mércores, 14 de abril de 2021

"CONTOS DIVERSOS" con Miguel A. Alonso Diz para conmemorar o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor


A segunda actividade prevista para a conmemoración durante este mes de abril do DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL e do DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTOR, terá lugar o próximo

Mércores 21 de Abril ás 13:00 horas
no
Auditorio do Concello

e contaremos de novo coa presenza do escritor


que nos traerá unha contada denominada "CONTOS DIVERSOS" á que se ten prevista a asistencia dos alumnos de Infantil do CPI "Curros Enríquez" de Pazos.

Neste contacontos coa participación activa dos asistentes nas diferentes historias a través de xestos, movementos e verbalizacións, fomentarase aspectos relacionados cos valores da igualdade, respecto á diferenza e á diversidade.

Tamén se traballará vocabulario en lingua galega, os números, as vocais; así como a motricidade e a coordinación.

Finalizado o contacontos farase unha actividade de debuxo cos participantes no que se pretende trasladar aos asistentes a idea de que a diversidade é positiva, é riqueza, é vida.

ANÍMATE!!!

PARTICIPA NAS ACTIVIDADES DE BIBLIOPAZOS!!!

ESPERÁMOSTE!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger