E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

sábado, 2 de outubro de 2021

"FRUMARIO O BIBLIOTECARIO" con MANUEL POMBAL - Programa LER CONTA MOITO 2021

Ola de novo,

Hoxe presentamos a actividade coa que rematamos o programa LER CONTA MOITO da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS".


E daremos por rematadas as actividades deste programa con "FRUMARIO O BIBLIOTECARIO" un espectáculo de MANUEL POMBAL no que "da man dun personaxe moi especial os nenos e nenas descubrirán os segredos máxicos que se esconden nos andeis da biblioteca. Dinámicas escenas de fantasía, asombrosas narracións., ciencia, poesía, música,... sorprenderán aos participantes, animándoos a buscar os tesouros que a lectura nos ofrece: Emoción, misterio, diversión... E o máis importante: Todo nun mesmo lugar, a nosa biblioteca."

Convidamos para esta ocasión aos alumnos de 3º e 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos que gozarán seguro deste espectáculo no que descubrirán que nas bibliotecas existen mundos diferentes e poden vivir un sinfín de historias e aventuras dunha forma moi fácil e barata: Lendo.

Realizarase no AUDITORIO DO CONCELLO, debido a obriga que temos de gardar os protocolos para cumprir con todas as medidas de seguridade para a prevención do COVID-19, sendo obrigatorio o uso de máscara, a desinfección das mans ao acceder ao recinto e o mantemento da distancia social para aqueles grupos non considerados "grupos burbulla" ou non convivintes.

Esta actividade atópase incluída no programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que promove a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e coas súas bibliotecas.

IMPORTANTE:
PARA ASISTIR A ESTA ACTIVIDADE É OBRIGATORIA A INSCRICIÓN PREVIA NA BIBLIOTECA CHAMANDO AO TELÉFONO 986 497 273.

Para calquera información sobre a programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por email biblioteca@pazosdeborben.org no noso horario habitual de apertura.


PARTICIPADE NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS

E NON VOS ESQUEZADES!

EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.

A FUGA DE GUILLERMO

A FUGA DE GUILLERMO
Autora: Helena Villar Janeiro
Ilustracións: Luz Beloso
Editorial Galaxia
Colección: Árbore

Xénero: Literatura Infantil Galego - Narrativa

Idade recomendada: +8 anos

Hai personaxes tan vivos, tan vivos, tan vivos...

que saen dos libros e comezan a vivir por fóra das páxinas. Iso é o que lle acontece a Guillermo o día en que decide marchar do libro e dar unha volta polo mundo exterior.

ISBN: 978-84-9151-610-1
Nº de páxinas: 72
Encuadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 20 cm

venres, 1 de outubro de 2021

ACOUGA, BABAU

ACOUGA, BABAU
Autor: R.J. Peralta
Ilustracións: Blanca Millán
Editorial Galaxia

Xénero: Literatura infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Estar só na casa pode ser aburrido,
mais eu teño un amigo co que podo xogar,
cantar, ir de paseo, axudar na casa, pero…

—Acouga, Babau…, acouga!

ISBN: 978-84-9151-557-9
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Tapa dura
Formato: 24 x 24 cm

xoves, 30 de setembro de 2021

MAR DE MAZÁ

MAR DE MAZÁ
Autor: Elvira Ribeiro Tobío
Ilustracións: Begoña G. Arce
Editorial Galaxia

Xénero: Literatura infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +7 anos

Se vés canda min
heiche de amosar
os segredos todo
que atesoura o mar.

Se segues o son
destas rimas dondas
sucaremos océanos
e miraremos as ondas!

ISBN: 978-84-9151-560-9
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura
Formato: 24 x 21 cm

mércores, 29 de setembro de 2021

A BONECA DE CRISTAL

A BONECA DE CRISTAL
Autor: Majo Villar
Ilustracións: Antonio Seijas
Editorial Galaxia

Xénero: Literatura infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Esta é a historia dunha bonequiño de cristal... 
pero tamén unha historia de amor
entre un pai e unha filla.
E uns zapatiños vermellos.

ISBN: 978-84-9151-612-5
Nº de páxinas: 28
Encadernación: Tapa dura
Formato: 24 x 21 cm

martes, 28 de setembro de 2021

POLA MAÑÁ CEDO

POLA MAÑÁ CEDO
Autor: Lawrence Schimel
Ilustracións: Elīna Brasliņa
Tradución: Eva Mejuto
Capicúa Editora

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Mentres as mamás e a irmá durmen tranquilamente, o protagonista desta historia, xunto coa súa inseparable gata, dedícanse a explorar a casa, pola mañá, cedo…

Nesta familia, os almorzos temperáns son unha aventura. 

Diversidade familiar. Unha familia de dúas mamás.

ISBN: 978-84-949811-1-1
Nº de páxinas: 18
Encadernación: Tapa dura
Formato: 15 x 15 cm

luns, 27 de setembro de 2021

NON É HORA DE XOGAR

NON É HORA DE XOGAR
Autor: Lawrence Schimel
Ilustracións: Elīna Brasliņa
Tradución: Eva Mejuto
Capicúa Editora

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +3 anos

Dunha maneira sinxela, divertida, esta historia fala das aventuras cotiás dunha pequena que vive cos seus dous pais e co can Chisco, que andaba con gana de xogar pola noite.

Un xeito fresco, distinto de normalizar as familias diversas para o lectorado máis pequeno. Un conto rimado, con divertidas ilustracións para unha lectura compartida.

Diversidade familiar. Unha familia de dous papás.

ISBN: 978-84-949811-0-4
Nº de páxinas: 18
Encadernación: Tapa dura
Formato: 15 x 15 cm

domingo, 26 de setembro de 2021

HISTORIAS DA FRAGA REVIRADA

HISTORIAS DA FRAGA REVIRADA
Autor: Xosé Tomás
Editorial Galaxia
Coleción: árbore

Xénero: Literatura infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +6 anos

Existe unha fraga, a Fraga Revirada, que se chama así porque nela habitan seres únicos, excepcionais, irrepetibles.

Con xogos e actividades.

ISBN: 978-84-9151-615-6
Nº de páxinas: 204
Encadernación: Tapa dura
Formato: 15,5 x 19 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger