xoves, 14 de decembro de 2017

"CONTA CONMIGO" - Animación á lectura con SABELA GAGO

https://www.dropbox.com/s/11u30rc0qu105v9/2017%20Portada%20Actividade%20CONTA%20CONMIGO%20-%20SABELA%20GAGO%20-%20Santillana%20Obradoiro%20-%200111.jpg?dl=0

Rematamos as actividades do ano 2017 cunha última contada para todos os alumnos de Infantil e Primaria do Colexio Público Integrado “Curros Enríquez” de Pazos e da EEI "A Galeriña" de Nespereira.

Esta contada "CONTA CONMIGO" será levada a cabo pola actriz, directora, contacontos e moitas cousas máis SABELA GAGO e está patrocinada polas Editoriais SantillanaObradoiro nunha nova campaña de colaboración de BiblioPazos coas editoriais galegas.

Así que xa sabedes, o martes 19 de decembro terá lugar na Sala de Lectura da Biblioteca Pública Municipal do Concello de Pazos de Borbén o espectáculo de narración oral “CONTA CONMIGO”, unha contada onde os rapaces e rapazas participarán activamente, serán protagonistas das historias que se van sucedendo para facer dos contos unha sesión dinámica de goce e coñecemento. Unha viaxe en avión ou nave espacial, según elixan os protagonistas, un galiñeiro cheo de ovos únicos ou un camaleón en apuros, son algunas das historias que os alumnos e alumnas poderán vivenciar entre coreografías grupais e personaxes fantásticos. A clave estará en espertar a imaxinación.

Sabela Gago é licenciada en Pedagoxía e Diplomada en Maxisterio, reside en Ourense onde compaxina a súa actividade como actirz, produtora e docente teatral na Compañía Sarabela Teatro, co traballo de Especialista en temas de Animación á lectura no Concello de Ourense, Centros de Formación, Bibliotecas, Editoriais e Centros Educativos de Galicia.


ESPERÁMOSVOS EN BIBLIOPAZOS!

NON FALTEDES!

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger