venres, 26 de outubro de 2018

TIC TAC


TIC TAC
Autor: Pablo Díaz
Ilustrador: Marc Taeger
Edita: Kalandraka Editora

Idade recomendada: +3 anos

Xénero: Libro infantil en Galego - Música

"Tic Tac" é un libro-cd que combina música e ilustracións. Trátase dunha obra para ver, escoitar e cantar, tanto en familia como na escola, como complemento das clases de Educación Musical.

Neste primeiro traballo musical en solitario, Pablo Díaz fai un amplo percorrido por distintos ritmos cos que -dente a perspectiva do folk- abarca a universalidade da música, dende o xénero clásico ata o jazz, pasando polo rock, o soul, o swing e os ritmos latinos.

As 16 cantigas do disco abordan temas próximos aos cativos, como a natureza, o mar, os animais ou o fogar, se xeito que tamén adquiren vocabulario e fórmulas de expresión a través da música.

O libro compleméntase cunhas orixinais ilustracións realizadas coa técnica do linogravado, un método artesanal recuperado por Marc Taeger coa intención de afondar no carácter tradicional da obra.

ISBN: 978-84-8464-701-0
Nº de páxinas: 38
Encadernación: Tapa dura
Formato: 16 x 16 cm.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger