sábado, 4 de abril de 2020

¿QUIÉN SOY?


¿QUIÉN SOY?
Autor: Lola Casas
Ilustrador: Agustín Comotto
Edita: La Galera, SAU Editorial

Género: Literatura Infantil en Castellano - Poesía

Edad recomendada: +5 años

Tornillo aquí
un parche allá...
En tu cuerpo recosido,
late un corazón
encogido

Demuestra tu ingenio y adivina el personaje antes de abrir la solapa y descubrir la respuesta que hay detrás.

ISBN: 978-84-246-2964-9
Nº de páginas: 62
Encuadernación: Tapa blanda
Formato: 17 x 16,5 cm

venres, 3 de abril de 2020

CANDORCAS E UNICORNIOS


CANDORCAS E UNICORNIOS
Autor: María Canosa
Ilustrador: Iago Torres París
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa

Idade recomendada: +12 anos

Candorcas e unicornios é unha fábula marabillosa, en todos os sentidos da palabra, onde o mar, a natureza e a fantasía van da man nunha historia que, ademais de entreternos, vai facernos pensar...

María Canosa volve a sorprendernos unha vez máis cunha mirada poética chea de sensibilidade e sabedoría literaria. Entra con ela no seu mundo de candorcas e unicornios...

ISBN: 978-84-9151-402-2
Nº de páxinas: 148
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 20 cm

xoves, 2 de abril de 2020

ASTÉRIX EN BRITANIA


ASTÉRIX EN BRITANIA
Autor: René Goscinny
Ilustrador: Albert Uderzo
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Cómic

Idade recomendada: +9 anos

Estamos no ano 50 antes de Cristo. Toda a Galia está ocupada polos romanos... Toda? Non! unha aldea poboada por irredutibles galos aínda segue resistindo ao invasor. E a vida non é doada para as gornicións de lexionarios romanos nos reducidos campamentos de Babaórum, Aquárium, Laudánum e Petibónum...

Nesta ocasión Astérix viaxará co inseparable Obélix ata Britania para axudar ao seu curmán Botórax na defensa da sua aldea, invadida polos romanos.

ISBN-978-84-9121-501-1
Nº de páxinas: 48
Encadernación: Tapa dura
Formato: 22,5 x 29,5 cm

EU BEN VIN, VIRIVÍN


EU BEN VIN, VIRIVÍN
Autores: Manuel e Cibrán Rico López
Ilustrador: David Rodríguez
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Belas Artes - Música

Idade recomendada: +6 anos

Este libro compendia as prosodias, rimas, recitados, fórmulas máxicas e encadeados máis representativos do cancioneiro de tradicións oral infantil que nos falan do mundo dos animais e que, por seren transmitidos de xeración en xeración, están moi ligados á cultura popular e ás veces a ritos ancestrais.

O libro aompáñase dun documento sonoro crado polo Obradoiro Experimental de Música Tradicional, formado por Nani García e Manuel Rico, que nos aproxima a novas referencias musicais recreando as melodías do cancioneiro tradicional.

ISBN: 978-849121-408-3
Nº de páxinas: 109
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 18 x 20 cm

TRES CONTOS MARABILLOSOS


TRES CONTOS MARABILLOSOS
Autor: Vicente Risco
Ilustrador: Jacobo Fernández
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +8 anos

Relatos para nenos cos que Risco inaugurou a literatura infantil galega e que hoxe seguen a despertar a fantasía dos nenos.

¿Queres saber que hai que facer para lle arrincar tres pelos ao demo?
Velaquí un libro que che fala disto e doutra moitas cousas que aconteceron no tempo no que os reis saían dacabalo polos seus dominios, as princesas casaban con labregos bos e intelixentes, e as pedras gardaban portas máxicas para atopar tesouros.

Tres contos marabillosos escritos hai moitos anos por Vicente Risco e que agora, por primeira vez, se fan libro.

ISBN: 84-8288-691-6
Nº de páxinas: 47
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 20 cm

OS TRATANTES DE PAPAGAIOS


OS TRATANTES DE PAPAGAIOS
Autor: Leticia Vila Sexto
Ilustradora: María Lires
Edita: Editorial Galaxia

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade recomendada: +10 anos

¿Que pasaría se alguén fose quen de falar cos animais...?

¿Pero como falan os animais?, ¿que pasaría se fosemos quen de lembrar aquela lingua que quizais algunha vez falamos? Os papagaios, entre outras virtudes, teñen a de dicir palabras, tal fosen humanos.

Velaquí unha historia para facerche entender que a natureza hai que coidala. ¡E coidala moito!

ISBN: 978-84-9865-255-0
Nº de páxinas: 154
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 13 x 20 cm

PERICLES E A BALEA


PERICLES E A BALEA
Autor: Xohana Torres
Ilustrador: Sheila Santana
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Esta é a historia de Pericles, un churreiro moi especial. Por que hai churreiros e churreiros, e este era diferente a todos. E tiña un can que se chamaba Argos e que vai acompañalo nas súas aventuras.

Mais, tamén, é a historia da balea Tálata.

Mergúllaste con todos eles no mar?

ISBN: 978-84-9121-184-7
Nº de páxinas: 29
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 21 x 18 cm

A VISITA DOS TROLES


A VISITA DOS TROLES
Autor: Darabuc (Gonzalo García Rodríguez)
Ilustradora: Katrina Kopeloff
Edita: OQO Editora, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +5 anos

Cada ano, cando o sol se bota a durmir por última vez, un grupo de troles salvaxes entra violentamente naquela casa para devorar unha suculenta cea. Se non tivesen servida semellante cea, os troles cometerían algunhas atrocidades. A axuda do monstro devoratroles será decisiva para superar tan difícil situación.

Unha intrépida viaxeira e o seu xigantesco acompañante traballan, con toda a présa do mundo, pero coa cabeza fría e unha boa dose de sagacidade, para axudar a unha boa e inocente familia que leva anos atemorizada por uns personaxes de rabos longos e tamén rabelos, orellas pequenas e tamén orrelludos, que comen coma lobos, berran como hienas e manchan coma porcos.

Cando esa noite os bárbaros personaxes sentan á mesa, só atopan fontes baleiras. A aparición do monstro devoratroles, cuberto cunha pel de oso e ensinando os dentes, resolverá definitivamente o problema.

ISBN: 978-84-9871-579-8
Nº de páxinas: 31
Encadernación: Tapa dura
Formato: 25,5 x 24 cm

REMEXIDO DE PATACAS


REMEXIDO DE PATACAS
Autor: Eli Ríos
Ilustracións: Nana
Edita: Baía Edicións, SL

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

A receita de hoxe é unha forma sa e saudable de emendar os habitos aprendidos nesta sociedade. A partir do momento que experimentes a eliminación das desigualdades nos teus costumes comezarás a sentir os beneficios tanto na túa existencia como na da xente que te rodea.

Cuns sinxelos ingredientes e unha elaboración nada sofisticada podes cociñar as estadas necesarias para cambiar as referencias que nos transmitiu a historia e que son incompatibles coa vida.

Ingredientes: equidade, empatía, sororidade e disidencia.

Elaboración: abrir as páxinas da novela, ler para divertirse, reflexionar sobre o seu contido e, antes de pechala, procurar que o pouso non esvaeza.

Non é necesario engadirlle prebe ningún. A retranca e o humor xa son excelentes condimentos. Úsaos ao gusto.

Goza da lectura e, se che gusta, comparte esta receita na túa rede social favorita!

Guía de lectura do libro, clica AQUI.

ISBN: 978-84-9995-308-3
Nº de páxinas: 81
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 14 x 21 cm

mércores, 1 de abril de 2020

21 CUENTOS DE LOS HERMANOS GRIMM


21 CUENTOS DE LOS HERMANOS GRIMM
Autores: Jacob y Wilhelm Grimm
Adaptación: Laia Mateu
Ilustradora: Daniela Drescher
Edita: ING Edicions

Género: Literatura Infantil en Castellano - Cuentos - Lectura Fácil

Los cuentos de los Hermanos Grimm son un clásico de la literatura infantil y una de las obras maestras del arte narrativo universal.

En realidad su obra es una recopilación de cuentos populares recuperados de la tradición oral que los Grimm transcribieron con total fidelidad, procurando conservar la originalidad y la belleza de la lengua popular.

Esta recopilación de 21 cuentos es una cuidada selección de los títulos recomendados a partir de cinco años

Detrás de sus imágenes se esconde un conocimiento que habla a los niños de aspectos esenciales de la vida. 

Pequeñas semillas floreceran en su interior cuando sea el momento adecuado, aportándoles nuevas formas de comprensión a las vivencias que se les presenten.

ISBN: 978-84-948300-3-7
Nº de páginas: 172
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 19 x 25,5 cm

martes, 31 de marzo de 2020

CONCURSO "UN POEMA NA TÚA VOZ"

Este ano, como en anos anteriores, e con ocasión da celebración o próximo día 2 de abril do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), convoca un novo concurso literario, nesta ocasión co fin de incentivar a lectura do xénero poético en galego entre a rapazada, promover e defender a potencialidade expresiva da poesía en voz alta e contribuír á divulgación da creación poética de autoras e autores galegos.

Por mor das circunstancias excepcionais que estamos a vivir, estes días temos pechadas as bibliotecas escolares, as bibliotecas públicas e as librerías. Neste momento no que os nenos e nenas están nas casas coa súa familia, GÁLIX quere animarvos a ler con eles poesía galega, que sexan os rapaces e rapazas as que vola lean e que gravedes as súas lecturas.

Aproveitemos este tempo para ler poesía en galego en familia e, se queredes, participar no concurso


"UN POEMA NA TÚA VOZ"

Velaquí a proposta de GALIX para pasar unha corentena en familia:

  • Se tendes entre 6 e 14 anos podedes participar no concurso.
  • Escollede un poema tradicional ou de autor.
  • Gravádeo cun móbil ou no ordenador (a familia, se quere, pode facervos os efectos de son).
  • Mandade o arquivo a galix@galix.org
Lembrade poñer os datos do poema!!
  • Título.
  • Autoría; ou tradicional, popular, se non ten autora ou autor coñecido.
  • Libro de poemas ao que pertence, se fora o caso.
  • Editorial, se está publicado.
Datos da(s) persoa(s) lectora(s).
  • Nome e apelidos:
  • Ano de nacemento:
  • Curso escolar:
IMPORTANTE!!!
Se concursades desde a casa poñede os datos da familia.
  • Nome e apelidos dunha persoa adulta responsable
  • Enderezo.
  • Teléfono.
  • Correo electrónico de contacto.
 Acceso ás bases modificadas: 
Axúdade a difundir esta nova co portelo:
#Euficonacasa
#Euleonacasa
#concursoDILI


ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

Fonte da información: GÁLIX

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger