Ola de novo,
Hoxe presentamos a actividade coa que rematamos o programa LER CONTA MOITO da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén "BIBLIOPAZOS".
E daremos por rematadas as actividades deste programa con "FRUMARIO O BIBLIOTECARIO" un espectáculo de MANUEL POMBAL no que "da man dun personaxe moi especial os nenos e nenas descubrirán os segredos máxicos que se esconden nos andeis da biblioteca. Dinámicas escenas de fantasía, asombrosas narracións., ciencia, poesía, música,... sorprenderán aos participantes, animándoos a buscar os tesouros que a lectura nos ofrece: Emoción, misterio, diversión... E o máis importante: Todo nun mesmo lugar, a nosa biblioteca."
Convidamos para esta ocasión aos alumnos de 3º e 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos que gozarán seguro deste espectáculo no que descubrirán que nas bibliotecas existen mundos diferentes e poden vivir un sinfín de historias e aventuras dunha forma moi fácil e barata: Lendo.
Realizarase no AUDITORIO DO CONCELLO, debido a obriga que temos de gardar os protocolos para cumprir con todas as medidas de seguridade para a prevención do COVID-19, sendo obrigatorio o uso de máscara, a desinfección das mans ao acceder ao recinto e o mantemento da distancia social para aqueles grupos non considerados "grupos burbulla" ou non convivintes.
Esta actividade atópase incluída no programa de dinamización da lectura LER CONTA MOITO que promove a Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia a través da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, en colaboración cos concellos e coas súas bibliotecas.
IMPORTANTE:
PARA ASISTIR A ESTA ACTIVIDADE É OBRIGATORIA A INSCRICIÓN PREVIA NA BIBLIOTECA CHAMANDO AO TELÉFONO 986 497 273.
Para calquera información sobre a programación podedes contactar coa Biblioteca por teléfono chamando ao número 986 497 273 ou por email biblioteca@pazosdeborben.org no noso horario habitual de apertura.
PARTICIPADE NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS
E NON VOS ESQUEZADES!
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.