NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

venres, 1 de abril de 2022

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2022


Outro ano máis a Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén-BiblioPazos súmase aos actos para conmemorar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil que se celebra en todo o mundo o día 2 de abril de cada ano desde que o IBBY (International Board on Books for Young People) promoveu por primeira vez en 1967 ese día coincidindo coa data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, e co fin de promover os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

En España promove esta conmemoración a Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil (OEPLI), sección española do IBBY xunto coas súas catro seccións: Consejo General del Libro Infantil y Juvenil, Consell Catalá del Llibre Infantil i Juvenil (ClijCAT), Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX) e a Asociación de Literatura Infantil e Juvenil Galtzagorri Elkartea.

Como símbolo de unión entre os pobos do mundo, cada ano un país membro do IBBY recibe a encomenda de patrocinar a celebración; e este ano o país encargado é Canadá que escolleu a Richard Van Camp para escribir a mensaxe e á ilustradora Julie Flett para elaborar o cartel que inspiren en todos os nenos e nenas do mundo o amor pola lectura e os libros.



Se queredes descargar o cartel e o díptico coa mensaxe do Día Internacional do Libro Infantil nos catro idiomas (Castelán, Galego, Catalán e Euskera) podes facer clic AQUÍ.

MENSAXE DO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2022
As historias son ás que nos axudan a remontar o voo cada día.

Ler é liberdade. Ler é respirar.

Ler permite que vexas o noso mundo con ollos diferentes e convídate a habitar mundos que nunca vas querer deixar.

Ler permítelle ao teu espírito soñar.

Seica os libros son amigos para toda a vida, eu acredito niso.

A plenitude do teu universo só medra cando les.

As historias son as que non axudan a remontar o voo acada día, xa que logo busca libros que lle falen ao teu espírito, ao teu corazón, á túa mente.

As historias son menciña. Curan. Reconfortan.

Inspiran. Ensinan.

Benditos sexan os narradores, e os lectores, e os oíntes. Benditos sexan os libros. Eles son a menciña para un mundo mellor, máis luminoso.

Mahsi cho. Moitas grazas.
RICHAR VAN CAMP, AUTOR
TRADUCIÓN: MERCEDES PACHECO

Nos próximos días informaremos das actividades que realizaremos para conmemorar este importantísimo DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL.

Animádevos a participar e a conmemorar o
DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger