En “HISTORIAS DUN MUNDO GRANDE” a cadeliña Becki, desde a súa biblioteca onde pasa tanto tempo lendo e escribindo, cóntanos as historias que foi coñecendo nas súas viaxes polo mundo. Historias de colaboración e de solidariedade entre as persoas e con ela cantamos e bailamos para celebrar o respecto e a felicidade.O mundo está cheo de historias diferentes, de culturas diferentes, de persoas diferentes. E a curiosidade e a empatía por esas outras culturas, esas outras persoas, axúdannos a mellorar o planeta que habitamos e a facer del un lugar máis pacífico e amoroso.“BANDULLO AZUL” naceu en 2012 da man dos actores e cómicos Fran Ameixeiras e Fran Campos. Especializada no teatro familiar e en espectáculos educativos de animación á lectura, a compañía aposta por traballar en valores desde o clown xerando espectáculos didácticos, e cheos de comicidade e interacción cos máis pequenos.
CONCELLO DE PAZOS DE BORBÉN: Información sobre lectura, servizos, actividades e novas tecnoloxías
venres, 28 de marzo de 2025
CONMEMORARACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL - "HISTORIAS DUN MUNDO GRANDE" CON FRAN AMEIXEIRAS DE "BANDULLO AZUL"
DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2025


mércores, 3 de abril de 2024
Contacontos e presentación do libro infantil "KLAD, O PAPAGAIO ADHESIVO" con Genma Pardo "GEMOLA" - DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
Sabías que nos corredores de Ikea acontecen cousas marabillosas e máxicas? Que si atopas un cadro, unha cadeira, unha boneca de trapo ou un adhesivo... poden cobrar vida? Iso foi o que lle pasou a Daniela. Unha nena que atopou a alguén especial neses corredores có que compartirá unha gran aventura...Daniela é unha nena de cinco anos e medio con cancro que pasa longas tempadas no hospital, pero que cando pode irse a casa de vacacións unha das cousas que mais gústalle é ir a Ikea. E será precisamente nese centro comercial onde lle atope a el, a Klad, un papagaio adhesivo que moi pronto deixará de selo...
martes, 2 de abril de 2024
"APRENDO CON LEO. LEO E AS CORES" con Yolanda Rodríguez de TRÉMOLA TEATRO - Conmemoración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL
A partir dunha colección de contacontos aprenderemos un montón de cousas con Leo, o león máis curioso de toda a selva.Un día, unha choiva de pompas quítalle ao Elefante Ante e a Tartaruga Uga as súas cores. Será capaz Leo, coa vosa axuda de devolverlle as cores aos seus amiguiños?
domingo, 31 de marzo de 2024
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2024
Sobre as alas, os contos viaxan.
Desexando sentir o latexo do teu corazón.
Animádevos
a conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL, participando en
calquera das actividades que se realizan en bibliotecas, escolas e outras
institucións do país e, sobre todo, animando aos mais novos a que lean polo
menos 20 minutos cada día.
domingo, 3 de abril de 2022
"TANTO CONTA, CONTA TANTO" ´- Un contacontos de ANA FACCHINI para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL
Neste espectáculo haberá heroes en cadeira de rodas, nenas valentes que loitan polas súas metas, corpos de diferentes tamaños e cores, gatos orgullosos das súas diferenzas, príncipes que queren ser sapos e princesas que unicamente queren ser elas mesmas. TANTO CONTA, CONTA TANTO... dende a igualdade, que valiosas son as diferenzas!
A través de historias inclusivas, cancións e poemas rompemos cos estereotipos e roles de xénero, propoñendo novos modelos e referentes, que amosan relacións de igual a igual, libres de discriminacións e calquera tipo de violencia.
TANTO CONTA, CONTA TANTO son historias de personaxes "diferentes" que reclaman a súa identidade e que loitan polo dereito a ser como queren ser e a quererse tal como son.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA EDUCACIÓN E A CULTURA.
sábado, 2 de abril de 2022
ACTIVIDADES EDUCATIVO-CULTURAIS E DE ANIMACIÓN Á LECTURA DO MES DE ABRIL DE 2022
Participará nesta actividade o alumnado de Infantil e Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos, da EEI "A Galeriña" de Nespereira, e os usuarios da Asociación ASPAVI e a realizaremos en dúas sesións; unha de 11:00 a 12:00 horas na que están convidados o alumnado e mestres de Infantil do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e da EEI "A Galeriña" de Nespereira; e a segunda sesión de 13:00 a 14:00 horas contará coa participación do alumnado de 5º e 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e dos usuarios da Asociación ASPAVI.
TANTO CONTA, CONTA TANTO son historias de personaxes "diferentes" que reclaman a súa identidade e que loitan polo dereito a ser como queren ser e a quererse tal como son.
O noso “veciño” traerános o seu vontacontos "CONTOS NO PAÍS DA CHOIVA" baseado no seu libro "O país da choiva" publicado por Antela Editorial.
Será o Venres día 22 de Abril a partir das 13:00 horas no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, e están convidado para asistir o alumnado de 1º e 2º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI, ademais de todo o público en xeral que se inscriba previamente na Biblioteca chamando ao teléfono 986 497 273.
"A xente da vila esqueceu a súa lingua. A choiva levou as palabras dos seus beizos."
Neste contacontos empregaranse contos e poemas escritos polo autor como
elemento de recuperación de palabras propias (que levou a choiva); co obxectivo
de fomentar a creatividade na rapazada; xerar relacións baseadas
no bo trato e respecto mutuo; asociar aspectos positivos, e divertidos, á
lingua galega. A lingua como elemento de xogo; traballar vocabulario na lingua
galega; pór en valor o conto e a poesía como ferramenta transformadora da
realidade e elemento moi válido para a aprendizaxe; e fomentar a lectura e o
uso da imaxinación.
EN BIBLIOPAZOS SEGUIMOS TRABALLANDO POLA
EDUCACIÓN E A CULTURA
venres, 1 de abril de 2022
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2022
As historias son ás que nos axudan a remontar o voo cada día.Ler é liberdade. Ler é respirar.Ler permite que vexas o noso mundo con ollos diferentes e convídate a habitar mundos que nunca vas querer deixar.Ler permítelle ao teu espírito soñar.Seica os libros son amigos para toda a vida, eu acredito niso.A plenitude do teu universo só medra cando les.As historias son as que non axudan a remontar o voo acada día, xa que logo busca libros que lle falen ao teu espírito, ao teu corazón, á túa mente.As historias son menciña. Curan. Reconfortan.Inspiran. Ensinan.Benditos sexan os narradores, e os lectores, e os oíntes. Benditos sexan os libros. Eles son a menciña para un mundo mellor, máis luminoso.Mahsi cho. Moitas grazas.
venres, 16 de abril de 2021
"CANTOS, CONTOS E OUTRAS ANIMALADAS" con Ana Facchini - Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil e Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor
A cuarta actividade coa que damos por rematadas as conmemoracións do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL e do DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR neste mes de abril consiste nun contacontos que terá lugar o
Venres 23 de Abril ás 12:30 horas
na
EEI Infantil "A Galeriña" de Nespereira
na que participarán todos os seus alumnos e alumnas.
Desta vez a contadora ANA FACCHINI levaralle aos
rapaces e rapazas o seu espectáculo "CANTOS, CONTOS E OUTRAS
ANIMALADAS"; unha actividade na que os contos de animais da nosa infancia reinvéntase
en historias actuais cheas de amor, humor e tenrura.
Pequenas historias contadas e cantadas por
animais nunha viaxe por montes, ríos, alamedas, fragas e camiños.
Peludos, tenros, comellóns, medorentos,
curiosos, teimudos e sempre adorables! Un lobo famento, unha granxa ruidosa, un
gato en apuros, unha ovella preguntona... Ovo, rato ou toupa? Atrévete a
descubrir que se agocha entre tanta animalada!!
mércores, 14 de abril de 2021
"CONTOS DIVERSOS" con Miguel A. Alonso Diz para conmemorar o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor
A segunda actividade prevista para a conmemoración durante este mes de abril do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL e do DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR, terá lugar o próximo
martes, 30 de marzo de 2021
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2021 - "A MÚSICA DAS PALABRAS"
![]() |
| Tradución de María Canosa |
martes, 31 de marzo de 2020
CONCURSO "UN POEMA NA TÚA VOZ"
Por mor das circunstancias excepcionais que estamos a vivir, estes días temos pechadas as bibliotecas escolares, as bibliotecas públicas e as librerías. Neste momento no que os nenos e nenas están nas casas coa súa familia, GÁLIX quere animarvos a ler con eles poesía galega, que sexan os rapaces e rapazas as que vola lean e que gravedes as súas lecturas.
Aproveitemos este tempo para ler poesía en galego en familia e, se queredes, participar no concurso
- Se tendes entre 6 e 14 anos podedes participar no concurso.
- Escollede un poema tradicional ou de autor.
- Gravádeo cun móbil ou no ordenador (a familia, se quere, pode facervos os efectos de son).
- Mandade o arquivo a galix@galix.org
Lembrade poñer os datos do poema!!
- Título.
- Autoría; ou tradicional, popular, se non ten autora ou autor coñecido.
- Libro de poemas ao que pertence, se fora o caso.
- Editorial, se está publicado.
Datos da(s) persoa(s) lectora(s).
- Nome e apelidos:
- Ano de nacemento:
- Curso escolar:
Se concursades desde a casa poñede os datos da familia.
- Nome e apelidos dunha persoa adulta responsable
- Enderezo.
- Teléfono.
- Correo electrónico de contacto.
#Euficonacasa
#Euleonacasa
#concursoDILI





























