E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

venres, 21 de xuño de 2019

"SOMOS UNHA GRAN FAMILIA" - OS BOLECHAS DE NOVO EN PAZOS DE BORBÉN


AUDITORIO DO CONCELLO
DE
PAZOS DE BORBÉN

DOMINGO 30 DE XUÑO
ÁS 20:00 HORAS

Ven pasalo en grande coa familia!

A familia animada máis famosa de Galicia estará presente de novo no programa de dinamización lingüística FalaRedes, organizado pola Consellería de Cultura e Turismo, por medio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, en colaboración coas entidades que forman parte da Rede de Dinamización Lingüística (RDL) da Xunta de Galicia.

Toda a proposta transcorre nun suposto programa de televisión. Un rexedor dá as indicacións ao público antes de comezar é... comeza "A Gran Familia". Ui! Pero hai un problema: falta alguén que presente o programa. Haberá que buscalo entre o público. E tamén os concursantes!

DIVERSIÓN PARA TODA A FAMILIA

Os Bolechas presentan unha proposta divertida na que a familia non só é destinataria senón protagonista. Un proxecto para pasalo en grande cos Bolechas desde os 3 ata os 100 anos!

DIDÁCTICA

Coma sempre, ademais de diversión a proposta ten un compoñente didáctico no que se bota man do tema principal, a familia, para desenvolver diversas cuestións, unhas máis teóricas, como coñecer os parentescos, e outras máis prácticas, relacionadas con xogos populares e de habilidade. De xeito transversal, como é habitual, tocaranse temas de como o traballo en equipo, a colaboración, o fomento de práctica saúdables e, por suposto, habilidades lingüísticas en galego, de forma que o idioma sexa o eixo a través do que se configura todo o universo de diversión que levan aparelladas as iniciativas dos Bolechas.

PARTICIPATIVA

O espectáculo mistura o formato de monicreques manipulados por actores á vista con actores reais. Aínda que o verdadeiro protagonista da historia é o público, especialmente estudantes de educación infantil e primaria que poderán aprender e pór a proba os seus coñecementos e habilidades xunto aos seus personaxes favoritos.

A duración da función está arredor de 50 minutos.

Toda a información sobre esta actividade podedes vela na seguinte páxina web: http://osbolechas.gal/familia/ e na mesma poderedes atopar diversos xogos para seguir divertíndovos cos Bolechas e tamén participar no Sorteo a Gran Familia.

Coma sempre a ENTRADA É LIBRE E DE BALDE ata completar o aforo do auditorio.

ESPERÁMOSVOS!!!

NON VOS ESQUEZADES!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Grazas polo teu comentario e por compartir a túa experiencia.
A túa participación axúdanos a mellorar.

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger