ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA
Autora: Ledicia Costas
Ilustracións: Víctor Rivas
Editorial: Edicións Xerais de Galicia, S.A
Ano de edición: 2014
Xénero: Narrativa
Idade recomendada: + 11 anos.
Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un
curso de cociña para o seu décimo aniversario, que coincide co Día de
Defuntos, a festa dos mortos. E nese día tan especial recibiu un
megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre
negro onde viñan as instrucións para activar a
Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX que nunca se separa
de Lady Horreur, un arrepiante arañón con acento francés.
A bordo do mortobús, os tres novos amigos e mais o gato Dodoto viaxarán
ao Inframundo, onde os defuntos viven baixo as ordes de Amanito, o
tirano que goberna no Alén coa axuda dos funguiños: os seus terroríficos
esbirros.
Unha ducia de moi gorentosas e larpeiras receitas, as máis
sabedeiras do mundo dos vivos e dos mortos, dan paso a cada un dos
bocados desta historia de humor macabro que estimula o apetito do lector
e a curiosidade polo mundo da cociña.
Premio Merlín de Literatura Infantil 2014
Serie: Merlín marelo
ISBN: 978-84-9914-739-0
Encadernación: Tapa branda
Formato: 19 x 14 cm
Nº de páxinas: 167