E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS
Amosando publicacións coa etiqueta Libros infantís. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Libros infantís. Amosar todas as publicacións

domingo, 9 de maio de 2021

ELISA NO MUNDO DAS MARABILLAS

ELISA NO MUNDO DAS MARABILLAS
Autor: APAMP (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral)
Editorial Galaxia

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +5 anos

A ilusión e a beleza están ao alcance de calquera. A Editorial Galaxia e APAMP (Asociación de familias de persoas con parálise cerebral) editan “ELISA NO MUNDO DAS MARABILLAS”

Este é moito máis que un álbum ilustrado. É un libro feito dende a ilusión máis absoluta e que nace do entusiasmo brutal e optimista do Obradoiro Artístico de APAMP (Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral) e que un día decidiron escribir, e ilustrar, coas súas propias mans, cos seus propios corazóns, este libro protagonizado por Elisa, unha muller alegre, soñadora, de mirada intensa e cabelos castaños. Era moi fermosa, pero ela non o sabía. Elisa movíase nunca cadeira de rodas e tiña parálise cerebral.

A través deste libro, achegarémonos a unha realidade que ignoramos, que non queremos ver malia que a teñamos diante dos ollos. A realidade das persoas que padecen parálise cerebral e que aínda que cheos de dificultades, son quen de saír adiante.

ISBN: 978-84-9151-036-9
Nº de páxinas: 24
Encuadernación: Tapa dura
Formato: 21 x 24 cm

luns, 21 de xaneiro de 2019

OS BOLECHAS FAN COUSAS DE MADEIRA


OS BOLECHAS FAN COUSAS DE MADEIRA
Ilustracións e textos: Pepe Carreiro / Estudio Carreiro
Bolanda Ediciones y Marketing

Idade recomendada: +3 anos

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Os Boelchas están na casa dos curmás Sarela e Ying e do curmán Kofi. Ven un paporrubio na horta e ocórreselles facerlle unha casa de madeira.

ISBN: 978-84-17702-42-7
Nº de páxinas: 32
Encadernación: Cartoné
Formato: 15 x 21 cm


xoves, 30 de agosto de 2018

DEZ DEDOS NAS MANS E DEZ DEDAS NOS PÉS


DEZ DEDOS NAS MANS E DEZ DEDAS NOS PÉS
Autor: Mem Fox
Ilustradora: Helen Oxenbury
Edita: Kalandraka Editora

Xénero: Literatura Infantil en Galego -  Contos

Idade recomendada: +0 anos

"Dez dedos nas mans e dez dedas nos pés" é un tenro álbum ilustrado para pre-lectores e primeiros lectores que, a partir dun sinxelo texto rimado, estrutura repetitiva e fórmula acumulativa, amosa varios bebés nacidos en distintos lugares do mundo, destacando o que teñen en común: dez dedos e dez dedas.

O ton rítmico do texto favorece a lectura en voz alta e a participación dos destinatarios.

ISBN: 978-84-8464-382-1
Nº de páxinas: 40
Encadernación: Tapa dura
Formato: 27,5 x 23,5 cm.

xoves, 5 de xullo de 2018

O TRASNO DE BÓVEDA E A CHAVE MÁXICA


O TRASNO DE BÓVEDA E A CHAVE MÁXICA
Autor: Luis Pérez Varela
Ilustradora: Patricia Román
Edita: Deputación de Ourense

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +9 anos

Gañador do XI premio de Literatura Infantil e Xuvenil "Pura e Dora Vázquez"

Cando Olaia e máis o seu irmán Iago se achegaron ao alpendre da casa para investigar os ladridos de Lolo, o can da familia, dificilmente imaxinaban o que ían encontrar. Pendurado no cable da luz, o trasno Grexo agardaba por eles cunha misión: comunicarlle os perigos que ameazaban o fantástico mundo Kordok e, de paso, conducilos cara a unha nova aventura chea de máxia e perigos.

ISBN: 978-84-92554-72-0
Nº de páxinas: 101
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14,5 x 21 cm

mércores, 6 de xuño de 2018

OS BOLECHAS VAN A VALDOVIÑO


OS BOLECHAS VAN A VALDOVIÑO
Ilustracións e textos: Pepe Carreiro / Estudio Carreiro
Bolanda Ediciones y Marketing
Colección: Os bolechas Guías

Xénero: Literatura Infantil Galega - Contos

Idade recomendada: + 6 anos

Os bolechas están de vacacións en Valdoviño con outras moitas nenas e nenos, uns de Valdoviño e outros de fóra.

Fan surf, bodyboard, vela, pesca... e aínda teñen tempo para cantar!!!

ISBN: 978-84-617-4021-5
Nº de páxinas: 31
Encadernación: Tapa branda
Formato: 15 x 21 cm

sábado, 28 de abril de 2018

TENRURA


TENRURA
Autor: Antón Cortizas Amado
Ilustracións: Lidia Nokonoko
Editorial Galaxia, S.A. 

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade Recomendada: A partir de 6 anos

Este non é un libro calquera. Esta é unha historia moi especial. Tenrura é o seu título mais tenrura é a música que o inspirou. 

Antón Cortizas agasállanos un conto que gustará moito á cativada, pero que aos grandes vai levarnos a un sitio moi especial da nosa memoria... como lle acontece á protagonista, que se perde e se atopa, que está e que non está...

Unhas páxinas cheas de maxia, de delicada luz e, sobre todo, de tenrura.

ISBN: 978-84-9151-090-1
Nº de páxinas: 99
Encadernación: Tapa dura
Formato:14,5 x 28 cm
                            

luns, 19 de marzo de 2018

OS MEGATOXOS E A BATALLA DE RANDE


OS MEGATOXOS E A BATALLA DE RANDE
Texto e Ilustracións: Anxo Fariña
Edicións Xerais de Galicia, S.A.
Colección  Sopa de Libros

Xénero:  Literatura Infantil Galega - Narrativa

Idade Recomendada : A partir de 12 anos

O 23 de outubro de 1702 librouse nas augas da ría de Vigo unha formidable batalla marítima. A Frota da Prata, composta por españois e franceses, tratou de defender de ingleses e holandeses, os seus galeóns, abarrotados de ouro, prata, xoias... 

Os Megatoxos descubrirán nesta aventura que existiu un galeón -o "Indomable"- que non figuraba nos rexistros, e que este portaba unha arma capaz de cambiar o curso da historia. No fragor da loita comprobarán o poder do amor, un sentimento polo que paga a pena o sacrificio.

Un tesouro, un deus da creación e da destrución, unha batalla naval, moitos canóns e unha proposta: mudar o pasado para alterar o presente? 

ISBN:978-84-9121-298-0
Nº de páxinas: 185
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14 x 21,5 cm



xoves, 8 de marzo de 2018

BRANCANEVES E OS 77 ANANIÑOS


BRANCANEVES E OS 77 ANANIÑOS
Autor: Davide Cali
Ilustracións: Raphaëlle Barbanègre
Traducción: Anaír Rodríguez
Edicións Xerais de Galicia S.A. 

Xénero: Literatura Infantil - Contos 

Idade Recomendada: A partir de 4 anos

Había unha vez, no medio e medio do bosque, unha rapaza chamada Brancaneves que fuxía dunha bruxa malvada. Nunca casiña, habitada por 77 ananos, atopou acubillo.

Os simpáticos ananiños acordaron que podía quedar con eles o tempo que quixese.

-Poderías axudarnos un pouco coas tarefas da casa? - dixeronlle.

Unha forma diferente de contar os clásicos que tratan temas actuais coma a igualdade ou a discriminación e o bullying...

ISBN: 978-84-9121-266-9
Nº de páxinas: 34
Encadernación: Tapa dura
Formato: 21,5 x 21,5 cm
                            

mércores, 7 de marzo de 2018

CINCENTA E AS ZAPATILLAS PELUDAS


CINCENTA E AS ZAPATILLAS PELUDAS
Autor: Davide Cali
Ilustracións: Raphaëlle Barbanègre
Traducción: Anaír Rodríguez
Edicións Xerais de Galicia S.A.

Xénero: Literatura Infantil - Contos

Idade Recomendada: A partir de 4 anos

Había unha vez unha nena que vivía coa súa terrible madrastra e con dúas irmás aínda peores. Pasaba os días ocupándose das tarefas do fogar e soñando cun aposto príncipe. Ata que un día se anunciou o famoso concurso de baile...

Esta reinterpretación do conto clásico de Cincenta supón un canto á liberdade.

Unha historia divertida e chea de humor que cuestiona os estereotipos aceptados que moi a miúdo impiden a educación na igualdade de dereitos e oportunidades de nenos e nenas.

ISBN: 978-84-9121-267-6
Nº de páxinas: 36
Encadernación: Tapa dura
Formato: 21,5 x 21,5 cm
                            

martes, 27 de febreiro de 2018

AVOA POWER: Marcopola A Illa Remeira 4


AVOA POWER 
Marcopola - A Illa Remeira 4 
Texto e Ilustracións: Jacobo Fernández Serrano 
Edicions Xerais de Galicia S.A.
Colección: Marcopola a illa remeira

Xénero:  Literatura infantil - Comic

O temible ladrón Blake the Tiger anda facendo das súas na Costa das Patacas. Alí chegan Marco Pola, Libro e Dragoneta para axudar a Seara, a avoa de Libro, a resolver a desfeita.

Seara, como todas as avoas, é quen de facer cousas incribles, mais só ela é coñedida na vila como Avoa Power. 

Por que será?...  Achégate a BiblioPazos para averigualo.

ISBN: 978-84-9914-945-5
Nº de páxinas: 55
Encadernación: Rústica
Formato: 17 x 24 cm

venres, 16 de febreiro de 2018

UN RONSEL DE ARDORA


UN RONSEL DE ARDORA
Pequena biografía de Angeles Alvariño
Autor: Enrique Mauricio
Ilustracións: Carlos Taboada
Lela Edicións
Serie Mulleres Galegas 1 

Xénero: Literatura Infantil - Biografías

Idade Recomendada: A partir de 6 anos

María de los Ángeles Alvariño (Serantes, 1916- San Diego, 2005) foi unha científica galega de recoñecemento internacional. Os seus traballos tiveron especial relevancia e aplicación na oceanografía e na bioloxía mariña. Nas súas palabras hai que " levar ao nenos e nenas á magnífica catedral natural , con paseos polo campo, praias e forestas..."

Unha muller na defensa  da Ciencia, dos nosos recursos naturais e da biodiversidade mariña.

Unha colección de Mulleres Ilustres que recordanos como debemos defender os nosos dereitos...


ISBN: 978-84-946043-0-0
Nº de páxinas: 31
Encadernación: Tapa branda
Formato: 16 x 16 cm
                            

xoves, 15 de febreiro de 2018

MEIGA NOVA, METADE ANXO, METADE MARISCO


MEIGA NOVA, METADE ANXO, METADE MARISCO.
Pequena biografía de Maruja Mayo
Autor: Enrique Mauricio
Ilustracións: Carlos Taboada
Lela Edicións
Serie Mulleres Galegas 2 

Xénero: Literatura Infantil - Biografías

Idade Recomendada: A partir de 6 anos

Maruja Mayo (Viveiro 1902- Madrid, 1995) foi unha pintora galega de recoñecemento internacional. Participou coas súas ilustracións en numerosas revistas, realizou cadros innovadores, escenografías teatrais, cerámicas, pinturas murais, conferencias , accións poéticas, fotografías artísticas. E sempre dende unha óptica rebelde, comprometida e moi divertida.

Esta muller impulsora do Arte e mailas Letras cos seus poemas é ademáis unha reinvindicadora da   defensa da Cultura Galega.

Unha colección de Mulleres Ilustres que recordanos como debemos defender os nosos dereitos...



ISBN: 978-84-946043-3-1
Nº de páxinas: 31
Encadernación: Tapa branda
Formato: 16 x 16 cm
                            

martes, 6 de febreiro de 2018

NUBE DE NEVE


NUBE DE NEVE
Autor: Xabier P. Docampo
Ilustración: Xosé Cobas
Santillana Infantil y Juvenil S.L 
Edicións Obradoiro S.L
Colección Oqueleo Narrativa Serie Amarela 

Xénero: Literatura Infantil Galega - Narrativa

Idade recomendada: A partir de 6 anos.

Oria achega no conxelador da súa casa o segredo das nevaradas. Rouboulle ao ceo unha gran nube de neve para poder dispoñer das folerpas ao seu antollo.

Poderá Oria vestir de neve os días de sol?

Acompaña a Oria nesta aventura e aprende cada ela a amar e a respectar a natureza.

ISBN: 978-84-16834-60-0
Nº de páxinas: 44
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 20 cm
                            

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger