E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

venres, 23 de febreiro de 2024

Con "HISTORIAS SOÑADAS" de TRÉMOLA TEATRO continuamos conmemorando en Pazos de Borbén o aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO


No Concello de Pazos de Borbén continuamos conmemorando o 187 aniversario do nacemento de ROSALÍA DE CASTRO a través das actividades organizadas pola Biblioteca Pública Municipal coas que nos adherimos ás homenaxes á autora que se celebran estos días en toda Galicia e en todo o mundo.

A segunda destas actividades terá lugar o próximo Lúns 26 de Febreiro tamén no Auditorio do Concello, no que contaremos coa visita de PAULA REGUEIRO GARCÍA de TRÉMOLA TEATRO que nos traerá o contacontos "HISTORIAS SOÑADAS"; un espectáculo creado a partir de textos e vida de Rosalía de Castro que mestura poesía, cancións e música para achegar ás crianzas a unha das figuras máis importantes do Rexurdimento Galego.

Haberá dúas sesións deste espectáculo, a primeira sesión será de 11:15 a 12:15 horas á que están convidados a asistir o alumnado de Infantil e 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez de Pazos; e o alumnado da EEI "A Galeriña" de Nespereira.

A segunda sesión terá lugar de 13:00 a 14:00 horas e a ela asistirá o alumnado de 3º a 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger