Amosando publicacións coa etiqueta Consumo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Consumo. Amosar todas as publicacións

venres, 17 de abril de 2015

CARNÉ XOVE, NON ESQUEZAS FACELO!!!

https://www.dropbox.com/s/tsil38mh24pd200/2015-04-16%20BANDO%20Carn%C3%A9%20Xove.jpg?dl=0

¿Coñeces o CARNÉ XOVE?
Pásate pola Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concello e informarémoste de todo. 

¿Qué vantaxes ten?
Descontos en aloxamentos, transportes, tendas de roupa, zapaterías, artigos de regalo, espectáculos, museos, talleres, ópticas, seguro gratuíto... e moitos máis. 

¿Quén pode facelo?
Os mozos e mozas de entre 12 e 30 anos presentando o D.N.I. 

¿Canto custa? 
Para a obtención do CARNÉ XOVE soamente hai que abonar as taxas de expedición do mesmo á Xunta de Galicia por importe de 6,00 €uros. 

¿Qué tempo de VALIDEZ ten? 
É valido por DOUS ANOS.

https://www.dropbox.com/s/stxcdrwnvs43b61/2015-04-16%20Carn%C3%A9%20Xove%20Sorteos.jpg?dl=0

 Ademáis si o fas agora
na
OMIX do Concello de Pazos de Borbén
recibirás de regalo
UN RELOXO ou UN BOLI para Tablet, Móbil...!!!

¡¡¡ATA FIN DE EXISTENCIAS!!!

DATE PRESA NON O DEIXES PARA MAÑÁN!

MÁIS INFORMACIÓN


xoves, 9 de abril de 2015

OBRADOIRO "Coñece e defende os teus dereitos como consumidor" con ADICAE GALICIA

https://www.dropbox.com/s/wkrrryaizs6gkcc/Cartel-Derechos-Consumidor-VIGO-abr-2015.jpg?dl=0

Este ano BIBLIOPAZOS, en colaboración coa Oficina Municipal de Información Xuvenil do Concelo (OMIX), inicia unha serie de actividades novedosas co obxecto de amplialas a outros ámbitos da información aos cidadáns que non sexan exclusivamente as propias da biblioteca (Animación á lectura, información sobre lectura, servizos, actividades e novas tecnoloxías).

Comezamos cun interesantísimo OBRADOIRO SOBRE CONSUMO denominado "COÑECE E DEFENDE OS TEUS DEREITOS COMO CONSUMIDOR" que terá lugar o próximo venres 10 de abril, ás 20:00 horas, no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén.

O obradoiro o levará a cabo IRIA AGUETE -coordinadora de ADICAE GALICIA- que nos expoñerá sobre como reclamar cando temos un problema de consumo, en especial nos sectores máis reclamados -banca, electricidade, telefonía e seguros-.

http://galicia.adicae.net/

Despois da exposición dará a coñecer algunhas das reclamacións mais comúns co CADERNO DE RECLAMACIÓNS DE ADICAE, e nos levará polo mundo do consumo para ensinarnos a coñecer os nosos dereitos e a defendernos de todos os abusos que se cometen día a día en contra dos intereses dos cidadáns como consumidores.

ADICAE é unha Asociación de Consumidores e Usuarios de ámbito estatal cunha traxectoria de máis de 17 anos ó servizo da defensa dos intereses e dereitos dos consumidores que conta cunha base social formada por milleiros de soci@s e persoas consumidoras simpatizantes que lle véñen dando o seu apoio. 

ADICAE está presente en Galicia dende o ano 2004 constituída como ADICAE GALICIA, desenrolando as súas actividades en defensa dos consumidores e usuarios.

Se queres saber máis de ADICAE GALICIA fai clic AQUÍ, ou en calquera dos enlaces clicando no seu nome.

ENTRADA DE BALDE ATA COMPLETAR AFORO


 VEN E PARTICIPA!

 


 

mércores, 18 de xuño de 2014

INFORMACIÓN DO CONCELLO - CARNÉ XOVE

A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello fainos chegar a seguinte información para a mocidade:


¿Coñeces o CARNÉ XOVE?

Pásate pola OMIX do Concello e te informaremos de todo.

¿Qué vantaxes ten?

Descontos en aloxamentos, transportes, tendas de roupa, zapaterías, artigos de regalo, espectáculos, museos, talleres, ópticas,... e moitos máis.

¿Quén pode facelo?

Os mozos e mozas de entre 12 e 30 anos presentando o D.N.I.

¿Canto me custa?

Para a obtención do CARNÉ XOVE soamente hai que abonar as taxas de expedición do mesmo á Xunta de Galicia por importe de 6,00 €uros.

¿Qué tempo de VALIDEZ ten o CARNÉ XOVE?

É valido por DOUS ANOS.

 Ademáis si o fas agora na OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL do Concello de Pazos de Borbén

¡¡¡REGALÁMOSCHE UN RELOXIO!!!
¡¡¡ATA FIN DE EXISTENCIAS!!!

MÁIS INFORMACIÓN

NA OFICINA MUNICIPAL DE INFORMACIÓN XUVENIL DO CONCELLO

De Luns a Venres de 09:00 a 14:00 horas




¡DATE PRESA NON O DEIXES PARA MAÑÁN!

luns, 18 de febreiro de 2013

Non clames, reclama

As asociacións de consumidores guían aos defraudados coas redes sociais nas súas reclamacións

Mércores 26 de decembro do 2012, por Fernando Sarasqueta

As redes sociais medran na súa influencia, cousa por outra banda natural, que por algo son redes e son sociais. Con todo, hai servizos que se che poñen coller o brazo enteiro, en troques dunha man, cóllencho sen dúbida. Se a isto engadimos que tamén hai internautas coa garda baixa, pois basicamente xa temos unha enleada. Plataformas como ASGECO (Asociación Xeral de Consumidores) e a Confederación de Consumidores e Usuarios (CECU) reciben cada vez máis reclamacións sobre malas prácticas no devandito ámbito 2.0. Con este e outros motivos, puxeron en marcha a terceira edición da campaña Non clames, reclama, destinada potenciar as reclamacións entre os consumidores e usuarios. Para o caso que nos ocupa, entre os internautas á par que usuarios 2.0.

De feito, nesta nova entrega da campaña faise fincapé en dous sectores que as asociacións cualifican de problemáticos de abondo: os seguros (que representaron máis de 75.500 reclamacións en 2012 en España) e as redes sociais (máis de 9 de cada 10 internautas españois teñen un perfil persoal nunha ou varias redes sociais). A estratexia de información inclúe dous novos anuncios informativos e máis a difusión de 20.000 guías nas redes sociais, complementándose o seu alcance cunha aplicación para smartphones, con sistema Android ou iOS, que presenta as repostas a 100 das preguntas máis comúns sobre os dereitos dos consumidores.

Dentro da promoción da campaña a través de internet, o portal www.noclamesreclama.org fornece aos usuarios de consellos en 10 sectores, ao tempo que fican activas de xeito permanente as páxinas en Facebook, Tuenti e YouTube, así como a conta en Twitter. Segundo informan as asociacións responsábeis destas iniciativas, a edición de 2011 tivo "un importante éxito, con máis de 62.200 visitas á web do proxecto e case 230.000 páxinas vistas, máis de 800 consultas respondidas a través de correo electrónico, acumulando máis de 1.000 seguidores fieis en Twitter, Facebook e Tuenti, e preto de 42 millóns de impactos efectivos en telespectadores para a campaña en televisión durante o mes de xullo 2011".

Fuente:  Código Cero

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger