martes, 31 de marzo de 2020

CONCURSO "UN POEMA NA TÚA VOZ"

Este ano, como en anos anteriores, e con ocasión da celebración o próximo día 2 de abril do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX), convoca un novo concurso literario, nesta ocasión co fin de incentivar a lectura do xénero poético en galego entre a rapazada, promover e defender a potencialidade expresiva da poesía en voz alta e contribuír á divulgación da creación poética de autoras e autores galegos.

Por mor das circunstancias excepcionais que estamos a vivir, estes días temos pechadas as bibliotecas escolares, as bibliotecas públicas e as librerías. Neste momento no que os nenos e nenas están nas casas coa súa familia, GÁLIX quere animarvos a ler con eles poesía galega, que sexan os rapaces e rapazas as que vola lean e que gravedes as súas lecturas.

Aproveitemos este tempo para ler poesía en galego en familia e, se queredes, participar no concurso


"UN POEMA NA TÚA VOZ"

Velaquí a proposta de GALIX para pasar unha corentena en familia:

  • Se tendes entre 6 e 14 anos podedes participar no concurso.
  • Escollede un poema tradicional ou de autor.
  • Gravádeo cun móbil ou no ordenador (a familia, se quere, pode facervos os efectos de son).
  • Mandade o arquivo a galix@galix.org
Lembrade poñer os datos do poema!!
  • Título.
  • Autoría; ou tradicional, popular, se non ten autora ou autor coñecido.
  • Libro de poemas ao que pertence, se fora o caso.
  • Editorial, se está publicado.
Datos da(s) persoa(s) lectora(s).
  • Nome e apelidos:
  • Ano de nacemento:
  • Curso escolar:
IMPORTANTE!!!
Se concursades desde a casa poñede os datos da familia.
  • Nome e apelidos dunha persoa adulta responsable
  • Enderezo.
  • Teléfono.
  • Correo electrónico de contacto.
 Acceso ás bases modificadas: 
Axúdade a difundir esta nova co portelo:
#Euficonacasa
#Euleonacasa
#concursoDILI


ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

Fonte da información: GÁLIX

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger