NOTA INFORMATIVA

YA HEMOS SUBSANADO EL PROBLEMA DE LA LÍNEA TELEFÓNICA. VOLVEMOS A ESTAR A SU DISPOSICIÓN EN NUESTRO TELÉFONO: 𝟵𝟴𝟲 𝟰𝟵𝟳 𝟮𝟳𝟯. FELIZ 𝙋𝙐𝙀𝙉𝙏𝙀 𝘿𝙀𝙇 𝙋𝙄𝙇𝘼𝙍 A TOD@S.
𝗡𝗢𝗧𝗔 𝗜𝗡𝗙𝗢𝗥𝗠𝗔𝗧𝗜𝗩𝗔̲ Desde ayer, Martes 06/10/26, tenemos una avería en el teléfono de la Biblioteca. Si necesitan ponerse en contacto con nosotros, pueden hacerlo a través de nuestro correo electrónico 𝙗𝙞𝙗𝙡𝙞𝙤𝙩𝙚𝙘𝙖@𝙥𝙖𝙯𝙤𝙨𝙙𝙚𝙗𝙤𝙧𝙗𝙚𝙣.𝙜𝙖𝙡, o acercarse hasta la Biblioteca y les atenderemos personalmente. Recordarles que nuestro horario es: 𝗟𝘂𝗻𝗲𝘀, 𝗠𝗶𝗲́𝗿𝗰𝗼𝗹𝗲𝘀 𝘆 𝗩𝗶𝗲𝗿𝗻𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟬:𝟬𝟬 𝗮 𝟭𝟰:𝟬𝟬. 𝗠𝗮𝗿𝘁𝗲𝘀 𝘆 𝗝𝘂𝗲𝘃𝗲𝘀 𝗱𝗲 𝟭𝟲:𝟬𝟬 𝗮 𝟮𝟬:𝟬𝟬. En cuanto el problema de la línea esté solucionado, les avisaremos. Disculpen las molestias.

venres, 14 de setembro de 2018

NOVAS ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA

BIBLIOPAZOS volta de novo coas actividades de animación á lectura para esta temporada de outono-inverno.

Empezaremos este mes de setembro coas activiades que indicaremos de seguido e que están incluídas no programa de dinamización da lectura da Xunta de Galicia LER CONTA MOITO para a Rede de Bibliotecas de Galicia cos obxectivos de:

  • Fomentar o hábito da lectura no conxunto da poboación, a través dun achegamento á biblioteca que esperte o interesa polo que esta pode ofrecer.
  • Fortalecer o papel das bibliotecas como espazo de relación, aberto e participativo, e como axente facilitador da aprendizase permanente e da descuberta de novos temas e inquedanzas sociais.
  • Consolidar a programación compartida da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, coa renovación permanente de propostas atractivas e de calidade.
  • Promover o desenvolvemento cultural como vehículo para o crecemento persoal e colectivo.
  • Valorar o libro e, en xeral, a lectura como elemento de transmisión do coñecemento e de reflexión.
As actividades previstas para este mes son as seguintes:

O Venres día 21 de setembro, ás 13:00 horas no Auditorio do Concello de Pazos de Borbén, recibiremos unha nova visita de PACO NOGUEIRAS co seu novo espectáculo de dinamización con música, teatro e danza "Radio BULEBULE", baseado no seu libro-disco editado por Kalandraka, con ilustracións de David Pintor e videoclips dirixidos por José Miguel Sagüillo.


"Abre as orellas! Sintoniza Radio BULEBULE, transmitindo para o mundo en linguaxe universal. Irrompe no dial a emisora que soñamos e máis nos gusta. Porque dentro dela todo o universo é música. Ven vivir a radio en directo nun divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións. Non perdas a oportunidade de sintonizar Radio BULEBULE e pasalo ben cos amigos e amigas."

Participarán nesta actividade os alumnos de Infantil e 1º a 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e da EEI "A Galeriña" de Nespereira e os usuarios da Asociación ASPAVI.

Esperámosvos a todos no Auditorio do Concello o próximo 21 de setembro. Non faltedes!!!.

O Venres 28 de setembro visitará BiblioPazos a contacontos FÁTIMA FERNÁNDEZ que nos ofrecerá na Sala de Lectura ás 11:00 horas o seu espectáculo de narración oral "Contos Pop-Up" dirixido aos alumnos de 3º e 4º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.
"Desprega a túa imaxinación, déixate levar pola miña voz e por estas obras de enxeñaría de papel. Os elementos animados invítannos a participar activamente coa historia e co libro mesmo como obxecto."
 

Ás 13:00 horas FÁTIMA FERNÁNDEZ ofreceranos outro espectáculo de narración oral titulado "Os contos da nai da miña nai", este vez para os alumnos de 5º e 6º de Primaria do CPI "Curros Enríquez" de Pazos e os usuarios da Asociación ASPAVI.
"Hai avoas de moitas alturas, tamaños, pesos e cores. Por iso é fácil diferencialas, pero á miña avoa materna, á nai da miña nai non había xeito de confundila; pasábase todo o día en silencio, sentada na súa butaca, cosendo, pero cando chegaba a noite, trala cea, deixaba ao carón a súa costura e collíame no seu colo mentres a miña nai recollía a mesa.

Os seus brazos e a súa voz envolvíanme con historias que me facían viaxar por estraños países, con animais falangueiros e aventuras misteriosas; sempre pensei que os contos cos que me facía soñar, a ela contáronllos os fíos cos que te cía as súas teas, e a eles as avoas que facían as madexas e a elas..."
Así que xa sabedes. Esperámosvos na Sala de Lectura de BiblioPazos o próximo venres 28 de setembro para gozar cos contos de FÁTIMA FERNÁNDEZ.

Non vos esquezades. Esperámosvos!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger