Amosando publicacións coa etiqueta Ficción y Literatura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Ficción y Literatura. Amosar todas as publicacións

luns, 14 de maio de 2018

KIBUKO


KIBUKO
Autor: Xavier Estévez
Ilustración: Elena Hormiga
Santillana Infantil y Juvenil S.L. e Edicións Obradoiro, S.L.
Colección Oqueleo Narrativa Serie Laranxa 

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Narrativa

Idade Recomendada: A partir de 10 anos.

Sara ten unha fonda tristura acubillada no seu corazón. Un día atopa na praia unha caixa cunha vella máquina de fotos e unha nota para ela, unha invitación para un misterioso xogo.

Por outro lado, Kibuko é un monstro que tenta salvar o seu mundo máxico. E ten un plan...

Unha historia de misterio e de amizade que transporta o lector a un mundo de fantasía.

ISBN: 978-84-16834-38-9
Nº de páxinas:126
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 20 cm
                            

domingo, 17 de decembro de 2017

A ARTE DE TROBAR


A ARTE DE TROBAR
Autor: Santiago Lopo
Ilustracións: Manuel Vigo
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección Narrativa

Género: Literatura  Galega - Narrativa

Premio Xerais de Novela 2017

No século XIII, unha "troupe" de artistas itinerantes procedentes de Galicia percorre os reinos do Camiño de Santiago. É un momento de cambio político, cultural e lingüístico nunha Europa inmersa en cruentas loitas de poder. As persecucións relixiosas e as ansias expansionistas coinciden co auxe das cantigas galego-portuguesas e co declive da lírica provenzal.

Un códice oculto, a Inquisición, a herexía cátara e os segredos da alquimia uniranse ás cantigas medievais para conformar unha engaiolante trama nunha novela con grandes doses de intriga. 

A arte de trobar é unha novela luminosa escrita con felicidade e coñecemento, que non renuncia ao humor. Configurada a partir de capítulos curtos, é capaz de integrar unha trama implacable coa tradición máis notable de versos en galego en galego e occitano. 

Documentada con rigor, e dotada dun ritmo moi áxil, A arte de trobar constitúe un vibrante fresco desta nosa historia, que se escribiu en folla de pergamiño e con pluma de ave, á beira do mar.


ISBN: 978-84-9121-274-4
Nº de páxinas: 184
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5x 19 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger