Finalistas do II CERTAME DE RELATO CURTO organizado pola Federación Provincial de ANPA de Pontevedra no ano 2014. Unha chea de páxinas con novas historias deste certame cuxos obxectivos de fomentar a creatividade dos rapaces, potenciar a expresión e comprensión escrita e estimular o uso do galego nas familias foron cumpridos coa edición desta obra.

O número de participantes na II edición deste certame foi de 445. As categorías con maior participación foron a de primaria, seguida da categoría de secundaria e con menos participación a de adultos seguida da categoría de bacharelato:
  • – Primaria: 226
  • – Secundaria: 116
  • – Bacharelato: 30
  • – Adultos: 62
  • – Excluídos: 11
As autoras e autores finalistas, 100 en total (45 de Primaria, 25 de Secundaria, 11 de Bacharelato e 19 da modalidade de Adultos), recibíron ademais do libro coa publicación dos seus relatos, un vale de 200 euros, un lote de libros de Kalandraka e unha lámina autenticada polo ilustrador Pablo Otero.

Os gañadores de cada categoría fóron:
  • -Primaria: "Un duro día no salvaxe Oeste", de Miguel Bouzas Rodríguez, do CEIP Cabanas.
  • -Secundaria: "Quen dí adeus non verá o mañá", de Eugenia García Magaña, do IES Alobre de Vilagarcía
  • -Bacharelato: "Memorias de guerra", de Ricardo Rodiño Balboa, do IES Vilalonga de Sanxenxo.
  • -Adultos: "Agás El", de Roberto Antón Santiago, do CEIP Álvarez Limeses de Pontevedra.

D.L.: PO 249-2014
Encadernación: Cartoné
Nº de páxinas: 128


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger