domingo, 9 de setembro de 2018

POR QUE?


POR QUE?
Ilustrador: Nikolai Popov
Edita: Kalandraka Editora

Xénero: Literatura Infantil en Galego - Contos

Idade recomendada: +4 anos

Se os nenos e as nenas poden entender a insensatez da guerra, se se decatan do fácil que é caer nun ciclo de violencia, quizais no futuro se convertan en impulsores da paz.
Nikoali Popov

A senrazón da guerra, a violencia, a vinganza, a devastación e a morte asómanse en toda a súa crueza ás páxinas desde libro visual; unha fábula que comeza coa bucólica estampa dunha ra gonzando do arrecendo dunha flor, ata a irrupción dun rato que a ataca para quitarlla.
Xorde daquela unha loita entre os dous bandos cada vez máis numerosos en individuos e medios bélicos que da lugar a emboscadas e bombardeos.

Dun prado florido, a un lugar desolado; dunha minucia, a un gran conflicto sen ter mediado nin unha soa palabra...

ISBN: 978-84-8464-367-8
Nº de páxinas: 40
Encadernación: Tapa dura
Formato: 19 x 23,5 cm.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger