E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

luns, 19 de marzo de 2018

OS MEGATOXOS E A BATALLA DE RANDE


OS MEGATOXOS E A BATALLA DE RANDE
Texto e Ilustracións: Anxo Fariña
Edicións Xerais de Galicia, S.A.
Colección  Sopa de Libros

Xénero:  Literatura Infantil Galega - Narrativa

Idade Recomendada : A partir de 12 anos

O 23 de outubro de 1702 librouse nas augas da ría de Vigo unha formidable batalla marítima. A Frota da Prata, composta por españois e franceses, tratou de defender de ingleses e holandeses, os seus galeóns, abarrotados de ouro, prata, xoias... 

Os Megatoxos descubrirán nesta aventura que existiu un galeón -o "Indomable"- que non figuraba nos rexistros, e que este portaba unha arma capaz de cambiar o curso da historia. No fragor da loita comprobarán o poder do amor, un sentimento polo que paga a pena o sacrificio.

Un tesouro, un deus da creación e da destrución, unha batalla naval, moitos canóns e unha proposta: mudar o pasado para alterar o presente? 

ISBN:978-84-9121-298-0
Nº de páxinas: 185
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14 x 21,5 cm



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger