CON AROA, O ÚLTIMO VERÁN
Autor: Xurxo Chapela
Sotelo Blanco Edicións S.L.
Colección: Docexvintedous
Xénero: Literatura Xuvenil - Narrativa
Cando Alberte decidiu marchar para o Courel cura-la tise (ou a neura), quen ía a pensar que ó volvelo a ver tería eu moito que contarlle. Porque, ¿podes imaxinar que a rapaza dos teus soños entre de repente pola porta do teu pub favorito? E, ademais, ¿a quen se lle vai ocorrer que, aínda por riba, haxa posibilidades de que che faga caso?
Si, ho, si que mire para ti e escoite o que dis. Que te murmure na orella... !e che aloumiñe a caluga! Incrible, ¿non che parece? ¿Quen me ía dicir a min que no tempo dun verán a miña eterna mala sorte se ía derreter coma o xeo nunha copa de xenebra, lenta pero definitivamente?
A verdade é que non o dou entendido. Pero ¿quen pode saber por que as cousas acaban saíndo redondas? Así que, se mo preguntas algún día, só che vou poder contestar como din na miña terra: ¿Eu seino?
ISBN: 84-27824-344-5
Nº de páxinas: 101
Encadernación: Tapa branda
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.