Amosando publicacións coa etiqueta Musica. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Musica. Amosar todas as publicacións

venres, 24 de xullo de 2020

COAS MIÑAS MANS


COAS MIÑAS MANS
Autor: Pablo díaz
Ilustradora: Lucía Cobo
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Belas Artes - Música

Idade recomendada: +5 anos

Coas miñas mans podo debuxar, contar, sentir...

Música para aprender os números, as cores, as comidas...

Pero tamén para cantarlle ça lúa, a primavera...

Cancións divertidas para medrar con alegría!

ISBN: 978-84-9151-183-0
Nº de páxinas: 28
Encadernación: Tapa dura
Formato: 24,5 x 21,5 cm

martes, 21 de xullo de 2020

A CASA DO TERROR


A CASA DO TERROR
Autor: Xoan Curiel
Ilustradora: Iria Fafián
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Belas Artes - Música

Idade recomendada: +5 anos

"A casa do terror" ten a porta aberta para ti!

Está chea de monstros e pantasmas que te sacarán a bailar e te farán rir e desfrutar. Ten coidado porque non desexarás saír desta aventura.

Un libro-cd para gañar valor e facer uns amigos de medo!!

ISBN: 978-84-9151-199-1
Nº de páxinas: 24
Encadernación: Tapa dura
Formato: 21,5 x 24,5 cm

martes, 21 de abril de 2020

BRAVAS. O REXURDIR DA LUZ!


BRAVAS. O REXURDIR DA LUZ!
Autor: A Gramola Gominola
Ilustrador: Iago Araujo
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Belas Artes - Música

Idade recomendada: +6 anos

A infame Dona Trona é feliz se ti estás triste, ou tes medo, ou te anoxas. Poderán as Bravas derrotala e traer o rexurdir da luz ao mundo?

A Gramola Gominola conta a ritmo de rock&roll como enfrontarse ao abuso escolar, defender a lingua, protexer a natureza e visibilizar as emocións. Mulleres bravas que inspiran e dan luz ao mundo!

ISBN: 978-84-9151-328-5
Nº de páxinas: 26
Encadernación: Tapa dura
Formato: 24,5 x 21,5 cm

luns, 13 de abril de 2020

CANTA, MIÑA PEDRA, CANTA


CANTA, MIÑA PEDRA, CANTA
Autor: Xoán Curiel
Ilustradora: Nuria Díaz
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Belas Artes - Música

Idade recomendada: +6 anos

Xoán Curiel nos propón unha viaxe polo universo de Antonio Fraguas, autor homenaxeado no Día das Letras Galegas 2019.

Un percorrido pola tradición popular recollida en Cantigueiro de Cotobade e tamén letras creadas para que os nenos e nenas coñezan o mestre galeguista.

ISBN: 978-84-9151-324-7
Nº de páxinas: 24
Encadernación: Tapa dura
Formato: 24,5 x 21,5 cm

xoves, 2 de abril de 2020

EU BEN VIN, VIRIVÍN


EU BEN VIN, VIRIVÍN
Autores: Manuel e Cibrán Rico López
Ilustrador: David Rodríguez
Edita: Edicións Xerais de Galicia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Belas Artes - Música

Idade recomendada: +6 anos

Este libro compendia as prosodias, rimas, recitados, fórmulas máxicas e encadeados máis representativos do cancioneiro de tradicións oral infantil que nos falan do mundo dos animais e que, por seren transmitidos de xeración en xeración, están moi ligados á cultura popular e ás veces a ritos ancestrais.

O libro aompáñase dun documento sonoro crado polo Obradoiro Experimental de Música Tradicional, formado por Nani García e Manuel Rico, que nos aproxima a novas referencias musicais recreando as melodías do cancioneiro tradicional.

ISBN: 978-849121-408-3
Nº de páxinas: 109
Encadernación: Tapa blanda
Formato: 18 x 20 cm

domingo, 29 de marzo de 2020

PAIO E O PODER DA MÚSICA


PAIO E O PODER DA MÚSICA
Autores: OVIRAVAI (Verónica Santalices, Laura Iglesias, Federico Welicki e David Álvarez)
Ilustrador: David Ouro
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Belas Artes - Música

Idade recomendada: +5 anos

Volve Paio, o teixugo molón, con novas aventuras e novos amigos como o oso Aurelio ou o armadillo Armando. Xuntos van a descubrir o poder da música e da amizade.

Acompáñanos nesta viaxe e aprenderás a importancia de coidar o planeta e tamén as criaturas que viven nel.

Música para non parar de bailar e unha historia que non esquecerás!

ISBN: 978-84-9151-255-4
Nº de páxinas: 25
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 24,5 x 21,5 cm

venres, 27 de marzo de 2020

A NENA E O GRILO MÁIS ALÓ


A NENA E O GRILO MÁIS ALÓ
Compositor: Magín Blanco
Texto: Pepablo Patiño
Ilustracións: Luz Beloso
Edita: Editorial Galaxia, SA

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Belas Artes - Música - Teatro

Idade recomendada: +7 anos

Pódense cazar estrelas fugaces? Aos esqueletos préstalles bailar? Ti que cres? Atrévete a descubrilo nesta nova aventura de A nena e o grilo máis aló.

Desta volta, entre medos e risas, o teatro musical mergúllanos na maxia da fantasía.

ISBN: 978-84-9151-309-4
Nº de páxinas: 73
Encadernación: Tapa dura
Formato: 17 x 24,5

venres, 21 de febreiro de 2020

NA PUNTA DO PÉ



NA PUNTA DO PÉ
Textos: Mercedes Prieto e Montse Rivera
Ilustracións: Joao Vaz de Carvalho
Edita: Kalandraka Editora, SL

Xénero: Literatura Infantil Galega - Poesía - Belas Artes - Música

Idade recomendada: Todas

Na punta do pé é un libro-CD-DVD que anima a aprender cancións, bailes e xogos do patrimonio tradicional galego e portugués dun xeito ameno, divertido e participativo.

Comprometidos coa recuperación da cultura lúdica e activa das festas e verbenas, os compoñentes de Pesdelán contribúen á creación desta obra para que sexa compartida por público de todas as idades, logrando ademais un material cunha potente dimensión educativa para o seu aproveitamento nas aulas.

Na punta do pé é o primeiro taballo de Pesdelán, e ten un obxectivo moi claro, como o resto dos espectáculos do grupo: Que o público baile!

Un libro-cd-dvd para aprender cantigas, bailes e xogos da tradición galega, portuguesa e mirandesa, co obxectivo de recuperar o espírito lúdico das festas, cun enfoque didáctico e participativo.

ISBN: 978-84-8464-752-2
Nº de páxinas: 79
Encadernación: Tapa dura
Formato: 16,5 x 16,5


venres, 26 de outubro de 2018

TIC TAC


TIC TAC
Autor: Pablo Díaz
Ilustrador: Marc Taeger
Edita: Kalandraka Editora

Idade recomendada: +3 anos

Xénero: Libro infantil en Galego - Música

"Tic Tac" é un libro-cd que combina música e ilustracións. Trátase dunha obra para ver, escoitar e cantar, tanto en familia como na escola, como complemento das clases de Educación Musical.

Neste primeiro traballo musical en solitario, Pablo Díaz fai un amplo percorrido por distintos ritmos cos que -dente a perspectiva do folk- abarca a universalidade da música, dende o xénero clásico ata o jazz, pasando polo rock, o soul, o swing e os ritmos latinos.

As 16 cantigas do disco abordan temas próximos aos cativos, como a natureza, o mar, os animais ou o fogar, se xeito que tamén adquiren vocabulario e fórmulas de expresión a través da música.

O libro compleméntase cunhas orixinais ilustracións realizadas coa técnica do linogravado, un método artesanal recuperado por Marc Taeger coa intención de afondar no carácter tradicional da obra.

ISBN: 978-84-8464-701-0
Nº de páxinas: 38
Encadernación: Tapa dura
Formato: 16 x 16 cm.

luns, 20 de agosto de 2018

A FIESTRA DOS SOÑOS


A FIESTRA DOS SOÑOS
Autor: Manuel Boquete
Ilutrador: Manuel Boquete
Música: Ramón Feans
Editorial Galaxia, S.A
Colección: Sonárbore

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Música

Idade recomendada: +4 anos.

Unha fiestra para asomarse a un mundo realmente máxico. Soñas?

ISBN: 978-84-9151-079-6
Nº de páxinas: 24
Encadernación: Tapa dura
Formato: 21 x 24 cm.



sábado, 18 de agosto de 2018

NO PAÍS DO VENTO


NO PAÍS DO VENTO
Autora: Charo Pita
Ilustrador: Oscar Villán
Editorial Galaxia, S.A
Colección: Sonárbore

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Música

Idade recomendada: +4 anos.

No país do vento nada queda quieto: os pés bailan, as saias xiran e moitas melodías e algunhas pequenas historias van buscando orllas que as escoiten e labios que as cantaruxen para seguir vivas montadas no lombo das brisas e dos furacáns.

ISBN: 978-84-9151-176-2
Nº de páxinas: 24
Encadernación: Tapa dura
Formato: 21 x 24 cm.


venres, 17 de agosto de 2018

MONSTROS CON OU SEN CONSENTIMENTO


MONSTROS CON OU SEN CONSENTIMENTO
Autor: Fran Amil (Chuches Amil)
Ilustrador: Manel Cráneo
Editorial Galaxia, S.A
Colección: Sonárbore

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Música

Idade recomendada: +4 anos

Cancións para gozar en familia, cun sorriso nos beizos e moito ritmo para erguer o ánimo e non parar de bailar. E tamén moitos monstros, que medo!
E contos, soños e alegría neste novo libro - CD de Chuches Amil

ISBN: 978-84-9151-177-9
Nº de páxinas: 24
Encadernación: Tapa dura
Formato: 21 x 24 cm.

sábado, 11 de agosto de 2018

CAMIÑOS


CAMIÑOS
Autor: Magín Blanco
Ilustrador: Leandro Lamas
Boa Música Editorial, S.L.

Xénero: Literatura Infantil - Música

Idade recomendada: +4 años

Camiños é unha nova aventura dun dos mellores músicos compositores da escena: Magín Blanco.
Desta volta, inicia canda o ilustrador Leandro Lamas un camiño que quere ser un lugar de encontro e descuberta a través das cancións, dos contos e dos poemas dalgúns dos máis destacados escritores.

Camiños é unha metáfora da vida onde conflúen a música, o teatro, a poesía e os contos, para estimularen e enriquecen a imaxinación e la creatividade da xente miúda.

ISBN: 978-84-944241-7-5
Nº de páxinas: 62
Encadernación: Tapa dura
Formato: 18 x 24 cm.


mércores, 1 de agosto de 2018

SERPE DE CRISTAL


SERPE DE CRISTAL
Autor: Xosé Lois Seixo Fernández
Cancións: Pirilampo
Ilustrador: Federico Fernández
Editorial Galaxia, S.A
Colección: Sonárbore

Género: Literatura Infantil - Música - Libro CD

Idade recomendada: +4 anos

O golfiño, a abella, o tritón, o reiseñor, a bubela, todos os peixes do mar e moitos outros aniamis que te rodean están neste novo libro-cd de Pirilampo.

Xunto coa Serpe de cristal queren que aprendas moito e non deixes de cantar!!!

ISBN: 978-84-9151-163-2
Nº de páxinas: 24
Encadernación: Tapa dura
Formato: 21 x 24 cm.




luns, 23 de abril de 2018

PASENIÑO - TROMPETA

 

PASENIÑO - TROMPETA
Autor: Antonio Cerviño Loira
Consello da Cultura Galega
Colección Autores&Textos

Xénero: Belas Artes - Música

O Cancioneiro popular galego é a expresión sonora de máis fondura e, consecuentemente, o medio axeitado para que os estudantes de música da Comunidades Autónoma de Galicia se acheguen aos elementos esenciais do feito musical. 

Partituras para aprender a tocar a trompeta. Esta é a proposta de Paseniño un sistema de aprendizaxe musical que aproveita os nosos temas tradicionais para facilitar a introducións aos intrumentos musicais. O proxecto vai dirixido a alumnos de grao elemental das respectivas especialidades instrumentais.

O complemento metodolóxico Paseniño ideouse co propósito de que os alumnos de grao elemental da Trompeta se poidan nutrir do rico patrimonio musical galego durante o antedito proceso formativo. 

ISBN: 978-84-92923-17-5
Nº de páxinas: 78
Encadernación: Tapa Branda
Formato: 21 x 30 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger