Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía de Castro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía de Castro. Amosar todas as publicacións

martes, 18 de febreiro de 2025

23 DE FEBREIRO - DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO - CONMEMORACIÓN DO 188 ANIVERSARIO DO SEU NACEMENTO


Este mes de Febreiro conmemoramos outro ano máis o aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO.

ROSALÍA é unha das grandes escritoras da literatura española do século XIX; unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego; unha das precursoras do feminismo en Galicia; e a nosa poeta nacional por excelencia.

MARÍA ROSALÍA RITA DE CASTRO naceu en Santiago de Compostela o 23 de febreiro de 1837. A súa vida é unha historia realmente apaixonante, chea de interese histórico, cultural e intelectual.

Podedes obter máis información sobre a vida e obra de ROSALÍA DE CASTRO facendo click AQUÍ.

Tamén vos deixamos de seguido información e enlaces de interesantísimas actividades para traballar tanto na casa como na escola e que foron elaborados por profesorado e alumnado de diversos centros educativos de Galicia neste ano e noutros anteriores; e que aparecen publicados na páxina O Portal da Lingua Galega da Secretaría Xeral de Política Lingüísticahttps://www.lingua.gal/portada

1.- Rosalía de Castro. Biografia.


2.- Qué sabes de Rosalía de Castro?


 3.- Unidade didáctica sobre Rosalía de Castro (Educación infantil)


 4.- Día de Rosalía

(Unidades didácticas Educación Primaria) 


5.- Día de Rosalía (Unidade didáctica Infantil e Primaria)

 

Unidade didáctica infantil e Primaria en formato PDF

Desexamos que todos esta información e recursos vos sexan de utilidade para coñecer moito máis e mellor a ROSALÍA DE CASTRO.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

"CHOVE MIUDIÑO" coa actriz e contacontos SOLEDAD FELLOZA - Unha chuvia de versos de ROSALÍA DE CASTRO para conmemorar o aniversario do seu nacemento

 
ROSALÍA DE CASTRO (Santiago de Compostela 23/Febreiro/1837 - Padrón, 15/Xullo/1885) foi unha das grandes escritoras da literatura española do século XIX; unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego; unha das precursoras do feminismo en Galicia; e a nosa poeta nacional por excelencia.

Outro ano máis a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén súmase ás conmemoracións do aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO en toda Galicia cunha actividade dirixida aos escolares do municipio que forma parte do Programa de Animación á lectura e Dinamización da Lingua Galega do Concello para o ano 2025.

A actividade terá lugar o próximo Martes día 25 de Febreiro a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello no que contaremos coa presencia da actriz e contacontos SOLEDAD FELLOZA que nos traerá o seu espectáculo de narración oral e poesía "CHOVE MIUDIÑO".

"Chove miudiño
miudiño chove
pola banda de Laíño,
pola banda de Lestrove"

"Chove miudiño" no país enteiro, e a chuva non é de auga, non: -¡é de versos!

Versos que prenden na punta do pé, debuxan árbores senlleiras, bailan coas bolboretas e bulen ao redor dunha nena que “sube as ponlas das figueiras e alí deitase a soñar”.

Versos que xogan coas mans

¡Ai, que meniña,
Que nena preciosa!
Despois da lavada,
parece unha rosa;
e este meniño
que teño no colo
despois de lavado
parece un repolo.

Versos para levar “na frente unha estrela, no bico un cantar”.

Da man dos versos de Rosalía de Castro nenas e nenos viaxaremos ao mundo da poesía e ao segredo agochado nunha caixa de postais, cartas e fotografías.

E tamén deprenderemos á receita do caldo de gloria e os boliños de pote.

Están convidados a asistir a esta función o alumnado de 3º a 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI, e tamén todas aquelas veciñas e veciños que queiran asistir e que se inscriban previamente chamando ao teléfono 986497273 da Biblioteca.

Si queredes máis información sobre ROSALÍA DE CASTRO podedes acceder á páxina web da FUNDACIÓN ROSALÍA DE CASTRO no seguinte enlace:


Por certo, a entrada é de balde ata completar o aforo do local.

Non vos esquezades, esperámosvos!!!

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

venres, 23 de febreiro de 2024

Con "HISTORIAS SOÑADAS" de TRÉMOLA TEATRO continuamos conmemorando en Pazos de Borbén o aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO


No Concello de Pazos de Borbén continuamos conmemorando o 187 aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO a través das actividades organizadas pola Biblioteca Pública Municipal coas que nos adherimos ás homenaxes á autora que se celebran estos días en toda Galicia e en todo o mundo.

A segunda destas actividades terá lugar o próximo Lúns 26 de Febreiro tamén no Auditorio do Concello, no que contaremos coa visita de PAULA REGUEIRO GARCÍA de TRÉMOLA TEATRO que nos traerá o contacontos "HISTORIAS SOÑADAS"un espectáculo creado a partir de textos e vida de Rosalía de Castro que mestura poesía, cancións e música para achegar ás crianzas a unha das figuras máis importantes do Rexurdimento Galego.

Haberá dúas sesións deste espectáculo, a primeira sesión será de 11:15 a 12:15 horas á que están convidados a asistir o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez de Pazos; e o alumnado da EEI "A Galeriña" de Nespereira.

A segunda sesión terá lugar de 13:00 a 14:00 horas e a ela asistirá o alumnado de 3º a 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

mércores, 21 de febreiro de 2024

"CONTOS NUNHA RODA. ROSALIA" - Un espectáculo de "TARABELOS" para celebrar o "DÍA DE ROSALÍA" en Pazos de Borbén


ROSALÍA DE CASTRO (Santiago de Compostela, 23/Febreiro/1837 - Padrón, 15/Xullo/1885) foi unha das grandes escritoras da literatura española do século XIX; unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego; unha das precursoras do feminismo en Galicia; e a nosa poeta nacional por excelencia.

Este ano 2024 a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén súmase ás conmemoracións do aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO en toda Galicia con varias actividades dirixidas aos escolares do municipio.

A primeira das actividades terá lugar o próximo Venres día 23 de Febreiro a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello coa actuación de ESTEBAN ACUÑA LAGOS "TARABELOS" que nos traerá o seu espectáculo Kamishibai:"CONTOS NUNHA RODA. ROSALÍA".

"Unha roda e un contador de historias viaxando nela. 
Un cachiño de tempo compartido... pequeno... concentrado...áxil...
Un grupiño axeitado... en confianza...
Un pequeno teatro ilustrado... chegado de lonxe... tarabelizado.

O "kamishibai" é unha forma de contar milenaria procedente do Xapón: un pequeno "teatro de papel" que, montado tradicionalmente nunha bicicleta, percorre vilas e aldeas para contar historias. Este kamishibai "tarabelizado" vai nunha roda soa buscando contar e compartir historias. Neste “Contos Nunha Roda” centrado no personaxe de Rosalía de Castro e o seu libro “Cantares Gallegos”, descubriremos a súa disconformidade diante das desigualdades de xénero, idioma, clases sociais… e contaremos e cantaremos un conto de Rosalía: “Vidal o sin ventura”.

Están convidados a asistir a esta función o alumnado de 3º a 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; e os usuarios da Asociación ASPAVI.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

23 de Febreiro de 2024 - Conmemoración do 187 aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO


Outro ano máis desde o Concello de Pazos de Borbén a través da Biblioteca Pública Municipal quere conmemorar o aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO, unha das grandes escritoras da literatura española do século XIX; unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego; unha das precursoras do feminismo en Galicia; e a nosa poeta nacional por excelencia.

Fundación Rosalía de Castro ofrece na súa páxina web moitísima información sobre a homenaxeada e poden atopar moitos recursos educativos pensados para que desde os centro educativos poidan traballar co alumnado e aprender sobre a vida e obra de Rosalía gozando deste espazo organizado atendendo a ídade do estudantado en catro grupo didácticos (Infantil, Primaria, ESO e Baharelato).

MARÍA ROSALÍA RITA DE CASTRO naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837. A súa vida é unha historia realmente apaixonante, chea de interese histórico, cultural e intelectual.

O seu relato é entender desde a perspectiva dunha rapariga filla de nai solteira e fidalga as claves sociais do seu tempo; é asistir en primeira fila como moza, en Santiago, e en Madrid, a un proceso de formación rico e complexo; é seguirlle os pasos, en Vigo, na Coruña, en Lestrobe... á súa densa creación literaria e mais ao proxecto que acabou orixinando a Galicia dos nosos días.

Hoxe as investigacións biográficas sobre a súa figura supuxeron claros avances no debuxo dos seus principais perfís. Aínda así, continúa a ser un reto estudala e explicala na súa totalidade e na súa complexidade.

A Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén adhírese a esta homenaxe á autora a través desta nova no blog e das seguintes actividades:


A primeira delas será o próximo Venres día 23 de Febreiro a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello no que teremos con nos a ESTEBAN ACUÑA LAGOS "TARABELOS" que nos traerá o seu espectáculo Kamishibai:"CONTOS NUNHA RODA. ROSALÍA".

"Unha roda e un contador de historias viaxando nela. 
Un cachiño de tempo compartido... pequeno... concentrado...áxil...
Un grupiño axeitado... en confianza...
Un pequeno teatro ilustrado... chegado de lonxe... tarabelizado.

O "kamishibai" é unha forma de contar milenaria procedente do Xapón: un pequeno "teatro de papel" que, montado tradicionalmente nunha bicicleta, percorre vilas e aldeas para contar historias. Este kamishibai "tarabelizado" vai nunha roda soa buscando contar e compartir historias. Neste “Contos Nunha Roda” centrado no personaxe de Rosalía de Castro e o seu libro “Cantares Gallegos”, descubriremos a súa disconformidade diante das desigualdades de xénero, idioma, clases sociais… e contaremos e cantaremos un conto de Rosalía: “Vidal o sin ventura”.

Están convidados a asistir a este evento o alumnado de 3º a 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos; e os usuarios da Asociación ASPAVI.


A segunda das actividades previstas terá lugar o próximo Luns 26 de Febreiro tamén no Auditorio do Concello, no que contaremos coa visita de PAULA REGUEIRO GARCÍA de TRÉMOLA TEATRO que nos traerá o contacontos "HISTORIAS SOÑADAS", ao que están convidados o alumnado de Infantil e Primaria do CPI "Curros Enríquez de Pazos; o alumnado da EEI "A Galeriña" de Nespereira; e os usuarios da Asociación ASPAVI.

"HISTORIAS SOÑADAS" é un espectáculo creado a partir de textos e vida de Rosalía de Castro que mestura poesía, cancións e música para achegar ás crianzas a unha das figuras máis importantes do Rexurdimento Galego.

No ano 2022 a Fundación Rosalía de Castro conmemorou o DÍA DE ROSALÍA lembrando o poema "Miña casiña, meu lar" de Follas Novas, no que unha muller pobre conta un capítulo da sua épica diaria: a de sobrevivir. Esta muller que vén de Santiago a Padrón e chega á casa mollada e esfameada, a pesar de que carece de todo e de que os seus avaros veciños lle negan o que lles sobra (broa e leña), consegue o milagre da supervivencia: facer un humilde caldo de gloria e un bolo do pote...

Aquí vos deixo a imaxe do "CALDO DE GLORIA" con esta fermosa historia e co poema "Miña casiña, meu lar" que podedes descargar facendo clicando na imaxe:


De seguido deixámosvos tamén unhas imaxes coas portadas dalgunhas das obras de/e sobre a autora das que dispoñemos en BiblioPazos a disposición dos e das nosos/as usuarios e usuarias e que podedes localizar no Catálogo da Biblioteca ou preguntar ao persoal da mesma.



Sumámonos tamén á proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) que propón desde o 2010 á cidadanía que neste día agaselle un libro en galego e unha flor.


E vos deixamos un enlace ao Manifesto 
da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2024.

Podedes descargalo en formato PDF facendo clic AQUÍ.


EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

martes, 20 de febreiro de 2024

23 DE FEBREIRO - DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO - CONMEMORACIÓN DO ANIVERSARIO DO SEU NACEMENTO

Este mes de Febreiro conmemoramos outro ano máis o aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO, que xa vai polo nº 187.

ROSALÍA é unha das grandes escritoras da literatura española do século XIX; unha das figuras emblemáticas do Rexurdimento galego; unha das precursoras do feminismo en Galicia; e a nosa poeta nacional por excelencia.

Debido a un recente descubrimento fai uns anos da investigadora Sagrario Abelleira que corrixe a data de nacemento da autora,  a Fundación Rosalía de Castro reuniuse con representantes de institucións culturais e educativas para tomaren a decisión de cambiar a celebración do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro; así que a partir do ano 2022 o DÍA DE ROSALÍA celebrase o día 23 de Febreiro e non o día 24 como ata de agora.

MARÍA ROSALÍA RITA DE CASTRO naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837. A súa vida é unha historia realmente apaixonante, chea de interese histórico, cultural e intelectual.

Podedes obter máis información sobre a vida e obra de ROSALÍA DE CASTRO facendo click AQUÍ.

Tamén vos deixamos de seguido información e enlaces de interesantísimas actividades para traballar tanto na casa como na escola e que foron elaborados por profesorado e alumnado de diversos centros educativos de Galicia neste ano e noutros anteriores; e que aparecen publicados na páxina O Portal da Lingua Galega da Secretaría Xeral de Política Lingüística: https://www.lingua.gal/portada

1.- Rosalía de Castro. Biografia.


2.- Qué sabes de Rosalía de Castro?


3.- Unidade didáctica sobre Rosalía de Castro
(Educación infantil)


4.- Día de Rosalía
(Unidades didácticas Educación Primaria)


5.- Día de Rosalía
Unidades didácticas Infantil e Primaria

Unidade didáctica Infantil e Primaria en formato PDF

Cartel en formato PDF

Desexamos que todos esta información e recursos vos sexan de utilidade para coñecer moito máis e mellor a ROSALÍA DE CASTRO.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

luns, 21 de febreiro de 2022

23 DE FEBREIRO - ANIVERSARIO DO NACEMENTO DE ROSALÍA DE CASTRO

Este mes de mes de Febreiro conmemoramos outro ano máis o nacemento de ROSALÍA DE CASTRO, neste caso o seu 185 aniversario.

ROSALÍA é unha das grandes escritoras da literatura española do século XIX; unha das figuras emblemáticas do rexurdimento galego; unha das precursoras do feminismo en Galicia; e a nosa poeta nacional por excelencia.

Debido a un recente descubrimento da  investigadora Sagrario Abelleira que corrixe a data de nacemento da autora, este ano a Fundación Rosalía de Castro reuniuse con representantes de institucións culturais e educativas para tomaren a decisión de cambiar a celebración do anivesario do nacemento de DÍA DE ROSALÍA; así que a partir do 2022DÍA DE ROSALÍA celebrarase o día 23 de Febreiro e non o día 24 como ata de agora.

MARÍA ROSALÍA RITA DE CASTRO naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837. A súa vida é unha historia realmente apaixonante, chea de interese histórico, cultural e intelectual.

Podedes obter máis información sobre a vida e obra de ROSALÍA DE CASTRO facendo click AQUÍ.

Tamén vos deixamos de seguido información e enlaces de interesantíasimas actividades para traballar tanto na casa como nas escolas e que foron elaborados por profesorado e alumnado de diversos centros educativos de Galicia e que aparecen publicados na páxina O Portal da Lingua Galega da Secretaría Xeral de Política Lingüísticahttps://www.lingua.gal/recursos

Rosalía de Castro. Biografia.


Qué sabes de Rosalía de Castro?


Unidade didáctica sobre Rosalía de Castro
(Educación infantil)


Día de Rosalía 2022
(Unidades didácticas Educación Primaria)


Desexamos que todos estes recursos vos sexan de utilidade para coñecer moito máis e mellor a ROSALÍA DE CASTRO.

sábado, 19 de febreiro de 2022

"A MIÑA HISTORIA" UN CONTACONTOS POLA TRADICIÓN DE "TRÉMOLA TEATRO" PARA COÑECER A ROSALÍA DE CASTRO


Continuamos coas actividades da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén (BiblioPazos) conmemorando o 185 aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO que se celebra o día 23 de febreiro.

BIBLIOPAZOS adhírese a esta homenaxe á autora coa realización do contacontos pola tradición "A MIÑA HISTORIA", un espectáculo que busca reivindicar o dereito ao galego a través da vida e obra da autora e coñecer segredos da homenaxeada Rosalía de Castro.

"Andrea é unha periodista saída do Século XIX que sabe todo sobre Rosalía de Castro. Serás capaz de axudala para que todo o mundo se lembre dela?"
O contacontos será levado a cabo pola actriz titulada superior de Arte Dramática na especialidade de Interpretacion Textual pola ESAD de Galicia IRENE LORENZO REY da compañía "TRÉMOLA TEATRO" o próximo mércores 23 de Febreiro en dúas sesións a partir das 10:00 horas no Auditorio do Concello e nas que participarán os escolares de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACION E A CULTURA

venres, 18 de febreiro de 2022

23 DE FEBREIRO - DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO - CONMEMORACIÓN DO 185 ANIVERSARIO DO SEU NACEMENTO

Dende fai moito anos no mes de Febreiro conmemoramos o nacemento de ROSALÍA DE CASTRO, unha das grandes escritoras da literatura española do século XIX; unha das figuras emblemáticas do rexurdimento galego; unha das precursoras do feminismo en Galicia; e a nosa poeta nacional por excelencia.

Este ano a Fundación Rosalía de Castro reuniu a representantes de institucións culturais e educativas para tomaren a decisión de cambiar a celebración do anivesario do nacemento de DÍA DE ROSALÍA logo do recente descubrimento pola investigadora Sagrario Abelleira que corrixe a data de nacemento da autora.

Así que a partir do 2022 o DÍA DE ROSALÍA celebrarase o día 23 de Febreiro e non o día 24 como ata de agora.

MARÍA ROSALÍA RITA DE CASTRO naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837. A súa vida é unha historia realmente apaixonante, chea de interese histórico, cultural e intelectual.

O seu relato é entender desde a perspectiva dunha rapariga filla de nai solteira e fidalga as claves sociais do seu tempo; é asistir en primeira fila como moza, en Santiago, e en Madrid, a un proceso de formación rico e complexo; é seguirlle os pasos, en Vigo, na Coruña, en Lestrobe... á súa densa creación literaria e mais ao proxecto que acabou orixinando a Galicia dos nosos días.

Hoxe as investigacións biográficas sobre a súa figura supuxeron claros avances no debuxo dos seus principais perfís. Aínda así, continúa a ser un reto estudala e explicala na súa totalidade e na súa complexidade.

Máis información sobre a vida e obra de ROSALÍA DE CASTRO facendo click AQUÍ.

BIBLIOPAZOS
adhírese a esta homenaxe á autora a través desta nova no blog e da actividade "A MIÑA HISTORIA", un espectáculo que busca reivindicar o dereito ao galego a través da vida e obra da autora e coñecer segredos da homenaxeada Rosalía de Castro

"Andrea é unha periodista saída do Século XIX que sabe todo sobre Rosalía de Castro. Serás capaz de axudala para que todo o mundo se lembre dela?"

Será levada a cabo pola actriz titulada superior de Arte Dramática na especialidade de Interpretacion Textual pola ESAD de Galicia  Irene Lorenzo Rey de  "TRÉMOLA TEATRO" o próximo mércores 23 de Febreiro en dúas sesións a partir das 10:00 horas no Auditorio do Concello e nas que participarán os escolares de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

Este ano a Fundación Rosalía de Castro quere conmemorar o DÍA DE ROSALÍA lembrando o poema "Miña casiña, meu lar" de Follas Novas, no que unha muller pobre conta un capítulo da sua épica diaria: a de sobrevivir. Esta muller que vén de Santiago a Padrón e chega á casa mollada e esfameada, a pesar de que carece de todo e de que os seus avaros veciños lle negan o que lles sobra (broa e leña), consegue o milagre da supervivencia: facer un humilde caldo de gloria e un bolo do pote...

Aquí vos deixo a imaxe do "CALDO DE GLORIA" con esta fermosa historia e co poema "Miña casiña, meu lar" que podedes descargar facendo clicando na imaxe:


De seguido deixámosvos tamén unhas imaxes coas portadas dalgunhas das obras de/e sobre a autora das que dispoñemos en BiblioPazos a disposición dos e das nosos/as usuarios e usuarias e que podedes localizar no catálogo da biblioteca ou preguntar ao persoal da mesma.

Sumámonos tamén á proposta da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) que proón desde o 2010 á cidadanía que neste día agaselle un libro en galego e unha flor.

Manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega no Día de Rosalía de Castro 2022

"Eu son libre. Nada pode conter a marcha dos meus pensamentos, e eles son a lei que rexe o meu destino."
Rosalía de Castro.

PENSAR [TE] LIBRE

Alimentamos a realidade do noso País a través da nosa lingua e das palabras que envolven a nosa diversidade social e cultural. Pensármonos na lingua de nosoutras é manter, transmitir e dignificar quen somos. E esta é a forza que atopamos en Rosalía de Castro: recoñecérmonos como pobo forte, unido na nosa lingua.

Non hai nada máis poderoso que as voces legadas polas nosas devanceiras, para arrodear os sentires, as emocións, a rebeldía, a liberdade dese pensamento sobre o que ninguén pode mandar.

Velaquí o maior acto revolucionario que nos agasallou Rosalía de Castro! Os seus versos transfórmanse nunha historia que rebela, provoca, emociona e que nos acolle para “eu tamén navegar”(1), para facermos parte dunha nosa Historia propia e libre.

Así vou eu/formando parte/Non me abandono e formo parte(2), do pobo que describe Rosalía de Castro, da xente que defende a cultura sen cancelas e enche as rúas de voces violetas para combater da man das compañeiras os mouchos que nos asexan e a aqueles que ladran contra as que camiñan.

Abracemos, entón, a desorde das ideas(3) e a marcha dos pensamentos para seguir o navegar de Rosalía de Castro na voz das persoas humildes, para escoitar o silencio das oprimidas e censurar as inxustizas coa forza da nosa lingua. Non precisamos mans alleas que escriban a nosa historia así que, Dálle que dálle ó argadelo/noite e día/e pensa e pensa naquelo/porfía que te porfía, porque xa agroma forte a semente plantada. Vivamos a galope(4) nunha rede de afectos e celebremos que nin a lingua nin o pensamento se exilian. Tezamos xuntas, fortes e libres os puntos que calcetaron as mestras da República, as cigarreiras, as misteiras, as costureiras e todas as que, coma ti, loitaron contra as inxustizas e polos dereitos.

Cosamos cos fíos da lingua na que entendemos, debatemos, amamos e enliñemos as nosas ideas e os nosos pensamentos.

Tal com’as nubes
Qu’impele o vento
Y agora asombran, y agora alegran
Os espaços inmensos d’o ceo,
Así as ideas
Loucas qu’eu teño
As imaxes de multiples formas
D’estranas feituras, de cores incertos,
Agora asombran,
O fondo sin fondo d’o meu pensamento.
___________________
(1) Xohana Torres.
(2) Luísa Villalta.
(3) Xela Arias.
(4) María Xosé Queizán.

Beatriz Maceda Abeleira
Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG)
#rdc_2022 #SementadePensamentos

O Manifesto pode descargarse en formato .pdf aquí.

Fonte: Fundación Rosalía de Castro e Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).

luns, 22 de febreiro de 2021

BUSCANDO A ROSALÍA

 

Comezamos as actividades da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén (BiblioPazos) conmemorando o 184 aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO que se celebra o día 24 de febreiro; cun espectáculo de narración oral con monicreques para nenas e nenos titulado "BUSCANDO A ROSALÍA" que levará a cabo a actriz e contacontos RAQUEL QUEIZÁS o Mércores día 24 de febreiro ás 13:00 horas no Auditorio do Concello

"A detective Queliña atopa unha vella maleta, dentro hai follas escritas con versos, uns zapatos pequenos, un pano branco... Investigando e xogando descubre quen é a dona da maleta, Rosalía de Castro, a nosa gran poeta. 

Que bela e caprichosa é a alegría (Rosalía de Castro). 

Búscase nena, moi imaxinativa, á que lle encanta facer teatro e xogar coa poesía na nosa lingua. Será unha gran escritora de maior que escribirá con pluma e corazón." 

Están convidados a esta actividade as alumnas e alumnos de 3º e 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os seus mestres.

VINDE A PARTICIPAR NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS

ESPERÁMOSVOS!!!

xoves, 17 de setembro de 2020

CONTOS DA VIAXE


CONTOS DA VIAXE
Autores: Alfredo Conde, Ana Expósito Valle e Xosé Antonio Neira Cruz
Ilustradora: Xulia Barros
Edita: Convenio Tren Caixa Galicia

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa
Idade recomendada: + 12 anos

Este libro conta con tres relatos:

  • Confesión de parte de Alfredo Conde.
  • A guerra de huso de Ana Expósito Valle.
  • Tralas máscaras do tempo de Xosé Antonio Neira Cruz.

cos que gozarás lendo mentres viaxas, na praia, na túa casa ou onde queiras.

ISBN: 84-600-8868-5
Nº de páxinas: 130
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 11 x 19 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger