E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

E para este mes de medo, meigas, vampiros..., lecturas terroríficas para os cativos da casa

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA LOS PEQUES

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS

NOVEDADES DE LECTURA PARA ADULTOS
Amosando publicacións coa etiqueta literatura en Galego - Narrativa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta literatura en Galego - Narrativa. Amosar todas as publicacións

xoves, 22 de decembro de 2022

DESMONTANDO O CORPO, CONSTRUÍNDO A CIENCIA. AS XEMELGAS FERNÁNDEZ DE LA VEGA

DESMONTANDO O CORPO, CONSTRUÍNDO A CIENCIA. As xemelgas Fernández de la Vega
Autora: Andrea Barreira Freije
Ilustracións: Aynara Pereiro
Baía Edicións

Xénero: Literatura en galego - Ciencia

Idade recomendada: +10 anos

Este libro que tes nas mans fará que, capa a capa, descubras como funciona o teu corpo.

Guiarante as xemelgas Elisa e Jimena Fernández de la Vega, as primeiras doutoras que estudaron na Universidade de Santiago sen ocultar que eran mulleres.

Estas contribuíron a debuxar o mapa do noso corpo.

Atréveste a seguir os seus pasos?

ISBN: 978-84-9995-368-7
Nº de páxinas: 48
Formato: 15 x 19 cm
Encadernación: Rústica con solapas


xoves, 24 de novembro de 2022

O LIBRO DOS LIBROS

O LIBRO DOS LIBROS
Autores: Andrea Barreira Freije, Antón Riveiro Coello, Anxos Sumai, Helena Villar Janeiro, Inma López Silva, Marilar Aleixandre, Rosalía Fernández Rial, Vanesa Santiago e Xabier López López
Editorial Galaxia S.A.
Colección: Literaria

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

Un conto moi vello fala dunha panadeira a quen lle preguntaron unha vez que por que escollera esa profesión e non outra. Dixo que adora comer pan, como recendía cando saía do forno, a textura e a súa temperatura, sobre todo cando aínda estaba quente e había que pasalo dunha man a outra para non queimar. Namorada do pan, entendeu que dedicaría a súa vida a facelo e vendelo entre os seus veciños. Era panadeira. Nin máis nin menos. Comía e facía pan.

Como segue o resto da historia, agora, non importa.

Ás veces non hai por que meterlle o dente a unha bola de pan para saber que é delicioso.

As e os que escriben, dalgunha maneira, son coma a panadeira do conto. Se escriben é porque nalgún momento, con toda probabilidade ao inicio das súas biografías, namoráronse dos libros.

Do obxecto-libro coas súas páxinas impresas, os seus lombos de letras que non sé informan dun título senón sobre todo dun mundo. Antes que escritoras ou escritores son xentes que len. Escriben proque len. (Moi probablemente, sempre, o exercicio literario é unha prolongación do acto lector.)

As autoras e autores que inventaron para este volume relatos sobre libros, lectura, bibliotecas, librerías e xentes que len, pensan coa escrita e deutan a través das xemas dos dedos sobre o teclado as súas visións do mundo.

Escriben. Coa mesma delicadeza a atención coma quen fai pan de madrugada.

Para que se coman pola mañá.

Cando o mundo está de estrea.

Coma un libro que o abres pola primeira páxina.

ISBN: 978-84-9151-205-9
Nº de páxinas : 236
Formato: 13,5 x 21 cm
Encadernación: Rústica con lapelas

luns, 21 de novembro de 2022

AS MALAS MULLERES

AS MALAS MULLERES
Autora: Marilar Aleixandre
Editorial Galaxia S.A.
Colección: Literaria

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

PREMIO BLANCO AMOR 2020
PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA 2022

A través das páxinas de As malas mulleres, asistimos a unha dura e apaixonante viaxe polo tramo final do século XIX, nunha historia a varias voces, a de Sisca, de 15 anos, presa por non seren as mulleres donas do seu corpo; as de mulleres como Concepción Arenal, visitadora de prisións; e Juana de Vega, cruciais para entendermos a nosa historia e as do “mudo coro das malas mulleres”, que entoa prantos sobre encontros cos predadores sexuais.

A novela está escrita contra a desmemoria, para recuperar a memoria das excluídas, reclusas no cárcere da Galera, da Coruña, en 1863. Unha atención ás excluídas onde Arenal e Juana de Vega, traballando a prol da dignificación das persoas, foron pioneiras. Asemade é un canto ao papel dos libros e a lectura en mellorar a vida das persoas, en dar esperanza ás desesperadas.

Como é habitual na obra de Marilar Aleixandre, a novela vai enmarcada nun ton poético e, sobre todo, nunha trama ben armada e chea de rexistros literariamente moi potentes.

ISBN: 978-84-9151-597-5
Nº de páxinas : 248
formato: 13,5 x 21 cm
Encadernación: Rústica con lapelas

sábado, 19 de novembro de 2022

FLORES DE FERRO

FLORES DE FERRO
Autora: María Rei Vilas
Editorial Galaxia S.A.
Colección: Literaria

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

PREMIO GARCÍA BARROS 2020
PREMIO SAN CLEMENTE 2022

Camila viviu durante décadas unha mentira sostida coa complicidade dos que a rodean. No seu regreso á vila de Briana, no verán de 1987, deberá reunir o valor para enfrontarse á verdade. Alí, Antón, o ferreiro artista, pechouse no seu mundo, a arrastrar a dor e a culpa dos que non souberon ver como o mal se estendía ata que foi demasiado tarde. A visita da súa neta, Helia, vivo retrato da avoa, daralle azos para contar o que durante tantos anos calou.

María Rei Vilas debuta na novela cunha historia en que a intriga asolaga tanto o persoal coma o colectivo, cun destacado protagonismo das mulleres, uns personaxes inesquecibles e unha trama onde as vítimas silenciadas poden procurar, polo menos, unhas pingas de xustiza. Aurora, Olga, Nidia… son as flores de ferro desta historia. Pero hai máis. Houbo moitas máis.

ISBN : 978-84-9151-491-6
Nº de páxinas : 432
Formato: 13,5 x 21 cm
Encadernación: Rústica con lapelas

martes, 15 de novembro de 2022

ILLOTE P, BARRACA 16

ILLOTE P, BARRACA 16
Autor: Santiago Rodríguez Salinas
Editorial Galaxia
Colección: Memoria histórica

Xénero: Biografías - Historia

Tras a finalización da Guerra Civil española, miles de refuxiados tiveron que pasar polo purgatorio dos campos de concentración franceses.

En Illote P, Barraca 16, Santiago Rodríguez Salinas, un deses exiliados forzosos, achéganos á vida neses campos de concentración, onde a súa longa estadía lle permitiu coñecer e vivir intensa e extensamente os feitos que se narran, todos reais, e que amosa o grande espírito de acomodación e de improvisación dun pobo que soubo sobrepoñerse á traxedia e, con estoicismo, moitas veces heroico, resolver con inventiva e graza innatas, situacións difíciles, convertendo en cómico o que doutro xeito puido ser tráxico.

ISBN: 978-84-9151-747-4
Nº de páginas:184
Formato: 13,5 x 21
Encuadernación: Rústica con lapelas



mércores, 2 de marzo de 2022

GRANITO

GRANITO
Autor: Álex Alonso
Edicións Xerais de Galicia S.A.
Colección: Narrativa

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

XXXI Premio Torrente Ballester de Narrativa

Baseada no famoso crime de Nigrán acontecido en xaneiro de 1994, esta novela de Álex Alonso, galardoada co Premio Torrente Ballester, reconstrúe con pericia os acontecementos durante os cales dous policías asasinaron catro persoas da familia dun coñecido empresario do granito no seu chalé tras un intento de extorsión.

Fronte ao concepto de novela de non ficción, tan vencellada ao escritor Truman Capote en "A sangue frío", Álex Alonso aposta aquí pola ficción, iso si, elaborada a partir dun enorme traballo de documentación xornalística.

"Granito" conta o salto ao baleiro de dous seres que xa levaban o fracaso marcado nas súas costas, nunha acción completamente improvisada, sen reflexión nin preparación previas: a acción case suicida de dous policías que non tiñan nada que perder. Ao mesmo tempo, a novela convértese nunha crónica sentimental, case documental, dos anos noventa en Galicia.

En "Granito" Álex Alonso racha cunha convención nunca cuestionada na ficción galega ao reproducir no propio diálogo dos personaxes a nosa realidade sociolingüística.

Unha novela trepidante, intensa e reveladora.

ISBN: 978-84-9121-753-4
Nº de páxinas: 568
Encadernación: Rústica Fresado
Formato: 15,5 x 23 cm

luns, 28 de febreiro de 2022

O LIBRO DA FILLA

O LIBRO DA FILLA
Autora: Inma López Silva
Editorial Galaxia S.A.
Colección: Literaria

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

PREMIO DA ASOCIACIÓN DE CRÍTICOS LITERARIOS Á MELLOR NOVELA GALEGA 2020

Un gran thiller político, intimista, sentimental e social. 

Helena Sánchez é unha prestixiosa xornalista que acepta investigar o caso de Fernando, un condenado por agresión sexual á súa filla que sostén ser vítima dun complot argallado pola súa ex-muller e que desexa lavar a súa imaxe a través desa reportaxe.

No proceso, sairán á luz historias ocultas que quizais é mellor non saber, movendo, a través da pescuda, a unha reflexión sobre a ética da verdade fronte á mentira e sobre a propia felicidade na vida de Helena.

A investigación xornalística é, en realidade, o punto de partida para afondar nas vidas e relacións de dúas familias marcadas non só polas particulares trastendas do amor, senón tamén pola irrupción do totalitarismo e a extrema dereita do mesmo xeito calado e sutil en que se introduce na sociedade e na política do noso tempo.

O libro da filla é un relato profundo e inquietante en que a autora parte dun caso real de abuso no ámbito familiar para obrigarnos a ollar de fronte o mello e o peor de nós como persoas e como sociedade.

Unha novela que afonda no máis meserábel da condición humana a través dunha voz directa e desgarrada que se inmisce de modo íntimo nuns personaxes cos que é imposíbel non identificarse.

ISBN: 978-84-9151-438-1
Nº de páxinas: 484
Encadernación: Rústica con lapelas
Formato: 13,5 x 21 cm

xoves, 25 de novembro de 2021

COIDADORA

COIDADORA
Autora: María Marco
Edicións Xerais de Galicia

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Premio Xerais de Novela, 2020

A novela Coidadora, de María Marco descóbrenos unha nova e orixinal autora que aborda un tema de enorme actualidade: o das coidadoras. Os coidados signifícanse como a expresión máis radical da disidencia, como un acto político, revolucionario e antiprodutivista capaz de desconcertar o capitalismo.

A través dun relato poliédrico, a personaxe principal conéctanos con intrahistorias, metahistorias, ideas ou conceptos que rematan nunha verdadeira baixada aos infernos de xeito catártico.

Coidadora é unha obra ateigada de referencias, fragmentaria e resistente, capaz de dialogar cos problemas da sociedade actual, facéndonos partícipes da tensión e da angustia que provocan as tarefas dos coidados a persoas dependentes. A autora bota man de textos narrativos, líricos ou científicos para construír unha paisaxe literaria con distintos planos que dan lugar a unha obra singular, suxestiva e atrevida.

ISBN: 978-84-9121-840-1
Nº de páxinas: 184
Encadernación: Tapa branda
Formato: 15 x 23 cm

luns, 1 de novembro de 2021

UN SEÑOR ELEGANTE

UN SEÑOR ELEGANTE
Autor: Suso de Toro
Edicións Xerais de Galicia

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

4ª Edición - Premio Follas Novas (Narrativa), 2021

A familia Baltar atesoura un sorprendente patrimonio cultural e humano. Atraído polo insólito perfil dalgún dos seus membros, o escritor Suso de Toro realiza unha indagación para reconstruír a historia dunha familia que, en distintos momentos, protexe a Rosalía de Castro e Murguía e logo á familia Castelao ou a Dieste.

Tras manexar materiais froito dun intensísimo traballo de documentación, Suso de Toro ofrécenos unha novela abraiante, que aglutina unha síntese persoal de novela río, histórica, psicolóxica e novela de ideas. É unha narración que chega do século XIX e atravesa o século XX galego, español e europeo. Unha historia radicalmente local e ao tempo europea.

Un señor elegante é, sobre todo, unha novela de investigación: a persecución dunha figura descoñecida que se vai manifestando ata apoderarse de todo o libro e descubrirnos un personaxe comprometido co seu tempo, coa xente e co país. Alguén dunha enorme dimensión ética. A figura dese Baltar lémbranos, desde a penumbra, que ademais da aceptación da derrota e da pura supervivencia dos vencidos, tamén houbo resistencia e disidencia.

Esta é unha memorable novela de non ficción que demostra que existiu unha outra Galicia vital, alegre e afirmativa, moi distinta da que nos contaron.

ISBN: 978-84-9121-766-4
Nº de páxinas: 544
Encadernación: Tapa branda
Formato: 15,5 x 23 cm

domingo, 31 de outubro de 2021

A AFOGADA

A AFOGADA
Autor: Rocío Leira
Edicións Xerais de Galicia

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Premio Ánxel Fole de Narración Curta do Concello de Lugo 2020

Laura Suárez, unha moza de dezanove anos altamente sensitiva e perfeccionista, desaparece entre as bravas ondas da praia de Riazor despois dunha noite de festa con dous amigos. Todo indica que se trata dun fatídico accidente, pero pasan os días e o seu corpo non aparece.

Manuel Cifuentes, rescatador mariño con ampla experiencia, cre que a súa morte non foi accidental e que os acompañantes da rapaza agochan algo.

Rocío Leira constrúe en A afogada unha novela de intriga onde a verdade parece estar ateigada de mentiras e a mentira ser unha parte máis da verdade.

ISBN: 978-84-9121-822-7
Nº de páxinas: 120
Encadernación: Tapa branda
Formato: 15,5 x 23 cm

venres, 29 de outubro de 2021

PARA TODA A VIDA

PARA TODA A VIDA
Autor: Eva Moreda
Aira Editorial

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Logo de varios anos emigrada no Reino Unido, e tras un revés da vida, Paula decide regresar á casa natal e intentar empezar de cero. Mudará a docencia e a investigación universitaria por un obradoiro de instrumentos musicais artesáns.

Situada nesa idade na que se afasta a provisionalidade da xuventude, deberá pensar se paga a pena intentar vivir esas cousas que se din para toda a vida.

Nesta novela, Eva Moreda demostra un enorme dominio dos recursos da oralidade ao servizo da alta literatura. Un estilo inconfundible dunha das voces máis interesantes das nosas letras.

ISBN: 978-84-121324-7-2
Nº de páxinas: 144
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13 x 21 cm

xoves, 28 de outubro de 2021

CAMIÑO NEGRO

CAMIÑO NEGRO
Autor: Ramón Area
Edicións Positivas

Xénero: Literatura en Galego - Narrativa

Un cadáver no Camiño de Santiago. Coñecer o sucedido non vai ser doado.

Un falsificador ocasional, unha garda civil nova e un sarxento en retirada, o Apóstolo ou Prisiciliano, de existir, todos eles teñen dificultades para resolver o caso.
 
ISBN: 978-84-122421-3-3
Nº de páxinas: 258
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14 x 21 cm

mércores, 27 de outubro de 2021

LIBRES E VIVAS

LIBRES E VIVAS
Autoras: Anxos Sumai, Berta Dávila, Charo Pita, Elisabeth Oliveira, Ester F. Carrodeguas, María Canosa, María López Sández, María Xosé Porteiro, Mercedes Queixas e Paula Carballeira
Editorial Galaxia
Colección Literaria

Xénero: Literatura Galega - Narrativa

Levan dicíndonolo dende que o ser humano está sobre a Terra. Que non queren ser vítimas. Mais tampouco escravas. Compañeiras. Iguais. Mulleres e homes nun mundo xusto en Igualdade.

Sobre estes parámetros pedímoslle a dez escritoras de primeiro nivel das nosas letras que abordasen a cuestión do machismo, do terrorismo patriarcal contra as mulleres, da liberdade, da Igualdade, para que, dende a literatura, entendamos como é o seu sentir.

O resultado é este volume que tes entre as mans. Dez relatos libres coma coiteladas directas á conciencia. Querémolas. 

Quérense. Todas. Libres e vivas.
 
ISBN: 978-84-9151-586-9
Nº de páxinas: 196
Encadernación: Tapa branda
Formato: 13,5 x 21 cm

martes, 26 de outubro de 2021

CONTOS TRADICIONAIS

CONTOS TRADICIONAIS
Autor: Aquilino Poncelas
Edicións Positivas

Xénero: Literatura en Galego e Castelán - Narrativa

Estes Contos tradicionais, recollidos no Bierzo, na Ll.aciana e na Cabreira, e transcritos nas linguas en que foron transmitidos (galego e leonés), son unha mostra vivaz da riqueza lingüística e literaria destas terras. Para o seu maior espallamento tamén se acompañan da súa tradución ao castelán.

A este pequena antoloxía únea o mundo dos animais, verdadeiros personaxes de todos os contos.

Tanto a antoloxía, como a tradución ao castelán e a edición literaria foron realizadas polo maior coñecedor da literatura oral destas comarcas, Aquilino Poncelas.

ISBN: 978-84-122421-0-2
Nº de páxinas: 174
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14 x 20 cm

mércores, 26 de maio de 2021

DRÁCULA

DRÁCULA
Autor: Bram Stoker
Tradución: Xela Arias
Edicións Xerais de Galicia
Colección Xabarín

Xénero: Literatura Xuvenil en Galego - Narrativa

Levada ó cine en numerosas ocasións, entre elas por Coppola, a universal novela de Bram Stoker, Drácula agocha, tralo mito do vampiro, asuntos humanos fundamentais que todas as persoas senten e coñecen, Bram Stoker fai confluir en Drácula dúas tradicións: o vampiro literario e o folclórico.

O vampiro, esa alma diabólica condenada a vagar eternamente sen repouso, está presente en moitas culturas, porque en todas elas o sangue se percibe como unha forma de enerxía vital.

ISBN: 84-8302-469-1
Nº de páxinas: 448
Encadernación: Tapa branda
Formato: 14 x 19 cm

BUSCAR NO BLOG


gadgets para blogger