O SON DAS BUGUINAS
Autor: Implicadas no desenvolvemento (IND)
Textos: Marilar Aleixandre, An Alfaya, Fran Alonso, Rosa Aneiros, Agustín Fernández Paz, María Reimóndez Meilán e Dolores Ruíz
Textos: Marilar Aleixandre, An Alfaya, Fran Alonso, Rosa Aneiros, Agustín Fernández Paz, María Reimóndez Meilán e Dolores Ruíz
Ilustracións: Xulia Barros
Edicións Xerais de Galicia, S.A
Idade recomendada: +12 anos
Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa
O son das buguinas é un libro e DVD solidarios promovidos por Implicadas/os no Desenvolvemento (IND), unha organización non gobernamental (ONG) de desenvolvemento apartidaria e aconfesional, fundada en 1988, que actúa en Galicia para apoiar proxectos de desenvolvemento integral no sur da India e Etiopía.
O DVD, que acompaña ao libro, preparado por Francisco Vila Barros, inclúe un documental (830) sobre o labor de IND en Tiruchy (India ) e Abdis Abeba (Etiopía); unha película de animación (430) sobre o labor das ONG's e as políticas de voluntariado e cooperación; un documental (730) sobre a tsunami e un xogo interactivo (Pensa e actúa) sobre a cooperación.
A obra inclúe sete contos que nos achegan á realidade de persoas diferentes partes do mundo:
- No lombo do río elefante. Marilar Aleixandre.
- Fiu, o paxaro de canto fino. An Alfaya.
- A guerra. Fran Alonso.
- Ver os paxaros voar. Rosa Aneiros.
- Lúa do Senegal. Agustín Fernández Paz.
- O ventre do mar. Maria Reimóndez Meilán.
- O canto do papani. Dolores Ruiz
O proxecto O son das buguinas, xermolouse como unha das respostas de IND ao tsunami do 26 de decembro de 2004 que provocou a morte de máis de 300.000 persoas na India (onde esta ONG galega viña traballando desde 1998 en Tamil Nadu, un dos estados máis azoutados polo maremoto) e noutros países de Asia.
IND realizou un chamamento solidario a diverso/as narradoras/es co obxecto de editar un libro solidario que axudase a reflexionar ao público xuvenil galego sobre as tráxicas consecuencias desta catástrofe.O DVD, que acompaña ao libro, preparado por Francisco Vila Barros, inclúe un documental (830) sobre o labor de IND en Tiruchy (India ) e Abdis Abeba (Etiopía); unha película de animación (430) sobre o labor das ONG's e as políticas de voluntariado e cooperación; un documental (730) sobre a tsunami e un xogo interactivo (Pensa e actúa) sobre a cooperación.
Nº de páxinas: 113
Encadernación: Tapa branda
Formato: 22 x 14,5 cm.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.