O vindeiro 2 de abril, aniversario da date de nacemento de Hans Christian Andersen, o IBBY (International Board on Books for Young people) celebra o Día Internacional do Libro Infantil como modo de promoción da lectura entre o público máis novo.
Este ano 2015 o país que exerce como convidado
para transmitir unha mensaxe de apoio á lectura son os Emiratos Árabes
Unidos.
O deseño do cartel foi realizado pola ilustradora Nasim Abaeian.
O texto que o acompaña foi redactado pola escritora Marwa Obaid Rashid
Al Aqroubi.
De seguido deixámosvos a mensaxe traducida ao galego por Antía Marante e Sabela González:
Moitas culturas, unha historia
“Falamos diferentes linguas e vimos de
diferentes orixes, mais compartimos as
mesmas historias”
Historias internacionais… historias
tradicionais
É a mesma historia que se nos conta a todos
En diferentes voces
En diferentes cores
Pero permanece inmutábel…
Comezo…
Argumento…
E fin…
É a mesma historia que todos sabemos e
amamos
Todos a escoitamos
En diferentes versións de diferentes voces
Mais sempre é a mesma
Hai un heroe… unha princesa… e un vilán
Non importa a súa lingua, nin os seus
nomes,
Nin as súas caras
É sempre o mesmo comezo,
Argumento
E fin
Sempre ese heroe… esa princesa e ese vilán
Inmutábeis durante séculos
Acompáñannos
Murmúrannos nos nosos soños
Arrólannos para durmir
As súas voces marcharon hai tempo
Pero viven nos nosos corazóns para sempre
Pois únennos nun mundo de misterio e
imaxinación
Para que todas as culturas se fundan nunha
única historia.”
Nasim Abaeian,
nada no 1980 en Isfahán (Irán), Nasim pasou a súa infancia en Xénova (Italia), nun ambiente artístico e cheo de inspiración. en 2003 rematou a licenciatura en Comunicación Visual na Universidade Americana de Sharjah (Emiratos Árabes Unidos) e partiu cara aos Estados Unidos para rematar un Máster en Ilustración no Instituto de Arte e Deseño de Savannah. Actualmente,
Nassim Abaeian forma parte do profesorado no departamento de Arte e Deseño da Universidade de
Zayed (Emiratos Árabes Unidos) e traballa por libre como ilustradora de libros infantís.
Marwa Obaid Rashid Al Aqroubi é
unha das figuras máis destacadas da industria do libro infantil nos Emiratos Árabes
Unidos e desempeña o posto de presidenta do Comité Exceutivo do Consello dos EAU para os Libros Infantís e Xuvenís (UAEBBY).
Contribuiu significativame a promover o Premio Etisalat para a
Literatura infantil Árabe, un dos máis importantes dentro da cultura
Árabe. Al Aqroubi rematou a licenciatura en Ciencias da Información na Universidade Zayed en Dubai. Desde que publicou o seu primeiro libro Ahmed El Helou (Sweet Ahmed),
no que explora unha viaxe arredor das tradicións árabes, o mundo da
literatura infantil converteuse no seu primeiro interese.