A ENCRUCILLADA DA TORRE
Autor: Xosé Ramón González Álvarez
Autor: Xosé Ramón González Álvarez
Ilustraccións: F. Mantecón
Editorial Galaxia S.A.
Colección Árbore
Colección Árbore
Xénero: Literatura Xuvenil - Narrativa
A Encrucillada da Torre é unha novela que non nega a súa inspiración autobiográfica. Os propios recordos da infancia e da adolescencia son o material de que se vale o autor para ir reconstruíndo un mundo sen televisións nin videoxogos, sen ninguna autovía e con moi poucos coches.
É o mundo da posguerra na Galicia rural e vilega, rodeada de montes case selváticos polos que aínda pululan partidas guerrilleiras e patrullas da Garda Civil, un mundo no que nos rapaces alternan a estancia na escola coa participación nos labores agrarios e no que o contacto coa natureza forma parte dunha rutina cotiá que ten pouco de idílica.
O protagonista deste relato vai ser o observador privilexiado do transcorrer da vida nuns tempos tan cercanos na cronoloxía como paulatinamente afastados nos costumes e nos modos de vivir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.