sábado, 26 de febreiro de 2022

DENDE O CONFLITO

DENDE O CONFLITO
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección: Narrativa

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

Premio Xerais de Novela 2014

Saínza Combarro, unha xornalista galega que cobre conflitos bélicos para a BBC, vive en carne propia o dilema de optar polo cinismo e a resignación á hora de relatar o que ve cos seus propios ollos ou optar por defender a verdade íntima de quen é testemuña dos feitos máis arrepiantes.

A través dela, a novela fala da importancia do exercicio xornalístico nas situacións de conflito, pero sobre todo da importancia de buscar unha posición ética de relación con todas aquelas persoas esquecidas e que fican silentes do outro lado das noticias. Incluso, por paradoxal que semelle, as propias xornalistas.

As dificultades e os atrancos, mais tamén a reformulación da vida propia desde o extremo, van alén do evidente e buscan transmitir desde a emoción próxima da carne e o óso, desde unha posición rebelde cos papeis dados, a procura da propia voz para que as outras tamén a teñan. Probablemente por iso, porque a personaxe vive situacións límite, "Dende o conflito" é unha novela sobre a evolución e a construción dunha persoa que loita por ser exactamente o que ela quere ser.

"Dende o conflito" rende homenaxe ás mulleres xornalistas que souberon poñer a verdade dos conflitos bélicos por enriba de todo. Da man da protagonista viaxamos desde o Congo a Irak, desde Etiopía a Afganistán, desde Sri Lanka a Haití, pero tamén a Berlín, Barcelona, Compostela e Vilalba, que son os lugares onde Saínza se protexe da violencia buscando o agarimo e o refuxio dos afectos como unha necesidade vital para non renderse nunca.

E é que "Dende o conflito" é unha novela sobre o xornalismo, sobre a guerra, sobre o abismo entre o norte e o sur, sobre a pobreza, sobre a fame, a miseria e a marxinación, pero, moi especialmente, é unha novela sobre o valor da amizade e do amor, sobre a diversidade e a contradición dos sentimentos e, en definitiva, sobre a esencia das cousas que son as realmente importantes na vida.

ISBN: 978-84-9914-737-6
Nº de páxinas: 304
Encadernación: Rústica cosido a fío
Formato: 15 x 22 cm

venres, 25 de febreiro de 2022

BENVIDO AO OUTRO BARRIO

BENVIDO AO OUTRO BARRIO. Os Minimortos 1
Ilustracións: Mar Villar
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección: Sopa de Libros

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa

Idade Recomendada: + 9 anos

Os Minimortos son unha cuadrilla de nenos moi diferentes a ti: son nenos de ultratumba.

Agardan polos seus pais no Outro Barrio, un lugar de paso onde teñen liberdade para facer o que lles pete. Todo cambia o día que chega Catacrak, un cativo que quere regresar ao mundo dos vivos.

Os Minimortos terán que empregar o seu enxeño para axudalo. Conseguirán que Catacrak regrese á vida?

ISBN: 978-84-9121-697-1
Nº de páxinas: 56
Encadernación: Rústica cosido a fío
Formato: 14 x 20 cm

xoves, 24 de febreiro de 2022

EL CIRUJANO DE ALMAS

EL CIRUJANO DE ALMAS
Autor: Luis Zueco
Penguin Random House Grupo Editorial SAU
EDICIONES B

Género: Literatura castellana - Novela histórica

UN JOVEN CIRUJANO SEDIENTO DE CONOCIMIENTO

Barcelona, 1796. Bruno Urdaneta solo tiene doce años cuando llega a la ciudad para trabajar como aprendiz de su tío Alonso, un cirujano veterano y malhumorado que pronto se dará cuenta de que su discípulo posee un don muy especial.

UNA ÉPOCA DE PROFUNDOS CAMBIOS

En un momento convulso en el que los ideales ilustrados se propagan por toda Europa y la sombra de Napoleón se cierne sobre España, el joven protagonista encarnará el nacimiento de la figura del médico moderno, aquel que une el saber práctico de los cirujanos con la erudición de los médicos para arrojar luz sobre las nuevas ideas de una sanidad más universal.

¿PUDO UN MÉDICO CAMBIAR EL CURSO DE LA HISTORIA?

La huella de un viejo secreto familiar llevará a Bruno de Barcelona a Madrid —donde estudiará en el recién creado Colegio de Cirugía— y finalmente a Cádiz, cuyas calles, durante la guerra de la Independencia, se han transformado en un inmenso campo de batalla. La muerte acecha a un pueblo que se ha convertido en el ejército de todo un país.

Luis Zueco se consagra como un maestro de la novela histórica con esta narración llena de intriga y aventuras que rinde homenaje a la profesión médica a través de la epopeya de Bruno Urdaneta, un personaje inolvidable que permanecerá para siempre en el corazón de los lectores.

ISBN: 978-84-666-6974-0
Nº de páginas: 480
Encuadernación: Tapa dura con sobre cubierta
Formato: 16 x 23,5 cm

mércores, 23 de febreiro de 2022

A SEÑORITA BUBBLE

A SEÑORITA BUBBLE
Ilustracions: Andrés Meixide
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección: Sopa de Libros

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa

Idade recomendada: + 10 anos

Premio Gala do Libro Galego (Infantil), 2018
XV Premio Frei Martín Sarmiento 2019 (5º e 6º Primaria)

A xente da vila sentiu un odio repentino pola señorita Bubble desde o mesmo día da súa chegada.

A inventora apareceu por sorpresa unha mañá solleira, conducindo un convertible que funcionaba a vapor, e instalouse naquela vivenda que levaba tantos anos deshabitada.

Repudiárona polo seu atavío, polos seus inventos, polo seu singular xeito de vivir.

Ninguén sospeitaba o que en realidade sucedía no interior da mansión da señorita Bubble.

ISBN: 978-84-9121-793-0
Nº de páxinas: 160
Encadernación: Rústica cosido a fio
Formato: 13 x 20 cm



martes, 22 de febreiro de 2022

LA URNA ELECTORAL

LA URNA ELECTORAL
Autor: Victorio Zamora Martínez
Merlín Mermelada Ediciones

Género: Literatura castellana - Teatro

Obra de teatro estructurada en seis actos y XVI cuadros. La obra está escrita en clave de humor, y sin ser un musical, la música forma parte fundamental de cada escena.

El autor expone de forma irónica, explicita y bajo su punto de vista, los entresijos de la política y nos hace un divertido recorrido, si realmente no fuera tan lamentable, por diferentes momentos: La vida parlamentaria, los tres poderes, el programa electoral, la campaña, el estado de la nación, la votación, el reparto y una nueva España.

“La Urna Electoral” se desarrolla en el Congreso de los Diputados e inmediaciones y los personajes son cargos políticos de diferentes colores: Presidentes y vicepresidentes amarillo, rojo, azul

También aparecen en un segundo plano miembros del partido, banqueros, masajistas, camareros

Otro dos personajes fundamentales en la obra son la “Voz de la Conciencia”, que interpela al espectador e introduce la acción que se va a desarrollar y el “Coro”, que siempre realiza un canto a la cordura y al sentido común.

Victorio Zamora en esta obra, nos da su visión de la vida política, donde lo que importa es el voto y no los votantes, donde podemos ver cómo los egos de los presuntos dirigentes son tan grandes como su ambición personal, donde se presenta cada uno, contando sus “méritos” para ocupar el cargo, lo que quiere conseguir, los pactos para su beneficio propio y siempre respaldado y en nombre de un partido político, con propuestas de ley absurdas, para finalizar con un soplo de esperanza que nos da el pueblo español, rescatado siempre por el afecto y la inteligencia, dos de las principales características de su cultura.

ISBN: 978-84-937602-8-1
Nº de páginas: 208
Encuadernación: Tapa blanda con solapas
Formato: 15 x 23 cm

luns, 21 de febreiro de 2022

23 DE FEBREIRO - ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO

Este mes de mes de Febreiro conmemoramos outro ano máis o nacemento de ROSALÍA DE CASTRO, neste caso o seu 185 aniversario.

ROSALÍA é unha das grandes escritoras da literatura española do século XIX; unha das figuras emblemáticas do rexurdimento galego; unha das precursoras do feminismo en Galicia; e a nosa poeta nacional por excelencia.

Debido a un recente descubrimento da  investigadora Sagrario Abelleira que corrixe a data de nacemento da autora, este ano a Fundación Rosalía de Castro reuniuse con representantes de institucións culturais e educativas para tomaren a decisión de cambiar a celebración do anivesario do nacemento de DÍA DE ROSALÍA; así que a partir do 2022DÍA DE ROSALÍA celebrarase o día 23 de Febreiro e non o día 24 como ata de agora.

MARÍA ROSALÍA RITA DE CASTRO naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837. A súa vida é unha historia realmente apaixonante, chea de interese histórico, cultural e intelectual.

Podedes obter máis información sobre a vida e obra de ROSALÍA DE CASTRO facendo click AQUÍ.

Tamén vos deixamos de seguido información e enlaces de interesantíasimas actividades para traballar tanto na casa como nas escolas e que foron elaborados por profesorado e alumnado de diversos centros educativos de Galicia e que aparecen publicados na páxina O Portal da Lingua Galega da Secretaría Xeral de Política Lingüísticahttps://www.lingua.gal/recursos

Rosalía de Castro. Biografia.


Qué sabes de Rosalía de Castro?


Unidade didáctica sobre Rosalía de Castro
(Educación infantil)


Día de Rosalía 2022
(Unidades didácticas Educación Primaria)


Desexamos que todos estes recursos vos sexan de utilidade para coñecer moito máis e mellor a ROSALÍA DE CASTRO.

O NARIZ DE FIZ

O NARIZ DE FIZ
Autor: Miro Villar
Ilustracions: Emanuel Lomeña
Editorial Galaxia S.A.
Colección: Árbore

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa - Contos

Idade recomendada: +10 anos

V Premio de Literatura Infantil e Xuvenil "Pura e Dora Vázquez" convocado pola Deputación Provincial de Ourense no ano 2007

Fiz vive nunha aldea da montaña da Galicia rural.

É “unha criatura pequerrechiña e miudiña”, pero posúe unha estraña habelencia que o vai converter en protagonista de emocionantes aventuras.

ISBN: 978-84-9151-554-8
Nº de páxinas: 212
Encadernación: Rústica
Formato: 13 x 20 cm

domingo, 20 de febreiro de 2022

ASTILLAS EN LA PIEL

ASTILLAS EN LA PIEL
Penguin Random House Grupo Editorial SAU
Suma de letras

Género: Literatura castellana - Novela negra y misterio

Astillas en la piel es un absorbente Thriller psicológico que muestra que hay astillas del pasado que conviene no extraer jamás.

Dos amigos de la niñez con una deuda pendiente.

Un forzado reencuentro en la amurallada localidad vallisoletana de Urueña.

Álvaro, un exitoso escritor, y Mateo, un crucigramista en números rojos, acabarán atrapados en el caótico trazado medieval de la villa y bajo una impenitente cencellada. Ambos serán parte de un macabro juego en el que la sed de venganza los llevará a tomar decisiones que condicionarán sus vidas en el caso en el que alguno logre superar la jornada.

Astillas en la piel es un absorbente thriller psicológico en el que se confirma que César Pérez Gellida es el auténtico mago del engaño de nuestras letras.

Una novela con una trama adictiva y asfixiante al más puro estilo cinematográfico y al servicio de la literatura de calidad.

ISBN: 978-84-9129-612-6
Nº de páginas: 456
Encuadernación: Tapa blanda con solapas
Formato: 15 x 23 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger