No próximo mes de Novembro conmemoraremos o MES DA TRADICIÓN ORAL con diversos eventos dos que pasamos a informarvos para que non vos esquezades de asistir aos mesmos.
As actividades forman parte
do circuíto +ESCÉNICAS de
apoio á programación de artes escénicas en galego nos concellos da provincia de
Pontevedra que organiza o Servizo de Cultura da Deputación Provincial
co fin de promover o impulso e o fomento da cultura galega nas súas múltiples e
variadas expresións, así como a creación e a difusión artística, favorecendo o
uso e a convivencia na nosa lingua.
"CONTOS NA LAREIRA" con IVÁN DAVILA
A primeira será o
Sábado 2 de Novembro ás 18:00 horas no Auditorio do Concello e nela IVÁN DAVILA traerános "CONTOS NA LAREIRA", un espectáculo de narración oral para todos os
públicos:
Fai anos, durante o inverno, as familias e os amigos
reuníanse ao carón dunha lareira e contaban historias para entrar en calor.
Descobre os contos de tradición oral onde a maxia, o misterio e o paranormal
danse a man. Historias tradicionais repletas de chiscadelas ó presente.
Trataranse temas como o coidado da natureza, a
reciclaxe, a exaltación da lingua, a igualdade e a boa comunicación como
resolución de conflictos.
"ELAS" con VERO RILO

Seguiremos conmemorando o MES DA TRADICIÓN ORAL o Sábado 23 de Novembro ás 20:00 horas e tamén no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén no que contaremos coa visita de VERO
RILO que co seu espectáculo "ELAS", contaranos unha selección de historias de vida, de
autora, tradicionais e de recollida da voz das mulleres que non tiveron nome
pero que son cada unha de nós. A obra presenta unha serie de escenas nas que Vero
Rilo vai interpretando a cinco mulleres, con diferentes
historias e vivencias que van dende a infancia até a idade adulta. “Elas”
aborda temas como a loita feminista, a violencia de xénero, a maternidade, a
sexualidade e as relacións interpersoais, entre outros.
E, por último, ahí vai tamén
un avance dalgunhas das actividades que estamos organizado para o mes
de DECEMBRO:
ENTREGA DE PREMIOS DO "VI CERTAME DE RELATO CURTO" DE PAZOS DE BORBÉN
O Xoves 19 de Decembro sobre ás 12:00 horas no Auditorio
do Concello temos previsto o acto de entrega
de premios do VI Certame de Relato Curto de Pazos de Borbén no que
participarán os escolares do CPI “Curros Enríquez” de Pazos, da EEI “A
Galeriña” de Nespereira; e os usuarios da Asociación ASPAVI.
"CONCERTO PUNKINFANTIL" con PETER PUNK PALLASO e BRAIS DAS HORTAS
E o Sábado 21 de Decembro a partir das 18:00 horas tamén no Auditorio do Concello á
compañía PETER PUNK PALLASO e BRAIS DAS HORTAS que nos ofrecerán o seu "CONCERTO PUNKINFANTIL" para todos os públicos.

Punk para nenas? Porque non? Que hai máis punk ca unha nena? O punk é rebeldía, é pensar por tí mesma. Do it Yourself!!
Punk para nenas? Por que non?! E logo? Que hai máis punk ca unha nena?
O punk é rebeldía, é pensar por ti mesma. Do it Yourself!! Faino ti ao teu xeito!! Como poidas, como queiras e como che preste! O punk é ir a contracorrente, non ser coma a maioría porque cada unha de nós é diferente. O punk é berrar, rir, facer pis... e tamén escribir as túas propias cancións, facer a túa banda, atopar a túa personalidade. O punk é protestar. Quen non chora, non mama!! Sabemos o que queremos, sabemos o que non queremos e estamos dispostas a chorar, cagar e patexar!! Se non podemos xogar, non é a nosa revolución!
Un cantante punk e un cantante infantil condenados a compartir escenario acaban creando un delirio musical chamado "Concerto Punklnfantil".
Tras descubrirse e recoñecerse van confluíndo, progresivamente, nun espazo común dando como resultado este espectáculo musical e de clown para todos os públicos, no que está presente o concepto punk máis alá dos aspectos máis superficiais. Vencellado directamente co mundo infantil e as inquedanzas das cativas e cativos.
Todas as actividades son con entrada de balde ata completar o aforo do local.
Non vos esquezades, esperámosvos!!!
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA
EDUCACIÓN E A CULTURA
