VISITAS

luns, 2 de maio de 2016

MANUEL MARÍA. ANTOLOXÍA POÉTICA

MANUEL MARÍA. ANTOLOXÍA POÉTICA
Autor: Manuel María
Selección e Edición: Miguel A. Mato Fondo e
Miguel Anxo Fernán-Vello
Edicións Espiral Maior, 1993
Colección: Espiral Maior Poesía

Xénero: Poesía Galega

A presente antoloxía recolle a producción poética do autor desde 1950 até a data de publicación do libro, sendo polo tanto a máis completa das que se ocuparon da súa obra e unha aportación esencial para achegarnos ao universo dun dos máis importantes poetas das nosas letras contemporáneas.

Manuel María naceu en Outeiro de Rei (Terra Chá) en 1929. Autor dunha extensa obra poética traducida a varios idiomas, inicia a súa vida cultural en Lugo, nas tertulias de postguerra animadas por autores como Luis Pimentel e Anxel Fole, entre outros.
 
ISBN: 84-88137-12-5
Nº de páxinas: 149
Encadernación: Tapa branda
Formato: 21 x 14,5 cm


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger