xoves, 1 de abril de 2021

SEOANE. O CREADOR NA SÚA TINTA. PRIMEIRA PARTE

SEOANE: O CREADOR NA SÚA TINTA
Primeira parte
Autor e ilustrador: Carlos Taboada
Lela Edicións
Colección: Homenaxes

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Banda deseñada

Idade recomendada: +12 anos

Banda deseñada sobre a biografía do creador Luis Seoane.

Nesta primeira parte se recolle a súa etapa de estudante, as súas lecturas, as primeiras ilustracións, os primeiros libros, revistas, exposicións, o seu activismo cultural e político... 

Mais tamén vemos como exerce o seu oficio de avogado laboralista e como asiste á derruba do sistema democrático co golpe de estado de 1936 que o obrigará a exiliarse a Arxentina.

Estes comezos revolucionarios e feitos tráxicos marcarán definitivamente a súa vida e serán esenciais para comprender a súa obra posterior, sempre vencellada á recuperación da memoria e a dignidade para o seu pobo.

ISBN: 978-84-946043-7-9
Nº de páxinas: 58
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 13 x 23 cm

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger