E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

martes, 30 de marzo de 2021

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2021 - "A MÚSICA DAS PALABRAS"


Desde BIBLIOPAZOS sumámonos outro ano máis aos actos para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL que se celebra en todo o mundo cada 2 de abril e que, en España, promove a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI), sección española do IBBY (Internacional Board on Books for Young People) xunto coas súas catro seccións: Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Catalá del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT), Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX) e a Asociación de Literatura Infantil e Juvenil Galtzagorri Elkartea.

Dende 1967, o 2 de abril, coincidindo coa data do nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, o IBBY promove a celebración do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL co fin de promocionar e fomentar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

Cada ano unha Sección Nacional ten a oportunidade de ser a patrocinadora internacional do DÍA DO LIBRO INFANTIL. Esa Sección elixe un tema e selecciona a un autor ou autora importante do país co fin de que escriba unha mensaxe para os nenos e nenas do mundo, e a un recoñecido ilustrador ou ilustradora para que deseñe un cartel que se difunde en colexios, bibliotecas, a través dos medios de comunicación, etc. Con este motivo organízanse diferentes actividades de animación, encontros con escritores e ilustradores, concursos e outras accións puntuais.

Neste ano 2021, o a sección encargada foi a de Estados Unidos (USBBY); a mensaxe é unha creación da escritora Margarita Engle (co título de "A música das palabras") e o cartaz é autoría de Roger Mello.

Se queres descargar o cartaz, a mensaxe e a información dos autores dos mesmos fai clic nos seguintes enlaces:

Descarga do cartaz.
Descarga da mensaxe.

MENSAXE
DO
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2021

Tradución de María Canosa


ANIMÁDEVOS A CONMEMORAR O
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger