xoves, 7 de maio de 2015

CONTOS DE ÁFRICA

CONTOS DE ÁFRICA
Autor: Onofre Sabaté
Editorial: Edicións Positivas, S.L
Ano de edición: 2012

Xénero: Narrativa
 
Contos de África é unha escolma de narracións populares africanas, seleccionadas entre as infinitas que hai.

Dalgunhas delas sabemos a procedencia local. Pero outras xa non teñen ligazón cunha orixe xeográfica ou cultural, están xa moi estendidas por todo o continente. É a narrativa popular panafricana.

O estreito lazo coa natureza, a supremacía do ben común fronte ao interese individual, o sentido do sacro e a importancia da palabra e da oralidade como medio de transmisión cultural son os elos destas historias africanas.

É unha literatura para ler e oír ao mesmo tempo, e para comprobar que xa as coñeciamos, porque pode que nunca deixaramos de ser africanos. 

ISBN: 978-84-939812-0-4
Encadernación: Tapa branda
Formato: 21 x 14 cm
Nº de páxinas: 175

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger