sábado, 13 de abril de 2019

AS RECEITAS DE ROSAURA



AS RECEITAS DE ROSAURA
Textos: Isabel Blanco
Ilustracións: Luz Beloso
Belagua Edicións

Idade recomendada: +5 anos

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Poesía

As receitas de Rosaura é o primeiro título da Colección Rosaura. Un álbum ilustrado a toda cor co que divertirse na cociña con saborosas receitas. Unha tenra historia de Isabel Blanco ilustrada por Luz Beloso.

Este que tes nas túas mans
é o Libro de Receitas
que a cociñeira Rosaura
escribiu para que as aprendas.

Só tes que ir pasando as páxinas
unha a unha e pouco a pouco,
parándote a ler nelas
con ellos grandes de moucho.


ISBN: 978-84-946959-4-0
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Rústica con solapas
Formato: 15 x 24 cm.

venres, 12 de abril de 2019

A VODA DO GALO PINTO


A VODA DO GALO PINTO
Autor: Juan Alfonso Belmontes
Ilustradora: Natalie Pudalov
Edita: OQO Editora
Colección O

Idade recomendada: +3 anos

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Galo Pinto quería engaiolar a Xiana e a vaca Gallarda fixo de casamenteira. No curral, en canto se soubo a noticia, andaban todos ás carreiras: as pitas poñían ovos para facer unha torta, Gallarda preparou a nata, as cabras colleron amoras das silveiras, os porcos apañaron flores, e un coro de ovellas ensaiaba cancións de voda.

Unha voda sempre é motivo de alegría, por iso todos na granxa estaban tan contentos, todos menos a raposa da matogueira. A ela comíana os demos! Como podía casar a súa nena de prata cun galo tan fachendoso! É que non se decataba de que ao Galo Pinto só lle preocupaba lucirse no casamento? E por riba de vaidoso, interesado! Todo o día a preguntarlles aos convidados polos regalos!

ISBN: 978-84-9871-222-3
Nº de páxinas: 40
Encadernación: Tapa dura
Formato: 25 x 23 cm.

xoves, 11 de abril de 2019

O SON DAS BUGUINAS


O SON DAS BUGUINAS
Autor: Implicadas no desenvolvemento (IND)
Textos: Marilar Aleixandre, An Alfaya, Fran Alonso, Rosa Aneiros, Agustín Fernández Paz, María Reimóndez Meilán e Dolores Ruíz
Ilustracións: Xulia Barros
Edicións Xerais de Galicia, S.A 

Idade recomendada: +12 anos

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa

O son das buguinas é un libro e DVD solidarios promovidos por Implicadas/os no Desenvolvemento (IND), unha organización non gobernamental (ONG) de desenvolvemento apartidaria e aconfesional, fundada en 1988, que actúa en Galicia para apoiar proxectos de desenvolvemento integral no sur da India e Etiopía.

A obra inclúe sete contos que nos achegan á realidade de persoas diferentes partes do mundo:
  • No lombo do río elefante. Marilar Aleixandre.
  • Fiu, o paxaro de canto fino. An Alfaya.
  • A guerra. Fran Alonso.
  • Ver os paxaros voar. Rosa Aneiros.
  • Lúa do Senegal. Agustín Fernández Paz.
  • O ventre do mar. Maria Reimóndez Meilán.
  • O canto do papani. Dolores Ruiz

O proxecto O son das buguinas, xermolouse como unha das respostas de IND ao tsunami do 26 de decembro de 2004 que provocou a morte de máis de 300.000 persoas na India (onde esta ONG galega viña traballando desde 1998 en Tamil Nadu, un dos estados máis azoutados polo maremoto) e noutros países de Asia.
IND realizou un chamamento solidario a diverso/as narradoras/es co obxecto de editar un libro solidario que axudase a reflexionar ao público xuvenil galego sobre as tráxicas consecuencias desta catástrofe.

O DVD, que acompaña ao libro, preparado por Francisco Vila Barros, inclúe un documental (8’30’’) sobre o labor de IND en Tiruchy (India ) e Abdis Abeba (Etiopía); unha película de animación (4’30’’) sobre o labor das ONG's e as políticas de voluntariado e cooperación; un documental (7’30’’) sobre a tsunami e un xogo interactivo (“Pensa e actúa”) sobre a cooperación.

ISBN: 978-84-9782-515-3
Nº de páxinas: 113
Encadernación: Tapa branda
Formato: 22 x 14,5 cm.

mércores, 10 de abril de 2019

UN CAN E UN GATO



UN CAN E UN GATO

Autora: Paula Cabonell
Ilustrador: Chené Gómez
Edita: OQO Editora 
Colección O

Idade recomendada: +3 anos

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Dous animais atópanse, xogan, enfádanse, sepáranse, bótanse de menos… e volven xogar.Na idade infantil é moi común vivir conflitos entre amigos e frustracións derivadas das relacións. Do mesmo xeito que sucede co can e o gato, as emocións van acompañadas de reaccións e expresións do corpo: alteracións na circulación, cambios respiratorios, secrecións glandulares, mudanzas de humor…

ISBN: 978-84-9871-545-3
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura
Formato: 25 x 23 cm.

martes, 9 de abril de 2019

SIMBAD EL MARINO


SIMBAD EL MARINO
Adaptación: Agustín Sánchez Aguilar
Ilustrador: Amélie Veaux
Edita: Vicens Vives

Edad recomendada: +12 años

Género: Literatura Infantil en Castellano - Lectura Fácil

Tras derrochar la herencia familiar en banquetes y fiestas, el árabe Simbad se embarca hacia Oriente para rehacer su fortuna. Al regreso de su viaje, Simbad se promete que nunca más abandonará su casa, pero su irreprimible afán de vivir aventuras y conocer nuevas tierras lo empuja a hacerse a la mar en otras seis ocasiones. El destino, sin embargo, lo conducirá por caminos cada vez más peligrosos, por lo que Simbad habrá de afrontar un sinfín de naufragios y peripecias que pondrán en grave riesgo su vida.

En sus diversos viajes, el héroe tendrá que habérselas con un gigante de un solo ojo, una serpiente descomunal, al abordaje de unos piratas, una manada de elefantes furiosos, una tribu de caníbales y una tropa de monos asesinos. Su trepidante experiencia le enseñará a no perder jamás la esperanza y a valorar en su justa medida el privilegio de la riqueza y el amor de los suyos.

ISBN: 978-84-316-6859-4
Nº de páginas: 155
Encuadernación: Tapa blanda
Formato: 22 x 16 cm.

luns, 8 de abril de 2019

OS CONTOS DA AVOA PEPA


OS CONTOS DA AVOA PEPA
Autor: Francisco X. Fernández Naval
Ilustrador: Manolo Figueiras
Edita: Kalandraka Editora

Idade recomendada: +8 anos

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Moitos anos feitos e sempre lle gustaron as historias, os contos, as fábulas.

Dende nena, o seu foi un mundo marabilloso no que todo podía e debía ser contado, tamén o misterioso e inverosímil, o fantástico, o triste e o alegre.

Un mundo no que os animais falaban e no que pasaban cousas que facían rir, e soñar, cousas de emocionar e, ás veces, tamén de chorar.

ISBN: 978-84-9464-436-1
Nº de páxinas: 80
Encadernación: Tapa dura
Formato: 15 x 23,5 cm.

domingo, 7 de abril de 2019

SOIDADES



SOIDADES
Texto: Neus Moscada
Ilustracións: Chiara Fatti
Tradución: Paco Liván
Colección Q

Xénero: Literatura Infantil en galego - Contos

Idade recomendadada: + de 5 anos

Hai momentos nos que me gusta estar soa, porque só estando soa oio como as pingas de auga deciden o mellor instante para se lanzaren desde as nubes, e só así podo cheirar o verde do campo…

A protagonista desta historia fala en primeira persoa e ao paso que nos guía polas súas percepcións, cóntanos os seus sentimentos. Por momentos, comprendémolos e somos cómplices da súa intimidade, desa sensación de liberdade que a invade ao estar soa e poder facer cousas coma falar coas libélulas, contarlle segredos á lúa, escoitar a música do silencio…

A miúdo se asocia a soidade con sentimentos negativos, mais resulta un concepto complexo de explicar, xa que este estado posúe valores ben diferentes: tristeza, abandono, perda; máis tamén tranquilidade, satisfacción, benestar, creación…

Podemos considerar a soidade, un problema cando non a eliximos, non sabemos convivir con ela, ou saír dela; pero tamén pode ser unha experiencia necesaria, unha oportunidade para coñecernos a nós mesmos, os nosos pensamentos, os nosos soños…

Neus Moscada e Chiara Fatti móstrannos como a soidade se transforma en soño, en cor, en diálogo coa natureza…

Nesta orixinal proposta plástica, a ilustradora sorpréndennos cunha inversión de fondo/figura, na que os primeiros planos aparecen en branco e negro e a cor se reserva para os fondos. En resumo, un conto inzado de metáforas e sinestesias, tanto no texto como nas imaxes, coas que profundaremos nos sentimentos e nas sensacións.

Para un público sen idade.

ISBN: 978-84-9871-053-3
Nº de páxinas: 40
Encadernación: Cartoné
Formato: 15 x 20 cm



BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger