xoves, 2 de abril de 2020

A VISITA DOS TROLES


A VISITA DOS TROLES
Autor: Darabuc (Gonzalo García Rodríguez)
Ilustradora: Katrina Kopeloff
Edita: OQO Editora, SL

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +5 anos

Cada ano, cando o sol se bota a durmir por última vez, un grupo de troles salvaxes entra violentamente naquela casa para devorar unha suculenta cea. Se non tivesen servida semellante cea, os troles cometerían algunhas atrocidades. A axuda do monstro devoratroles será decisiva para superar tan difícil situación.

Unha intrépida viaxeira e o seu xigantesco acompañante traballan, con toda a présa do mundo, pero coa cabeza fría e unha boa dose de sagacidade, para axudar a unha boa e inocente familia que leva anos atemorizada por uns personaxes de rabos longos e tamén rabelos, orellas pequenas e tamén orrelludos, que comen coma lobos, berran como hienas e manchan coma porcos.

Cando esa noite os bárbaros personaxes sentan á mesa, só atopan fontes baleiras. A aparición do monstro devoratroles, cuberto cunha pel de oso e ensinando os dentes, resolverá definitivamente o problema.

ISBN: 978-84-9871-579-8
Nº de páxinas: 31
Encadernación: Tapa dura
Formato: 25,5 x 24 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger